miércoles, 1 de julio de 2009

MAIS VOLTA

Xa sabedes que si queredes podedes poñerlle música a elexida en esta ocasión:


Pasada a Volta agora unha de fotos a maiores, que recollen momentos, situacións e mais.







A Volta é un lugar para atopar amigos ou compañeiros, Araceli armadora da "Fuensanta" participou, alí estaban na saída, cando a cousa escomezaba a quencer.


Como xa dixen foi un día de reencontros como atoparse con Paco e Ramón na "Lercha", calquera dos dous pode escribir un libro de anecdotas das primeiras regatas de dornas, en algunha foto que repaso do ano 1.990 aparecen dous rapaces, no medio dos veteranos, eran eles, aquí a Lercha no momento de suspenderse a regata encarando para terra, como vedes tamén os mais veteranos e curtidos puxeron rizos. Cando vexo estas imaxes, o mar non parece estra como estaba, e digovos que ainda iba a mais.





Agora unha tanda de momentos, escomezamos polos abdominais.












Esto xustificaba de que tódalas cubertas estiveran molladas e moitas dornas coa sentina convertida en piscina.






Cada dorna é un mundo.















A "Mª Dolores" nasida pa reghatear, Felipe e Ricardo, disfrutando, con alegría.

A dereita a "Estela" nasida pa traballar. Javí e Alberto xa no Bohido, onde mar e vento arbolaban mais mar, como que sin despeinarse.





















A "Cariñosa" Checo e Victor "Chou" gañaran as dúas anteriores edicións de acadar o 1º postos sería a primeira dorna en facelo tres veces seguidas, por eso a súa aposta era forte, sairon con toda a vela. Parecía que levaran motor. Por moi campeóns que son non deixaron de usar chaleco.




















As actitudes mais precavidas "Forza R" con Parada e Alberto e "Fungona" Fran e Dani. Non problem.


As gañadoras, non en esta edición senon sempre, ELAS, son as responsables de proveer as 2xx persoas que se apuntan a pasar o rato despois da regata. Incansables e desinteresadas, movilizan todalas viandas e ainda coceron uns boisimos mexillóns. Elas son a arma secreta da ACD. Dorna. Parabens, fixeronno moi ben.

No hay comentarios: