Mostrando entradas con la etiqueta embarcacions tradicionais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta embarcacions tradicionais. Mostrar todas las entradas

jueves, 22 de septiembre de 2011

PEDRAS NEGRAS, COMBARRO E TITO SILVA








Cronicas con retraso.












Ainda que as entradas non foran moitas a actividade no mar permaneceu, non todo o que un quixera, para min, pero bueno ahí está.
Teño unhas cronicas, escritas, pendentes de publicar por mor de inserir as foros e imos ver de darlle un repaso por orden.


BARCOS CLASICOS EN PEDRAS NEGRAS. 20 Agosto de 2.011.

Xa van unha cuantas edicións e a cita parece consolidarse, e decir, armadores e asociacións toman nota da data e o Club Nautico de Pedras Negras e os Amigos da Dorna Meca contan con unha boa participación. Onde os barcos clasicos mesturanse cos tradicionais e así poden verse estampas tan fermosas como o Novo Sofía a carón de un Tofinou (Arosa III) ou de un 6M (Acacia), que non mide 6 metro,s senón algo mais. O premio en estas reunións non é o mais importante, pero desenvolvese unha regata, que este ano consisteu no que se dá en chamar unha "jincana", coller nunha boia as posicións na carta de onde están as outras boias que conforman o percorrido, está ben, engadelle emoción, o que pasa que agora que todo mundo leva GPS, pois ....



Como decía dende o espectacular "Industrial-Manuyael" hasta a "Fuxe" ou a "Laxe de Boibas", pasando polo "Miña Meniña", "Cassandra" ..... "Sara O". Todo un mundo de tipoloxias.




A mañán escomezou sen vento, ninghun vento, tan pouco, que para movernos tiñamos que encender o motor e mesmo soplar. Aboiados polo mar agardamos hasta a hora de facer algo, e así en procesión dende o peirao de Pedras Negras, fomos ata a Lanzada a coller o sobreciño da "jincana", logo do paseo unha leve brisa escomezou a mover as velas, os mais pesados pois .... mais dificimente avanzaban e ahí os mais lixeiros, como o "Acacia" (6m) ou o "Arousa III" (Tofinou) ... foronse, pois son de regata. Os demais como podíamos ibamos poñendolle cara as marcas de boia, o remate cando o que mais ou o que menos xa fixera dúas boias (de tres) o vento foise esvaecendo e o mar de fondo impedía que o pouco que había traballara en condicións, así que os motores fixeron o seu traballo e unha boa parte da flota rematou como escomezou, a motor. Tamén oubo un concurso de fotografía e premios por categorías, ... epoca, clasicos ... esto facía que o Novo Sofía competira co Industrial e os dous contra o Acacia, bueno, quen gañe e o de menos, ninguén se queixou, é somentes unha anecdota. O mais importante e a bonita xornada de navegación que tivemos, e as fermosas liñas de embarcación das que poidemos disfrutar, ainda que o vento fora escaso.





XUNTANZA DE COMBARRO 26/27 e 28 de Agosto.





Como sempre un exito, a amabilidade das xentes de Reiboa e a excelente organización, fan de esta xuntanza un lugar idoneo para vernos todos as caras, os da Ría de Vigo da de Pontevedra e da Arousa, todos acudimos a Combarro tradicionalmente, esto fai que a cita de Combarro teña un excelente nivel de participación en número e calidade de tipoloxías, que nos últimos anos se especializa mais nos "grandes barcos", pois para os de afora e mais doado achegarse, sen que deixen de asistir os pequenos, así da Arousa baixaron galeóns, dornas de todo tipo: de tope, de escarba e "transoceanicas". De Vigo: dornas, botes, gamelas e galeóns e outro tanto da de Pontevedra, é decir unha excelente e variada participación. Adornada con gaitas e paderetas, e músicos que chegan dende a mesma Bretaña. A gaita Bretona poñía son a saida e a arribada, todo un luxo que estos amigos bretóns nos deparan, igual que os algareiros da ACD. Dorna e estos daslle un garabullo ou un "ai que me dis" e xa a teñen montada, aparecen gorxas, panderetas gaitas e ... e a facer música, sen palabras, ou como dirián eles "paaala pala pala palabras amorooosas ...." que van os catro ventos.
Regatas de remo e vela, onde se impuxo un patrón de Cuntis, P. Campos, patroneando o galeón de Sanxenxo, así engade a "Regata da Pamplina" o seu palmarés, xa pode ir presumindo.
Na de remos a embarcación de Portonovo "Habana" impuxo a súa lei de tecnica e musculo, magóa para os mecos da "Faisca" que tiveron avería no ultimo arreón e mesmo case son superados pola "Bicoca" (porque se chama así esta dorna? ehhh!!!).



