viernes, 31 de julio de 2009

A MIÑA AMIGA TEN

A miña amiga ten unha cousa rara, que non lle impide vivir con un sorriso, ela disfruta dos momentos bos e nunca a oín queixarse, motivos non lle faltarían, e supoño que alguen terá que escoitala algun día, porque non é para menos. Ademais, ela dí que entre outras cousas ten "Brucelosis", por eso a estas horas nos ten preocupados, pois igual non pode darlle o corpo a súa dosis de Bruce en directo, e non é porque non teña entrada, senon porque non pode entrar o famoso monte de concertos a gozar. María, non sabe si pode alugar un guindastre con caixa, ou non, pois todo depende de que lle deixen entrar o concerto o mecanismo co cal ela podería ver a Bruce, ese é o problema. Ali terán espazo reservado e incluso accesos para disminuidos fisicos, pero non teñen pensado nos das enfermedades raras, pois non son número, menos mal. A miña amiga gustalle a xente mais non pode estar con calquera, e non é porque sexa selectiva no trato. E porque ten SENSIBILIDADE QUIMICA MULTIPLE, e non pode sair do seu ambiente protexido de cheiros quimicos.
BICOS MARIA.

lunes, 27 de julio de 2009

SARA SARA

Xa chegou, non dou tempo para Muros, pero así navega Sara a motor. O primeiro producto actual baseado nas formas tradicionais.

viernes, 24 de julio de 2009

RECORDOS E AGRADECEMENTOS.

Xa pasou Muros, nun vira-vira, a algúns nin nos deixou palpalo, demasiado para pouco tempo, e o que hai, e ademais e bon, recordoume a Combarro, A Illa, Cambados a Ferrol, no mesmo, tes tanta ilusión por estar e disfrutar que apenas te decataches xa pasou, os amigos xa voltaron a onde día a día fan a súa vida e soio quedan os recordos, hoxe gracias a estas andromenas dos blogues parace que todo dura un pouco mais, alargan a vivencia e permiten disfrutalo mais, ainda que a verdade xa pasou e soio nos queda a ilusión da seguinte, do seguinte para recibir a esa marea de aquí e de ala, ainda que a verdade e que os de aquí temos a grande fortuna de vernos, divulgando e practicando e dinamizando cultura nun e noutro sitio da nosa Galicia, si ir mais lexos este fin de semán do 25 de xullo en Monforte, logo Bueu, Combarro, Ferrol e non digamos nada das regatas de dornas, ainda lembro as 62 da 25 Volta a Illa de este ano. Sempre penso que estan moi pouco recoñecidas.
Tamén despois de esto, gustame lembrar o impresionante esforzo de moitos por vir, en estar, en buscar por aquí e por ala medios de transporte, incluso do traballo escuro de estar preparado e asistir aquí e ala, sen medallas, sen mais, o que teñen e unha impresionante colección de camisetas, a esos que moitas veces o barco lle fai mais km. por estrada que o computo de millas de navegación. Os montastands, os carrexacousas, os faiexposcicións, os montaexposicións, os vaiali ou vaiala os o que faga falta que sempre están, nunca traballan para ganar cartos?.
Os que cando o esforzo polo colectivo e necesario, sempre están, "os irreductibles" a "garda pretoriana" do noso movemento (a min pareceme así), ese que tantas veces impresiona sobre todo fora da nosa Galicia, ese que -perdoade pola deformación- está o redor de unhas siglas F.G.C.M.F., as veces dificiles de pronunciar, pero soio e cuestión de acostumbrarse, ACOSTUMBRARSE A TRABALLAR EN COLECTIVO, e traballar pola cultura do noso pais e o beneficio de todos nos, sen mais.
Por eso agora vou recordar, os que non saen nos blogues e que foron motores para xenerar a experiencia que fai que cada Encontro trate de superar a outro, ainda que o final que mais da!!. Uns gañan nunhas, outros en outras, todos son gañadores, polo esforzo de quen os leva a adiante. Estou seguro que o seguinte sexa onde sexa, sera o meior. Porque os que tan ben aconsellaron Muros e contribuiron o seu desenvovemento, estiveron escuramente por atrás sen sair en paxinas nin situacións seguirán a estar, e seguiran a votar unha man e como digo facer que a seguinte ... , grazas escuros, que ben se ve o voso traballo, é o nucleo duro da F.G.C.M.F.
Quero recordar o que para min foron ausencias de este Encontro.

