No ano 2.005, o mesmo tempo que se argallaba o Encontro de Cambados, tamén se poñia a andar o Trofeo Galicia de Dornas Vela. As asociacións uns anos antes decidiran abandonar a Federación Gallega de Vela, por considerar (en breves palabras, non é o tema) que non recollía o noso "espiritu" e non podía representarnos axeitadamente. Pois como decía un grupo de asociacións propulsou o Trofeo Galicia, financiado, este primeiro ano, en parte pola Fundación para o Deporte da Consellería de Cultura. As regatas que se incluiron foron: polo Grove, a dos Faros, pola Illa, o Bao e o Cantiño, por Cambados a do Albariño e por Riveira a de Palmeira ou Volta a Rua. Non era o campeonato galego, nin o pretendía, pero apreciouse un xeito de dar a coñecer un pouco mais, si colle, as regatas que facíamos. Aparece a FGCMF coordinando regatas por vez primeira.
Os carteis, foron todos un pouco iguais, agás o de Cambados, ahí casi se inauguraba o da "foto cartel", o que escribe constalle do agrado que supoñían a vista e que en algúns casos produxerónse comentarios do "bonitiños" que quedaran.
O Trofeo Galicia ainda se celebrou o verán pasado variando algún dos organizadores. E entre a maioría dos regatistas de dorna que compiten por entrar os primeiros e tomado en conta como referente da tempada.
Cal vos gusta mais? si e que vos gusta algún.