E por suposto escenario e actuacións en vivo para todolos gustos.







MEMORIAL TITO SILVA, Cambados.



E unha das últimas dos barcos grandes e o Memorial Tito Silva, xa temos falado do personaxe, así que falaremos da excelente tarde de navegación que nos deparou esta convocatoria, 10 de setembro de 2011, día da Valvanera, ou o que é o mesmo a Festa de Sto. Tomé onde Cambados respira mar (peixe, alquitrán ....) por todolos costados. Alguén dixo alghún día que Colon lle puxo St. Tomé o S.T. de America, porque este coñecía o noso S.T. e ambolos dous se semellan moito na súa posición e forma diante do mar. Dixo un historiador.



Pola mañán temiamos por ela pois o forte vento e climatoloxía irregular facían que tiveramos os nosos medos, o WGurú non predecía nada bon, pero ... pouco a pouco foi descubrindo e o vento quedarse nun forza 3,5 ou 4 que daba un navegar para os barcos asistentes moi agradable, pois movianse con soltura.



Esta cita de seguir así, convertirase en obrigada para os barcos grandes da Arousa, a eles vai enfocada ainda que a convocatoria e aberta, pero sempre se espera a presenza dos barcos do Grove, Illa, Vilanova ... e o propio Cambados, onde a "Jorita" e a "Airexa" pasan a ser anfitrionas pois Tito foi "alma mater" e fonte de inspiración de elas. Tamén se esparaba o "Cortegada" pero non poido ser, outro ano, e outro ano poderemos ver esa poderosa flota de galeóns que esta a xurdir.

Como decía tarde soleada con un vento de forza "4" +/- que fixo que todos disfrutaramos, acudiron os que poideron e como non é unha regata (bueno as veces ....) o ir e vir dende a baliza do "Orido" hasta o peirao vello de Cambados deixaba un fermoso espectaculo de lucimento. O remate na nave de exposicións da Fabrica de Peña un pincho e cada un para o seu porto. Excelente xornada de convivencia que deixa un ano mais bon sabor de boca e anima a voltar.

lunes, 23 de noviembre de 2009

Hai que estar tolos

Onde diríades que é a imaxen de abaixo?. Probablemente sexa o Berbés, non o sei.

A verdade e que parece que a Serviola vai cara a Cies, pero non ... , está varada.




Estas fotos informan da última que se está a desenvolver dende a ACD. Dorna, o caso e non estar parados, a chegada da choiva o vento, a humidade do inverno non afectou os miolos do persoal, que segue a moverse. Aquí foi o "equipo de deseño e creatividade" da Escola o que se puxo a traballar, valorouse o interior e decir o "espacio expositivo" do pendello de inverno, trazouse un esquema de distribución e deseñouse o xeito, así se expresaban os responsables que na tarde do venres se afanaban en desplegar as inmensas lonas que poñían o telón de fondo, sempre facendo referencia expresa as ordenes do "equipo de deseño", que si o equipo de deseño esto, que si equipo de deseño o outro ... bueno tanto era que a este equipo de deseño xa lle debían pitar os oidos, pero a verdade e que o esforzo iba collendo forma.



Sorteando as pingueiras con vontade e imaxinación, pois non é doado facer tanto con tan pouco, que onde hai que elevar, hai un pau, pero non un calquera, o mastro dunha dorna. As varas de portar convirtense en complemento de traballo no elemental e básico sistema de suxección, mesmo parecen o velamen de un barco. As telas pertencen os fondos do Museo do Mar que de este xeito tamén colabora, mantendo vivos os seus elementos expositivos.



Así pouco a pouco ibase dandolle forma o espacio que logo será ocupado polas embarcacións e convertirase en unha pequena mostra de embarcacións tradicionais, seguro que queda ben. Os fondos da asociación son amplos
E probablemente teña espacio esta vella "moderna trainera" evolucionada para o deporte, que xa non ten uso por ser de madeira e non ser xa competitiva.

E a verdade vendo todo esto un ten unha cuantas sensacións, primeiro as positivas, de un xeito tan sinxelo co traballo desinteresado de unhas persoas (e do equipo de deseño) un vello pendello xurde unha exposición, onde ademais dos deseñadores tamén interveñen os "inxeñeiros de pingueiras" eses artistas que localizan e canalizan as pingueiras, para que as lonas esten a salvo, agora soio falta o remate.

As outras son o cabreo, porque a pesar de todalas loubanzas, palmadiñas e recoñecementos varios, unha asociación como a ACD Dorna (como poidera ser outra) esta a traballar no precario mais inconcebible, levan anos demandando instalacións, nin Concello, nin Deputación, nin Consellerías ou Portos, ninguén, están como estamos todos, no mais miserento esquencemento. Soio hai cartos para a súa publicidade, menos mal que polo camiño aproveitamos para tirar proveito e cada vez somos mais, e seguimos abertos a ampliar, sobre todo ampliar dimensión con imaxinación.

