sábado, 19 de julio de 2008

BREST UNHA MIRADA

Bueno por donde queredes empezar?










Barcos e mais Barcos, moitos fermosos, outros fermosisismos e non poido ocultar a miña debilidade polas embarcacións tradicionais (en adiante ET.).




Os brestois, teñen moi ben organizado o montaxe, o centro: Galicia, Croacia, Noruega, goletas ... e ET,s. Polos costados Vietnan, Madagascar os exoticos e para que non perdan, colocanlle os grandes veleiros, esta é unha perspectiva da subida do río, pola beira do Museo, que son as murallas que podedes ver.

Quen non ten debilidade polos mascaróns, .... a pena foi que o non ter moito tempo, tiña que correr para poder votar unha ollada a casi todo, pois todo non o poiden ver.








O brasileiros non soio estiveron coas Xangadas, tamén trouxeron este espectacular navio escola.




Precioso foi velos desfilar pola noite, facendo un ballet de velas, con luces de fondo e unha música as veces fantastica outras ... quen será o pincha?.




Non era un soio, estaban alí un cantos. sempre como fondo o museo ou amurallamento de Brest.




















Non era unha piscina, os vietnamitas tiñan un estanque para o seu teatro de monicreques, foi unha pena non poder ver ningunha representación.





Xunto a estes decorados, tamén tiñan as súas curiosas embarcacións tradicionais, que outras veces temos visto en documentais ou peliculas.
Aquí esta unha en terra que nos amosa a súa curiosa tecnica de construcción. Que simple.











Xa vedes como quedaban na auga logo de impermeabilizalas.









Tamén tiñan presente a súa coñecida vela, neste xunco(¿?)












E como podedes ver entre barco e barco ou stand e stand, o espectaculo seguía, un "mirage" supoño e o sua beira unha compañia de malabaristas.














Tamén no fondo do pabillón de Galcia nos poñían espectaculo, ali sobre o impreseionante mural de Grand Large, todo un simbolo en Brest, uns alpinistas facían danza pendurados o son dunha gaita, era fermoso.












O gaiteiro enrriba dos urinarios.



E por Noruega a forza da madeira, uns facían tellados outros barcos e outros ... sempre a forza da natureza bruta que teñen. Un "Village" con moita personalidade. Unha anecdota, o día de Noruega, pareceunos oportuno facerlles unha visita cos gaiteiros a modo de saúdo, chegamos en plena visita guiada -cortamoslles o rollo !¡ glub ¡!- o final saimos como poidemos despois de transmitirlles os nosos bos desexos e a "norueguesa xefe", preguntounos como non ibamos vestidos co traxe tipico do pais ¿?, que se lle responde a eso? e nos tan lucídos coas prendas celestes.



Este "barquito" estaba tamén perto do noso village, o "Kruzestern" ou algo así, impresionante.

















Por outros lugares entretiñanse cantando a calquera hora, esto era o que facían pola mañán a bordo de este barco noruegués.










E clasicos, todos xuntiños, nos sei cantos tiñan alí, pero non eran poucos.


Os nosos veciños, que polo día partían a facer excursións, tiñamos que pillalos cedo ou a tardiña cando regresaban.












Aquí pillamolos a todos amarrados, era pola mañán, logo sairían, como sempre facendo espectaculo. Que fermosisimas proas.

















Aquí ainda que parezca mentira estabamos nós, dificil de vernos, pero e que os nosos 25 representantes eran moi pouco en aquel mundo. Soio recoñecible o Hidría. Pinchade na foto e veredes o da "marea celeste"










De donde é esta embarcación?.....




Croacia, pero podería parecer de outro sitio, usabana para bogar, mirade o fondo da foto, erán impresionantes cando o facían no mar.














Tamén amosaban a súa laboura recuperadora ... podería ser un bote do Mediterraneo? tan semellante él os que miramos por Catalunya.












Eles tamén tiñan naseiro, non era tan templado como o noso Toño, o cesteiro, pero alí estaba o home.
Era simpatico, gastou algunha broma co conto de Asterix e Obelix, creo que polo de galos ......, non sei porque, ibamos Toño mais eu e preguntounos polo can, simpatico.








Alí estábamos, vistos dende Croacia, as nosas fasquías podianse adiviñar, dornas, carochos.













E o Hidria flanquedao por bretóns, cataláns, xaponeses, galegos e ...


















E co pesqueiro proveedor de centolos, así se miraba o noso espazo dende lonxe.











Como decía, barcos, barcos e barcos.








Teño algunha mais, e haber cando escomeza a descarga na páxina de FGCMF. ?.






lunes, 14 de julio de 2008

BREST 2 "ARRIBADA"

Como decía o martes sen dormir chegamos a Brest dende Vigo, malcomemos (como casi sempre nesos días) e fomonos directamente a Moulín Blanc, os nosos camións escomezaban a dar sinais de vida e xa estaban esperando os de Reiriz e Moncho cos seu colegas estaban a punto (si na carga nos votaron unha man, na descarga ..... Grazas outra vez). Chegaban todos pouco a pouco, os franceses, de entrada, pensaron un camión, cando chegou o 2º .... ata o 6º que poideron mirar ese día, puxeron as pilas, estos galegos iban en serio, escomezaban a mirarse coa cara de que ali tiñan traballo (tamén un 10 para eles, foron fundamentais), o martes apenas tiñamos movemento soio nos e algún que xa iba caendo, pouco a pouco e moito a moito as 7 da tarde (cando eles rematan) xa tiñamos valdeirados 4 trailers e quedaban os dous de Reiriz.



