Pode que me equivoque, ou non, pero penso que por estos carteis pasa unha boa parte da FGCM e despois F.. Ahí entramos moitos dos que agora estamos, fixadevos que no primeiro cartel o nome do Encontro aparece en 2º termo. Eran tempos duros.
Pero ahí escomezou de novo a canción e entonaríamos aquelo de "unha lancha de Mariiiinnnnn coa proa de carbaaallo, catro rapaces ........" si catro rapaces, e mais uns que xa estaban tensaron a relinga da FGCM e puxeron a lancha a andar, e bolinando chegamos a ata hoxe.
A primeira camiseta, como casi todolas os do Encontro segue a vena "etnográfica", no caso de Rianxo, non collereron pensou eu, o etnografico local senon que foron a historia da pesca e como bos rianxeiros foron o xeito. Como vedes, xa o Encontro duraba 4 días. Para os que ali chegamos por vez primeira, foi impresionante, como choveu !!, como ventou !!, canto traballo quedou mollado, pero tivo os seus froitos. Sempre lembraei que de ali saimos co billete para Douarnenez 2000. Algunhs xa sabían o que era sair a la France os mais iban facelo por vez primeira. Escomezou a primeira expedición multitudinaria da FGCM. Logo veu Combarro, Combarro os amigos Paco e Cao e mais ... foi a primeira proba de fogo para a nova FGCM. os vellos mais os novos traballando arreo. De esta internacionalizamonos, os xa de cotio amigos do sur (con Joao o frente), veu a expedición San Eflan, a dos monxes navegantes nos seu barcos de coiro, e coñecemos aquí a uns vascos que tamén viñan a bogar (que vicio), apareceu por Galicia "Albaola", dende esa os vascos xa nunca deixaron de estar con nos, alguén imaxina un Encontro sin eles?. Estaba botando a andar o "moderno Encontro", como traballaron !!! (tamén oubo tensións). Que ben o pasamos. A camiseta, que non sei como se acadaba -ero a min chegou algún día-, foi unha representación de Combarro a mesma que levou a revista do Encontro, que voltaba a ser editada. Lembrovos que foi o orixen da Ardentía. A calificación "etnográfica local."
Que longos, canto tardaron en pasar ese dous anos de Combarro a Illa, a verdade e que non había moitos que estiveran dispostos a facer o Encontro e tivo que ser a Escola, Dorna (era o seu presidente Pablo Iglesias), a Illa que os acollera e como pasa na Arousa, acolleunos todo o pobo, foi o Encontro do mexillón :), senon preguntade, sigueu a ser unha gran festa e o Museo do Mar escomeza a ter un papel fundamental (xa non o deixaría) na organización. En estos o gran protagonista foi Portugal. Estiveron marcados polo recordo do Prestige. Foi o que mais barcos tivo nunca hasta hoxe. A camiseta, que non se regalaba, tamén era da categoría etnografica local. Non organizaba nadie, nin FGCM F nin Dorna, cousas que pasan, protagonismo total o Encontro. Fixose en varios formatos, o que mais resultou foi este con fondo verde ou granate tamén as tiñamos de tiras. Foi onde nos enteramos que o merchandising non funcionaba.
Logo veu Cambados, a madurez, Encontro desexado e disputado, Bouzas e Cambados estiveron a ver quen o levaba, foi Cambados, eu penso que con xustiza que o levou, igual tería que ir para Vigo, pero a verdade e que Cambados merecíao moito dende o meu punto de vista, Mascato e Clube Mariño Salnés eran pasado (unha) e presente (os dous) da FGCMF, sí, o anterior fora na Arousa, pero Cambados relamou os galóns que otorgaba o traballo de moitos anos. Vigo ademais tivera un medio encontro co da San Eflan. Par min foron os meiores de todos, por moitas cousas, o Museo volcouse como ata agora, miles de metros de espazo expositivo, o Mediterraneo asisteu todo de norte a Sur, Albaola voltou (na Illa estivera Itxas Begia) .... concertos (tamén os oubera nos anteriores), xornadas (tamén oubera nas anteriores), Manolo Rivas tocou o Apupo. Soio fallou unha cousa o vento, o gran vento do norte, non deixou navegar, non oubo arribada, intentouse o izado das velas, pero non saeu ben de todo (eramos así).
A camiseta como no podía ser de outro xeito etnográfica local reproducía un oleo de Leiro (emigrado a America, creo) de Cambados antes de 1.900, recollia beiramar e tipoloxías. Fixeronse miles, que ainda hoxe non se remataron de repartir.
Non oubo tantos barcos como na Illa, o vento fixo moito, pero probablemente acolleu a maior representación de tipoloxías diferentes. Cataláns (trouxeron a camara) e Andaluces xunto cos Cartexeneros voltarían despois cada ano a estar con nos.
Si, Cambados amosou a "madurez" e calidade do Encontro, tocaba hora de subir o norte. FERROL, xa iba sendo hora, quixeran ou non quixeran, despois de cantar e cantar por todolos encontros, os de Ferrol non tiñan disculpa, os "nachos" asumiron o reto e o resultado foi o Encontro dos encontros, viñeron ata de Port Mahó e das Açores, que fermosos o Delio e a Estea, que traballiños para vir, viñeron os que xa coñecíamos e outros, seguiamos a confirmar que o Encontro era un gran Encontro. A familia do Club do Mar, respostou coas meiores voces.
A camiseta, podese considerar etnográfica?. En ela a FGCMF muda o seu tradicional distintivo circular polo rectangular que lucimos agora (aprendimos a que nos viran) e o motivo e a vela latina característica do norte, polo que pensando ben, será unha "etnográfica" na súa variante "embarcacións", ata de agora foran de caráteristica "a nosa ribeira". Tamén suliñar a gran participación que tiveron os nosos compañeiros do rio, Barcas do Minho, fixose notar moi positivamente. Apareceu unha nova raza, "os bloguers", que dito así soa a personaxe de pelicula de Spilberg e que pasarían a ser uns elementos importantes en esto da Cultura Maritima.
Con esta xa chegamos a Muros -esto saéume unha pequena historia do Encontro- a camiseta colle un cambio radical. Muros, a Muros sobralle etnografía por todalas pedras, a camiseta non debía de ser repetitiva, tiña que ser diferente si Maribel Longueira puxo a idea do cartel, Fernando Rei, puxo a base da camiseta, baseado nunhas manchas -ben feitas- de pastel, saeu esta colorida camiseta, para min faltoulle algo de elaboración na colocación da letras, pero ... non tiñamos tempo para mais, non ?. Foi o Encontro "do pobo", da vila, das parroquías, da sociedade muradana que fixo de Muros un encontro de amigos. Os bloguers, amosan o poder da comunicación. Chegan a xuntarse unha morea de eles. Os vascos seguen a medrar. Votamos de menos os andaluces.
Esta camiseta e "dedeseño".Todo o que aquí hoxe escribin e a miña opinión, haberá quen non este de acordo e outros que farían matices, cando escomecei a escribir non pretendía facer unha cronica dos Encontros, pero as camisetas traen recordos e foi inevitable, recordar, supoño que facendo exercicio esto medraría en texto, porque o tema sobre o que se apoian as camisetas da para libros, pero repito, esto iba de camisetas, deseño e carga emocional. E como as emocións, xurdeu, non foi premeditado.