Dúas persóas dos irreductibles que por mor do traballo non poideron vir. Eu votei de menos a JOAO, o noso Joao P. Baptista a súa catraia a Nsa. Sra. da Agonía, a él a súa dona Paula e os seus fillos. Cantos Km. Joao ? ten esa Catraia, cantos km. teñen as carrinhas de Joao?, en reunións e Encontros e Xuntanzas.


Tamén votei en falta JORGE, Jorge Lorenzo, e Ana, na miña retina as imaxes da LUI, pendurada a 5 m. ou 6. con forza 8 da tramontana de Cadaques ou de él mais Ana bogando na regata de remos de Cambados, ou de .... percorrendo toda Galicia.

Non me esquencín da Lancha Xeiteira dos Galos, que non poido vir, o traballo que fan os Galos, ten como froito unhas fermosas embarcacións, que cando non están, nótase.

Para mín foi a gran ausente: a "FE EN DEUS", sempre en cada Encontro esperamos a "Fe en Deus", Ribeira o Grove .... Cambados, en Ferrol persigueunos a mala sorte, ali tamén lembramos o ilustre Manoel Lopes, en Muros non poideron vir. Votamosvos de menos.

Tampouco poido subir a "Nova Jorita", habería de lucir ben.

E deixei para o final auns que lles costa un ril subir, uns chavales que bogan por Pedregalejo, con ilusión, a mesma coa que loitan por salvar o seu patrimonio, a "la gente del rebalaje"os "javegotes" Alfonso, Fernando, Rafael ... levame a paixón por "Rosario e Ana" que bonita lancha de javega, nunca poderei esquencer a primeira vez que a vin navegar, foi en Cambados. Unhas semáns antes, falaba con eles e decianme que non virían, o xoves, deixaban un oco para a tolemia decindome que igual, pero o sentidiño foi mais.

E para remate, o recordo tamén para o "barco de dornas" ese que indo para representar a Galicia, saeuse da estrada e desfixose. Os nosos compañeiros de Barcas non lle pasou nada, Belen luceu un fermoso coiarín que ainda lle da voltas hoxe e Fernando xa estaba a traballar por Muros.

De seguro que me esquezo de alguén que me perdóe.

martes, 14 de julio de 2009

PARA O RECORDO, MUROS


Hoxe atopome con unha dificultade o escomezar esta entrada, por duas cousas, a 1ª que casi non teño fotos do evento a 2ª e que moitos de vos estivechedes no Encontro Blogueiro eu non, e non porque non quixera, pois seguro que aprendía moito, senon porque non poiden.


Cando nos achegabamos a data do Encontro debo recoñecer que tiña moita inquedanza, pois todos tiñamos unha forte expectativa xenerada. Os nos que tocou argallar de un xeito ou outro, esto aumentabase. Pasado o día, teño claro que o que fixo foi, seguir a romería, porque esta escomezou na Abelleira, en Lira, nas rúas, nas xentes da bisbarra días antes do 9 de xullo, incluso, pola Arousa, e polas Cíes escomezou antes e esto foi o que lle dou forza o que lle dou o sabor especial que teñen os momentos que non queremos olvidar.




Unha forte percepción o remate, era que este Encontro vai ser dificil de superar, e verdade, será dificil superar, a paixón con que a bisbarra de Muros se votou o acontecemento, as rúas, as persóas, a amabilidade dos pobos, dos galegos, da xente do mar. Pero eu creo que este e un mal plantexamento de cara a outras edicións, pois seguimos a ser os mesmos, e de seguro a amabilidade e a paixón están onde se queiran manifestar, de todolos xeitos levaremos moito tempo dentro esa sensación que nos transmitiron todolos muradans. Por certo que bonitas son a mulleres de Muros, que ben lles senta o noso traxe e menos mal que soio as vimos co de cotío.
Que ricos os "enchebandullos" que bos os doces que ben todo. Que fantasticas as "Rosalías".
Tamén foi moi agradable como en cada Encontro, e sempre direi que a principal caracteristica de estos, o intercambio cultural, e todo o que esto trae consigo. Viñeron dende Francia, dende Portugal, Euskadi, Catalunya, Illes Balears, Murcia, Andalucía, Croacia e ....
Tivemos oportunidade de saúdar a xente de Albaola, unha vez mais, o Koite e Izaskun, ademais a Mario, Dimitri,
Emilia, ... Lekeitio, Ondarroa, Bermeo.... A Joan a Josep Antón a ... Diego de Cartaxena a súas tripulacións, uns coñecidos e outros non tanto, o meior: a sensación de amabilidade estivo permanentemente aparellada o Encontro.
Como participante disfrutador, darvos a todos os meus PARABENS, hasta os mais antipaticos, que seguro os haberá, foron amables
.