Outros barcos, outras nacionalidades escomezabamos a coincidir na descarga, a que vos recorda esta proa?













A foto non lle fai xustiza a beleza do impresionante "Phoebus" era un dos que pingando saían o mar cando as nosas embarcacións.

Así era como quedaba no mar, preparábanse para o forte vento.





Pouco a pouco e sen pausa, esperando a que subira a marea para levalos o "Port de Commerce" no "3º bassín" "Village Galicien". Si viña o sol, sudabamos si se iba pasabamos frio, o tempo non estaba bon, mais ben o contrario.
Pero bueno, non todo foron traballos e traballos, pola noite cando chegamos o "Village", estaba o Hidria amarrado e toda a tripulación estaba esperándonos, Jacobo, Sese, Fernando, a patrona coa sonrrisa mais bonita de Brest -Cris-, como no Alberto, os nenos, Xaime e Sofía e olvidaseme un nome, o da rapaza que estaba a bordo do Hidria. Por certo non vos perdades as fotos dos seus uniformes, causaron sensación.



Este barco ou outro como él debeu ser nomeado proveedor oficial de centolos da flota galega, será unha anecdota que alguns non esquencerán en moito tempo, non eran galegos, pero tampouco sabían tan mal e o seu prozo unha autentica gana, centolo francés.

Sorprendía de eles a súa tosquedade, fortes, robustos, esa estrana beleza a que os obriga o mar onde navegan.







E tamén os amigos, eses entrañables os que te vas atopando nunha e en outra, en Galicia en Brest, Thedo, Mr. Robinson ....... tivemos oportunidade de ir saúdandonos e coñecendonos un pouco mais. Unha magoa non entender francés falado, pois estiveron metidos nunhas xornadas organizadas pola revista Chasse Maree.

Alí mesmo rindeuse homenaxe o Thopaga.
Bueno ante todo Brest son barcos e cos barcos negocio, como tal elementos de reclamo por todos os lados e o bonito a sinfonia de coores, de uniformes













E barcos, como non, barcos hasta 2.000 tiñan previsto, o mal tempo fixo que as previsións baixaran, pero non se notaban un cento ou dous arriba ou abaixo.


De todolos tipos, tradicionais, clasicos, grandes, pequenos ..... barcos.










Tamén artistas de todolos tipos.














E espéctaculo, estes imitadores de La Fura, percorrían as rúas a todalas horas, ou batukeiros ou .... sempre actividade de atracción era imposible estar tranquilo sin ruido.











As fanfarrias ou grupos de cantores, a bordo dos barcos, fora dos barcos .....
Exercitos de xubilados adicados a dar salvas (agás en no V. Galicia) a verdade e que eran simpaticos e tiñan ganas de amosarse. (contratados polo Concello de Brest)
Sí, había barcos de todolos tipos, tamén impresionaba o super navegador "Tara", por certo o lado do V. Galicia, a verdade e que estamos moi ben situados, rodeados de goletas e grandes veleiros.
Non era dificil atopar variedade, si Vietnam e Madagarcar eran convidados de honra, ademais personaxes pintorescos percorrían as ruas, poidemos falor con Australianos, alemáns, croatas, noruegueses .... igual nos miramos en Tasmania ....
E os xaponeses no mesmo pantalán, curiosos os seus ritos e tamén a súa embarcacións coa particular forma de navegar bogando.
O principio gañaronos a partida, logo as gaitas e a padereta poideron con eles era cuestión de aclimatarse.
Así era esta imaxen de Brest, a feira a festa o negocio. Logo está a das xentes dos barcos e do mar. Esa é outra historia.

THO-PA-GA (BREST 1)

Ola a todos:
as 11,30 de hoxe chegaba a Vigo, dende Brest e agora logo de un descansiño e un chapuzón na Illa estou votando unha ollada o noso mar de noticias, pois con noticias -malas noticias-, arribamos a Brest o día 8 pola mañán, foi o primeiro que nos dixeron, ... o THO PA GA afundira, seguiamos a viaxe de uns e de outros, entre todos tamén a de eles, que decir ... a tristura foi o primeiro sentimento, logo poidemos falar con algún dos seus tripulantes -ese mesmo día- "e gallego como vas ?" coñeciamonos era un rapáz co que xa estiveramos en Cadaqués, (co THO-PA-GA, noutros lugares) donde estas? ... ahora en el "Cala Millor" yo también iba abordo .... estaba ben, co animo tocado, pero estaba ben, FALAMOS. Logo na carpa da Chasse Maree, poidemos trasladarlle persóalmente o noso sentimento de tristura e solidariedade os armadores (non estabamos soio os galegos, estaba a xente do mar, Thedo (EMH) ocuparase persoalmente de que este recoñecemento solidario espontaneo fora numeroso). Como afundiron ??? ... Que van facer?, comentabanos o armador que dende Brest se pretende facer unha fundación, deixamoslle a nosa solidariedade e os nosos desexos de que sexa realizable a recuperación do noso ben patrimonial e do seu compoñente vital.

sábado, 5 de julio de 2008

O HIDRIA EN BREST


Sairon de Cariño mercores pola mañan, con temporal de vento Sur, un bo vento para subir a Brest, foron polo mar a diante e polo G. de Biscaia pillaron mais vento, andiveron con forzas de 7 e 8, menos mal que non era Norte, así foron mal pero rapidos.