Mentras, nas instalacións da vella fabrica cedida, e moitas grazas ó cedente que suplementa as carencias da administración e non ten problema en deixar usar mentras non teñamos outra (¿?) e mentras él poida, mentras, como decía, vai collendo forma esta nova tolería dos de Dorna.

E é que estes deberon caer nunha pota do caldo de mexillón un día que os de Madri decían que había toxina na Ría e ... Como era ... están tolos ... quen? ... os romanos!!!.

ACLARATORIAS: As mencións expresas o "equipo de deseño" son desexo do xefe dos irreductibles, Uxio. Tamén perdón (meu) o equipo do blogue do lado, non é intención deste veciño pisarlles unha entrada, esta responde a petición feita polo anterior citado e un pouquiño de colleita propia.

martes, 14 de julio de 2009

PARA O RECORDO, MUROS


Hoxe atopome con unha dificultade o escomezar esta entrada, por duas cousas, a 1ª que casi non teño fotos do evento a 2ª e que moitos de vos estivechedes no Encontro Blogueiro eu non, e non porque non quixera, pois seguro que aprendía moito, senon porque non poiden.


Cando nos achegabamos a data do Encontro debo recoñecer que tiña moita inquedanza, pois todos tiñamos unha forte expectativa xenerada. Os nos que tocou argallar de un xeito ou outro, esto aumentabase. Pasado o día, teño claro que o que fixo foi, seguir a romería, porque esta escomezou na Abelleira, en Lira, nas rúas, nas xentes da bisbarra días antes do 9 de xullo, incluso, pola Arousa, e polas Cíes escomezou antes e esto foi o que lle dou forza o que lle dou o sabor especial que teñen os momentos que non queremos olvidar.




Unha forte percepción o remate, era que este Encontro vai ser dificil de superar, e verdade, será dificil superar, a paixón con que a bisbarra de Muros se votou o acontecemento, as rúas, as persóas, a amabilidade dos pobos, dos galegos, da xente do mar. Pero eu creo que este e un mal plantexamento de cara a outras edicións, pois seguimos a ser os mesmos, e de seguro a amabilidade e a paixón están onde se queiran manifestar, de todolos xeitos levaremos moito tempo dentro esa sensación que nos transmitiron todolos muradans. Por certo que bonitas son a mulleres de Muros, que ben lles senta o noso traxe e menos mal que soio as vimos co de cotío.
Que ricos os "enchebandullos" que bos os doces que ben todo. Que fantasticas as "Rosalías".
Tamén foi moi agradable como en cada Encontro, e sempre direi que a principal caracteristica de estos, o intercambio cultural, e todo o que esto trae consigo. Viñeron dende Francia, dende Portugal, Euskadi, Catalunya, Illes Balears, Murcia, Andalucía, Croacia e ....
Tivemos oportunidade de saúdar a xente de Albaola, unha vez mais, o Koite e Izaskun, ademais a Mario, Dimitri,
Emilia, ... Lekeitio, Ondarroa, Bermeo.... A Joan a Josep Antón a ... Diego de Cartaxena a súas tripulacións, uns coñecidos e outros non tanto, o meior: a sensación de amabilidade estivo permanentemente aparellada o Encontro.
Como participante disfrutador, darvos a todos os meus PARABENS, hasta os mais antipaticos, que seguro os haberá, foron amables
.



As previas de unha saida o mar, sempre son momentos cargados de vitalidade e dinamismo, aquí a recién estreada "Lavanqueira" xunta coa lancha de Lira.





Dende Oleron , o "Locum" Francia, espero que o tiveran pasado ben.
















Os bateis tamén fixeron a súa presencia, menudo futuro teñen a andar.









En terra pasan desapercibidos, pero no mar vense por todolos lados, o seu colorido e enormes velas fanse notar. Santa Lucía de Cartaxena. Dende Cambados están con nos grazas polo esforzo.












De Muros a Illa das Crebas e parada no Esteiro, ali esperabannos para agasallarnos coa súa amabilidade unha bonita navegación.


Mesaxes de mar, historias, as crebas sairon o mar no seu traballo de difundir cultura, non sei como calificar o acto (fermoso) onde os artistas leeron os seus textos e logo a ceremonia de votar os obxectos-crebas-arte en Monte Louro, e de testemuña o Chasula que acompañou o Hidria na travesía.
Unha tras outra foron collendo o seu destiño, onde as levaría a corrente?.

Para rematar outra imaxe do Encontro, moi expresiva. Zapatos, zapatos de Encontro, todas aquelas pingas de pintura debanlle un aire certamente cando menos divertido.