As previas de unha saida o mar, sempre son momentos cargados de vitalidade e dinamismo, aquí a recién estreada "Lavanqueira" xunta coa lancha de Lira.





Dende Oleron , o "Locum" Francia, espero que o tiveran pasado ben.
















Os bateis tamén fixeron a súa presencia, menudo futuro teñen a andar.









En terra pasan desapercibidos, pero no mar vense por todolos lados, o seu colorido e enormes velas fanse notar. Santa Lucía de Cartaxena. Dende Cambados están con nos grazas polo esforzo.












De Muros a Illa das Crebas e parada no Esteiro, ali esperabannos para agasallarnos coa súa amabilidade unha bonita navegación.


Mesaxes de mar, historias, as crebas sairon o mar no seu traballo de difundir cultura, non sei como calificar o acto (fermoso) onde os artistas leeron os seus textos e logo a ceremonia de votar os obxectos-crebas-arte en Monte Louro, e de testemuña o Chasula que acompañou o Hidria na travesía.
Unha tras outra foron collendo o seu destiño, onde as levaría a corrente?.

Para rematar outra imaxe do Encontro, moi expresiva. Zapatos, zapatos de Encontro, todas aquelas pingas de pintura debanlle un aire certamente cando menos divertido.


viernes, 3 de julio de 2009

MONTE LOURO NA PROA

Ho as 7,30 si todo era normal as embarcacións da Arousa poñían proa a Muros. E este que escribe tamén esta escomezando a virar RUMBO MUROS.

miércoles, 1 de julio de 2009

MAIS VOLTA

Xa sabedes que si queredes podedes poñerlle música a elexida en esta ocasión:


Pasada a Volta agora unha de fotos a maiores, que recollen momentos, situacións e mais.







A Volta é un lugar para atopar amigos ou compañeiros, Araceli armadora da "Fuensanta" participou, alí estaban na saída, cando a cousa escomezaba a quencer.


Como xa dixen foi un día de reencontros como atoparse con Paco e Ramón na "Lercha", calquera dos dous pode escribir un libro de anecdotas das primeiras regatas de dornas, en algunha foto que repaso do ano 1.990 aparecen dous rapaces, no medio dos veteranos, eran eles, aquí a Lercha no momento de suspenderse a regata encarando para terra, como vedes tamén os mais veteranos e curtidos puxeron rizos. Cando vexo estas imaxes, o mar non parece estra como estaba, e digovos que ainda iba a mais.





Agora unha tanda de momentos, escomezamos polos abdominais.












Esto xustificaba de que tódalas cubertas estiveran molladas e moitas dornas coa sentina convertida en piscina.






Cada dorna é un mundo.















A "Mª Dolores" nasida pa reghatear, Felipe e Ricardo, disfrutando, con alegría.

A dereita a "Estela" nasida pa traballar. Javí e Alberto xa no Bohido, onde mar e vento arbolaban mais mar, como que sin despeinarse.





















A "Cariñosa" Checo e Victor "Chou" gañaran as dúas anteriores edicións de acadar o 1º postos sería a primeira dorna en facelo tres veces seguidas, por eso a súa aposta era forte, sairon con toda a vela. Parecía que levaran motor. Por moi campeóns que son non deixaron de usar chaleco.




















As actitudes mais precavidas "Forza R" con Parada e Alberto e "Fungona" Fran e Dani. Non problem.


As gañadoras, non en esta edición senon sempre, ELAS, son as responsables de proveer as 2xx persoas que se apuntan a pasar o rato despois da regata. Incansables e desinteresadas, movilizan todalas viandas e ainda coceron uns boisimos mexillóns. Elas son a arma secreta da ACD. Dorna. Parabens, fixeronno moi ben.