miércoles, 2 de octubre de 2013

PEDRAS DO MAR

Son un individuo de Ria adentro, de fondo de Ría da beira do "gran lago", onde os espumallos non chegan e o mar de fondo traenno as persóas, o mar a beira da miña ría trae vento, ouvellas, esterco e moitas outras cousas que eu non quixera, pero bueno, e o corso que colle a sociedade.
Sempre me gustaron os fieiros que fai o mar, igual "gustaron" non e a palabra mais correcta, pero si que é a autoestrada por onde o mar move una parte do seu contido de superficie. E quero sair nun fieiro, imaxinades que experiencia, vai de todo.
Despois de esta intro, tratarei de ir o caso que non e outro de que poucas veces saín pola porta Norte de Salvora e sempre que paso impresioname.
Este ano vindo do Encontro, do noso Encontro, caia a tarde o sol poñiase rumbo America e a "Fe en Deus" perdíase no mar rumbo a súa Povoa. E claro o menos que podía pasar era atoparnos coas pedra máxicas, exercitos, animais, cabaleiros inanimados, eses seres da mitoloxía arousán que descansan petrificados mirando por nos.
Eu non sei os seus nomes pero a verade e que ben podería darlle nome pois moitos de eles teñen personalidade para levalo por boca de cada un que os ve. Deixovos unas fotos para que disfrutedes como eu o fixen. Agora que o outono amenaza con levarnos o sol, co viño xa maduro.
Por certo si teñen nome decideo.
 
 
 
 
 
 
 
 
 O de non saber como vai o do pothochop
 

Rua

Si premedes enrriba podedes velas mais grandes.

Saúde

lunes, 29 de julio de 2013

XI ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA

Xa pasou outro Encontro, o XI, nin mais nin menos e a pesar de todo e de algún, coa mesma capacidade de xenerar emocións e novos adeptos.
Este de O Freixo-Outes, non foi un mais, e non é retorica, poido ser meior ou de aquel outro xeito con respecto as anteriores edicións. Pero non é un mais, porque os que levamos asitindo cada dous anos, dende hai uns cantos e vivindo -de perto en algunas ocasións- o que é cada Encontro, deixanos una serie de "reflexións".

Certamente o Encontro foi fermoso, O Freixo xuntaba unas condicións que facia de xusticia a celebración de un Encontro, agora debería decir: "Encontro con arrecendo a madeira, brea, calafate ... golpe de martelo, ris-ras de serra", pero moderareime :-).

Seguindo: O Freixo, reúne condicións, baseadas, na súa fonda cultura marítima, na material e na inmaterial, e na súa fermosura paisaxistica, onde os pantaláns non se "comeron" todo o litoral, a verdade e que son moi comodos, pero comense toda a beiramar, algún día debería ver de armonizar pantalán e patrimonio. Igual poden vivir xuntos ou perto e ninguén sairía perxudicado.

As persóas. Tamén me gustou ver que "os vellos" nunca morren e dan alma a cada xuntanza e os novos, cada vez son mais descoñecidos e decir, son mais. Será que o fenómeno, evoluciona, muda caras, pero segue a espallar o espirito.

Para mais de un e en mais de un lugar, o Encontro, e esa data a marcar cada dous anos, ainda que coste, pero a cita cos amigos non se esquence.

Os barcos, Aquí a evolución e fortísima, mudou por completo o paisaxe do Encontro. Alguén se decatou a o "Joritas" non estivo , ou que faltou a "Rabandeira", falamos de barcos de moita eslora, para nos. E ainda non arbolaron o "Avelino Manuel" e "Komaira". E faltou o Hidria..

 
Pero mollaronse o "Coruxo", "Cortegada", "Rei do Mar", "RH 1"da Abelleira o "Vieta" .... a dorna de Lajareu. O que en Carril-Vilaxoan (ou Vilaxoan-Carril) foi un aviso, no Freixo foi un feito consumado.



Estamos na nova fornada. Esto supón que debeu ser o Encontro con menos dornas o que asistín, elas, as que sempre dan alegría e dinamizan, supoñendo un xeito de facer Encontro o que debemos estar sempre agradecidos, pois con elas moveronse moitos esforzos, moitas persóas, ano tras ano.
Esto ven suponer, que o numero, como tal, que cuantifica e sirve para entonar estatisticas, di que oubo menos barcos, pero así o número aillado, non di que barcos ni o esforzó que a nivel asociativo supón manter estos barcos (coa que chove). Ahí ben o outro grande éxito, os pequenos barcos, non morreron, están nas asociación ou a nivel individual e xurde o "esforzo asociativo de gran eslora", manter estos barcos require dous factores, xente, persóas, man de obra e solvencia económica. Os "benevoles" non fallan.

En terra, igual non foi tan espectacular como outros, ahí e onde se nota mais o tema de apoios económicos, pero estivo ben, digno moi digno, onde o saber facer da FGCMF e os seus achegados, pon man e mantén o listón.

Agora a min quédame una dubida, o problema do Encontro ven pola via económica ou pola das infraestructuras?, como se lle da cabida a esta flota nuns portos "pantalanizados" e de uso regulado? (lembremos Muros). Por eso, como deben evolucionar?.

.... De que me estou esquencendo ....... 
 
 
 
 
 
 
 
 


 
Estamos ?, e mais outros mais.