Onte venres pola noite chegaron a Brest, sin GPS,s, averiados, con temporal e correntada. Comentaba Sese, a armadora, que o pasaron "preocupados" pois era dificl entrar de noite e casi a cegas, agora 20,00 do sabado están amarrados en Brest, dende a noite pasada, alí sopla con forza, forza 9, todo un baile. Pero xa están a recibir as visitas dos colegas franceses, que se achegan a votar un grolo con eles. eso sí despois dun merecido descanso.

Na outra esquenceraseme, sairon 12 persóas que se foron turnando nas labouras, maquinas, puente ...

E por certo non pescaron ningun bonito, eso si picaron, pero coa forza que levaba o barco rompeu a liña e marcharonlle cos cebos. Mala sorte na costeira do bonito para o Hidria, menos mal que van ben abastecidos.

Sese conta que coa forza do viaxe foi imposible sacar fotos, non tiñan tempo, así que ... a imaxinalo. A foto que vedes a a saida dende o Grobe e esa é a tripulación.

Bicos para os dos Hidría.

RUMBO BREST II

Venres, eran as 13,30 cando soou o telefono, xa estamos aqui!, era Moncho, coñecemonos con vento forza 4-5 que subeu a 6-7-8, eu que sei, alí tamén coñecemos a súa forza e xenerosidade, logo enterrándose polos areais do mar de Alborán. Fixo de ferreiro de mariñeiro, e nunca poderei olvidar cando estreamos os andamios para levar barcos en dous pisos, "vaite tranquilo desto ocupome eu" hoxe as estructuras aquelas, despois dun fin de semán currando en Cadaques, para facer o viaxe de volta, son outras. Vimonos na Illa, en Ferrol e de cando en vez falamos, que non imos levar barcos este ano?. Así que como non podía ser de outro xeito Moncho estaba en Cambados puntualmente, con Juan dous ourensáns que xa coñecemos. A foto a da "Lui" descargando en Cadaques, fixadevos porque pouco non se esnaquizou.APRENDEMOS .


E as 15,30 xa estaba Uxio coa sua xente da ACD. Dorna, logo José e Claudio de Vilanova (quen dixo que se xubilaran?, dous chavales, alguén pode contar os neumaticos que carrexaron?), mais tarde Anxo, Trepa (como nos vellos tempos -presidente!!-..... Fabián ... Pitín ... Joao ... Xose ... Jorge (o de sempre) e polo camiño viñan o Burbida con Xabier e un camioneiro que o tivo que recoller en Aldán onde tivo que resgardarse do temporal cando sendo fiel a súa tradición viña por mar para Cambados, tamén apareceron Belén e Fernando dende Chantada co barco de dornas (novo) Fernando manifestaba o seu medo a que escachara pois a madeira ainda estaba verde, o longo da tarde ... todos e as 19,45 estabamos camiñando con Moncho que ponfin tiña parada a tomar unha cervexa o bar da Lonxa, as 21,45 tiña que para e quería facelo no Carballiño, na casa.




Pouco a pouco, unha a unha, co noso Moncho "a tope" foron entrando e acomodándose, o peor foi meter a Meca, son barcos moi grandes e os camións son pechados, cousa qu opor outra banda e bon pois fan un viaxe tan longo protexidas do sol e do vento.








A nosa querida Nsa. Sra. da Agonia, paradoxicamente cantas alegrias con ela con Joao e agora cos seus fillos tamen veu Joao o pequeno -Joao, para cando a túa exposición dos mais de dez de xuntanzas de xornadas de bo estar.
Ahí a ven, atentos!!!, baixa.
A tarde escomezara con demasiado vento para cargar forza 4 e choiva, logo foi amainando e o rematar a tarde estaba tranquila, os últimos baros foi mais facil.


Vedes como vai o Barco de Dornas, con moito vento sería moi dificil, de feito o da Meca tivo as súas coñas.


Aquí está Moncho rematando a faena ca mirada atenta dos nosos. Rematara a faena. Ata Brest!!!.


En Vigo e Bueu cargarán o luns a tarde.












miércoles, 2 de julio de 2008



Rumbo Brest.


o O redor das 11 da mañan, cargaba a trainera da Escola Obradoiro Mar de Vigo e pola tarde en Cambados, collían rumbo a Brest a Peza de Rabo e a Nova Marina, ali estivo a xente da ACD. Dorna supervisando todo o traballo, xa escomezou o desplazamento, ali están a esperarnos.