Veras Cortegada, por Norte, Sur .... acompañada. Veras velas e velas !!
Barcos e barcos !! E remos e remeiros !!
Barcos e barcos !! E remos e remeiros !!
X ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA.
Que pouco me gusta que o ENCONTRO lle chamen "encontros", os encontros serán o conxunto de citas bianuales, ou os multiples e variados encontros de persóas (animais -agora hai que decilo asi :) ou cousas) en cada día que dura o evento. Pero bueno tampouco pasa nada, sucede que agora veño de ver o escrito por alguén que igual non está posto no tema ou recien chegado e .... (o sinto non o poiden evitar), tamén sei que é unha "parvada".
Agora vai !!!.
Cada dous anos agardamos esta cita con moita ilusión, porque non todolos días a festa e tan grande e diría tan extensa, e digo extensa porque trascende as embarcacións os obradoiros as músicas e a gastronomia para, sobre todo, dende o meu punto de vista achegarse as persóas, a ver e palpar os que de aquí e ala veñen, nun clima de absoluta amizade, onde tamén aproveitamos para gabarnos das nosas embarcacións ou admirar as dos outros. Ou ver o progreso do redito "promoción, divulgación e socialización do patrimonio maritimo e fluvial".
Cada dous anos agardamos esta cita con moita ilusión, porque non todolos días a festa e tan grande e diría tan extensa, e digo extensa porque trascende as embarcacións os obradoiros as músicas e a gastronomia para, sobre todo, dende o meu punto de vista achegarse as persóas, a ver e palpar os que de aquí e ala veñen, nun clima de absoluta amizade, onde tamén aproveitamos para gabarnos das nosas embarcacións ou admirar as dos outros. Ou ver o progreso do redito "promoción, divulgación e socialización do patrimonio maritimo e fluvial".
Por certo, votei de menos a xentiña do fluvial, que tan ben nos tiñan acostumados (esperemos que lles pase pronto a treboada).
Podería decir que este foi un Encontro moi ferrolan, moi de nachos, pois tiñamos moita "media construcción" e un inevitable seguimento por parte dos amantes dos galos do pais. Secundino acaparou cronicas e portadas. A prensa e así de lúcida, pero bueno, foi a anecdota principal. Chamabase Secundino, galo de Mos, criado nun poleiro de Ferrol e que por causas non aclaradas disque finou en Carril onde os seus resto descansan na Ría, o carón dos birbirichos e ameixas que lle tocarán cunchas e faranlle o transito mais ledo.
E cando digo que casi parecía do Ferrol, diciao tamén, polas embarcacións .... , pola estrea do "Bote de Pao", que fermosura, que forte, que liñas!!!. Parabens "tio".
E tamén o decía porque foi este Encontro onde moitas embarcacións se presentaron a medio construir ou medio arbolar ou sen arbolar, este era o resultado de dous (20) anos de traballo e crecemento. Vamos a "media construcción" ou medio construidos, viñeron algúns e outros están, todos eles galeóns.
Alguén me dixo (que me perdoe, non me lembro quen foi) "acordaste cando a Jatinha era a dorna mais grande?" Como non me vou lembrar!! , ala polo 2001 as estrelas eran: Luisa, Meca, Nova Marina, Jatinha e Joritas (creo que non esquenzo a ninguén) (bueno a lancha pobeira "Fe em Deus"), erán os "barcos grandes" no 2.003, estabamos pendentes si viñan os do RCN de Sanjenjo, que viñeron, e a Rabandeira que se manifestou como unha excelente velera. E hoxe preguntome: alguén se acordou dos galeóns de Sanxenxo? ou de que a Nova Jorita chegou a tarde do sabado?. Non !!!, ninguén se para xa en quen veu, porque veñen moitos e variados e de moitas partes. Os vascos ... (xa lles chamamos polo nome) que van a mais, os cataláns ou os cartaxeneros que non nos deixan de visitar dende Cambados.
Sí nos decatamos que os da "Fe em Deus" non estiveron, porque están a preparar a súa festa de aniversario e están cargados de actividades, non poideron -magoa. De estos sempre lembrarei a súa presenza (non presenza en Ferrol) cando nos emocionaron no recordo de Manoel Lopes e porque non poideron chegar o quedar averiados en Fisterra.
Xa perdín o fio, ..... decía que moitas medias construccións, e novas !. Rei do Mar, RH 1 e "Illa de Cortegada", "Reiboa", "Bote de Pao", .... Avelino Manuel, Komaira, non son barcos pequenos, todos supoñen un esforzo importante dos colectivos da FGCMF. Esa é a saude do movemento.
Por eso non estou de acordo en chamarlle o "Encontro da resistencia" de que resistencia estamos a falar?. Creo que sería mais xusto chamarlle "o noso Encontro" pois foi tan noso -non tan público- como cando se escomezaba (si hasta tocaron os Viñalar Fantastic Band !!! -non se oian dende Cambados).
Foi noso porque como sempre: trouxemos nos (todos) as embarcacións, fomos todos alí e a xentiña de afora, veu a chamada da festa.
Que non viñeron grandes grupos musicais? bueno, ouberame gustado escoitar de novo, con nos, a Treixadura.
Que non oubo camisetas? (poideron terse feito de pago -xa sabemos que había moito traballo).
Que faltou a comunicación e que algún medio, ainda enrriba torpedeou? unha magoa. A "promoción e divulgación" foi menor e o compoñente economico para a vila que o acolle pois ... Que os voluntarios de Carril (especialmente) e Vilaxoan tiveron que multiplicarse? si!.
Porque os fachos do Concello non encendían? bueno, son así eles, que teñan sorte a lle alumeen e non den mais tropezos en ningún lado.
Eu paseino moi ben, cos amigos, debo recoñecer, que maIs cos que veñen de lonxe, pois os outros que me perdoen, xa os vexo mais. Tamén naveguei, non na "Fungona" que estará botando contra min na praia do Bao, pero é que a data do Encontro non me dou para mais.
Oubo xuntanza de bloguers , expontanea, porque ali nos vimos o carón dunha mesa, Mar, Joan, José Eugenio e Jorge, tamén saúdamos a "Banderas" e os outros nosos, pola rede maiarán cronicas e fotos que como esta vos darán a súa visión do Encontro. E promocionaran, espallandoa, a nosa -de todos- Cultura. O que non quixo facer a "administración". Por certo, onte cando fun ver o "loro" "Espadeiro", que os de Cambados levamos o Encontro por ser unha tipología moi nosa -de S. Tomé. Dixeronme, que estas noites cando a lua se vence, por entre os loureiros e as varas dos viveiros de Carril, escoitase un kikirikiiiiiiiii!!!!!.
Os feisbuk, estan cheos de fotos e fotos.