Xa pasou Muros, nun vira-vira, a algúns nin nos deixou palpalo, demasiado para pouco tempo, e o que hai, e ademais e bon, recordoume a Combarro, A Illa, Cambados a Ferrol, no mesmo, tes tanta ilusión por estar e disfrutar que apenas te decataches xa pasou, os amigos xa voltaron a onde día a día fan a súa vida e soio quedan os recordos, hoxe gracias a estas andromenas dos blogues parace que todo dura un pouco mais, alargan a vivencia e permiten disfrutalo mais, ainda que a verdade xa pasou e soio nos queda a ilusión da seguinte, do seguinte para recibir a esa marea de aquí e de ala, ainda que a verdade e que os de aquí temos a grande fortuna de vernos, divulgando e practicando e dinamizando cultura nun e noutro sitio da nosa Galicia, si ir mais lexos este fin de semán do 25 de xullo en Monforte, logo Bueu, Combarro, Ferrol e non digamos nada das regatas de dornas, ainda lembro as 62 da 25 Volta a Illa de este ano. Sempre penso que estan moi pouco recoñecidas.
Tamén despois de esto, gustame lembrar o impresionante esforzo de moitos por vir, en estar, en buscar por aquí e por ala medios de transporte, incluso do traballo escuro de estar preparado e asistir aquí e ala, sen medallas, sen mais, o que teñen e unha impresionante colección de camisetas, a esos que moitas veces o barco lle fai mais km. por estrada que o computo de millas de navegación. Os montastands, os carrexacousas, os faiexposcicións, os montaexposicións, os vaiali ou vaiala os o que faga falta que sempre están, nunca traballan para ganar cartos?.
Os que cando o esforzo polo colectivo e necesario, sempre están, "os irreductibles" a "garda pretoriana" do noso movemento (a min pareceme así), ese que tantas veces impresiona sobre todo fora da nosa Galicia, ese que -perdoade pola deformación- está o redor de unhas siglas F.G.C.M.F., as veces dificiles de pronunciar, pero soio e cuestión de acostumbrarse, ACOSTUMBRARSE A TRABALLAR EN COLECTIVO, e traballar pola cultura do noso pais e o beneficio de todos nos, sen mais.
Por eso agora vou recordar, os que non saen nos blogues e que foron motores para xenerar a experiencia que fai que cada Encontro trate de superar a outro, ainda que o final que mais da!!. Uns gañan nunhas, outros en outras, todos son gañadores, polo esforzo de quen os leva a adiante. Estou seguro que o seguinte sexa onde sexa, sera o meior. Porque os que tan ben aconsellaron Muros e contribuiron o seu desenvovemento, estiveron escuramente por atrás sen sair en paxinas nin situacións seguirán a estar, e seguiran a votar unha man e como digo facer que a seguinte ... , grazas escuros, que ben se ve o voso traballo, é o nucleo duro da F.G.C.M.F.
Quero recordar o que para min foron ausencias de este Encontro.
Dúas persóas dos irreductibles que por mor do traballo non poideron vir. Eu votei de menos a JOAO, o noso Joao P. Baptista a súa catraia a Nsa. Sra. da Agonía, a él a súa dona Paula e os seus fillos. Cantos Km. Joao ? ten esa Catraia, cantos km. teñen as carrinhas de Joao?, en reunións e Encontros e Xuntanzas.
Tamén votei en falta JORGE, Jorge Lorenzo, e Ana, na miña retina as imaxes da LUI, pendurada a 5 m. ou 6. con forza 8 da tramontana de Cadaques ou de él mais Ana bogando na regata de remos de Cambados, ou de .... percorrendo toda Galicia.
Non me esquencín da Lancha Xeiteira dos Galos, que non poido vir, o traballo que fan os Galos, ten como froito unhas fermosas embarcacións, que cando non están, nótase.
Para mín foi a gran ausente: a "FE EN DEUS", sempre en cada Encontro esperamos a "Fe en Deus", Ribeira o Grove .... Cambados, en Ferrol persigueunos a mala sorte, ali tamén lembramos o ilustre Manoel Lopes, en Muros non poideron vir. Votamosvos de menos.
Tampouco poido subir a "Nova Jorita", habería de lucir ben.
E deixei para o final auns que lles costa un ril subir, uns chavales que bogan por Pedregalejo, con ilusión, a mesma coa que loitan por salvar o seu patrimonio, a "la gente del rebalaje"os "javegotes" Alfonso, Fernando, Rafael ... levame a paixón por "Rosario e Ana" que bonita lancha de javega, nunca poderei esquencer a primeira vez que a vin navegar, foi en Cambados. Unhas semáns antes, falaba con eles e decianme que non virían, o xoves, deixaban un oco para a tolemia decindome que igual, pero o sentidiño foi mais.
E para remate, o recordo tamén para o "barco de dornas" ese que indo para representar a Galicia, saeuse da estrada e desfixose. Os nosos compañeiros de Barcas non lle pasou nada, Belen luceu un fermoso coiarín que ainda lle da voltas hoxe e Fernando xa estaba a traballar por Muros.
De seguro que me esquezo de alguén que me perdóe.
4 comentarios:
Fernando:
Que dúbida cabe que sen o traballo e o compromiso dos "históricos" o Encontro de Muros no sería o éxito que resultou ser.
Ti mencionas aos que non estiveron, permíteme a min mencionar as que estiveron na primeira liña (aproveitando que estiven nunha segunda ou terceira fila da Comisión Organizadora):
LINO LEMA (serio responsable e eficaz)
XAQUÍN LORES ( discreto e conciliador)
FERNANDO PIÑEIRO (mariñeiro de todos os mares)
VITOR DE BOUZAS (presidente dialogante e aberto)
PABLO CARRERA (mestre de museos próximo e humilde)
UXIO ALLO (a experiencia a disposición da acción directa no mar)
De seguro que me queda algún dos fundamentais por mencionar pero é que desde a terceira fila un non se entera de todo.
Hai que nomear de forma especial tamén:
SENDÓN E XAQUÍN de Mar de Muros (dixeron que despois do Encontro arroxarían os móbiles ao mar, pero a verdade é que seguen dispoñibles rompendo o maleficio de que os organizadores dun Encontro acaban queimados).
CHISCO (a cultura non está no parnaso senón nos peiraos e navegando na flota da federación)
MARÍA XOSÉ ALFONSO (concelleira do equipo de goberno e enlace co Concello de Muros capaz de poñer todos os recursos públicos locais a disposición do Encontro).
Desde a terceira ou cuarta fila da Comisión Organizadora.
GRACIAS MARIÑEIROS
Eses xa sairon na foto, pero hai outros que nunca saen, pero sempre están.Os da 3ª 4ª ou innumerable fila.
Grazas Moncho.
Por certo, ese maleficio da organización do Encontro non sempre se cumple, non me cansarei de decir que en Cambados escomezamos tan amigos e rematamos mais amigos. Espero que en Muros sexa así.
Qué bonita entrada Fer, qué entrañable... yo tambien noté la ausencia de Jorge de Gameleiros y Joao, ya lo comentamos... pero a veces las cosas no salen como uno espera y no podemos estar siempre donde nos gustaría, no?
Yo también eché de menos a Henrique y Victor de la Escola Obradoiro Mar de Vigo, que tiene las cosas ahora un poco inciertas, pero estoy segura de, sobre todo después de leer las crónicas y ver las fotos, aun sienten más el no haber podido estar allí.
Una aperta a todos los auentes, y otra para ti, Fer
Oye, aún queda sobrasada...
Publicar un comentario