viernes, 18 de septiembre de 2009

OUTRA DE ALBARIÑO


A saída, que tensión, ainda enrriba o xuiz que ademais era arbitro trabucase e ten a todo o mundo 5 min. en tensa espera, oubo alguén que pideu danos pisicoloxicos, e que foi moi duro. Ti a onde vas eu para norte, eu non vou a ver o da Toxa
Guiadiños como nunha procesión, formales e boas persóas.
En outro tempo esta "estampa" era tamén real pero a volta do rastro. Os vellos recordana e si digo a verdade a min emocioname cando alguén me dí que chora o vela ... meu pai tinña unha ...
Así era o marcaxe, "a dorna", uns enrriba de outros. O remontar de Tragove, rumbo a Abelleira así se miraban dende a boia.
Tamén oubo tempo para facer historia, Paradas, todos: abo, tio, neto, sobriño.

Xa chegaron os primeiros, xuntiños
A segunda remesa, para fotofinish
Pelijata e Julicheira, por pelos.

Montañesa, Betty Boop, cal chega antes?

A Carmen pasalle polos "morros" a Semparada, Lino e Garrido decidiron facer a volta a bogar.

A Chati, con Bea e Patri chega coa Siña Maria-Blue, que se lles adiantou por pouco, pero claro a alta tecnoloxía empregada polas Siña María -Black e Blue- o longo da tempada (din de eles que fixeron o "estaxe" pretempada en Meloxo Beach), xustificou a Chatí.



miércoles, 16 de septiembre de 2009

X REGATA DO ALBARIÑO

O sabado pasado, a Regata do Albariño que se celebra en Cambados chegaba a súa 10ª edición.

Por mor dos aprazamentos fixo que se celebrara a día da Valbanera, da Nosa Sra da ... como din en San Tome, onde en outros tempos as regatas de dornas primeiro, e logo de loros eran unha tradición (xa vos direi mais cousas de estas regatas onde nomes como "Oca" "Tranchito" "Jarulo" ou "Ciscar" escribiron historia), sempre a bogar (sonavos?), ahí os mariñeiros cambadeses eran os meiores da Ría, hoxe que decir, contabame Sr. Lorenzo, en unha de esas tardes de dorna varada, de ... aquel día que iban para o mar e era festa no Grove, como levaban tempo, foron hasta alí, cadrou uns minutos antes da regata e ... esa noite non foron o mar, pero pasarono moi ben.
Hoxe as regatas son a vela e os de Cambados facemos unha regata, son outros tempos, a verdade sea dita no pobo nunca oubo moita "polbeira".

A regata cambadesa ten un trazado condicionado (algún protesta, pero é o que hai) e vese moi afectado en función do vento (si non correntadas), pois o percorrido mais longo sempre e cara o Norte, calquera outro vento provoca unha regata rapida onde os rumbos sucedense a “un largo” ou en “popa”. Este trazado que por un lado non e bon, por facil, resulta bon e polo mesmo a regata pode ser unha festa.
Así o sabado a inquedanza unha hora antes, estaba en si habería vento, ou tamén poidera ser que se pechara de bretema. Por eso cumpría facer a saída puntualmente, asegurando o ventiño mareiro que entraba o redor das tres da tarde.
Como decía douse a saida as 16,10 horas con vento frouxo do oeste (a pesares do señor xuiz), que se mantería durante toda a regata con leves caidas e repuntes que lle daban emoción o resultado. Decía Moncho Blanco “Monchito” despois dos primeiros pasos por boia, que nada estaba decidido e podían pasar moitas cousas, esto era así porque a saída, dende o peirao de Cambados rumbo a boia do Orido era unha bolina que como sempre divideu a flota en dous, os que foron cara a ponte da Illa (algun casi chega a Illa) e os que se van cara a Illa da Toxa, gañaron os que foron cara a ponte e pasou primeiro polo Orido a Cariñosa (para que despois se fale de peso a bordo), seguida da Pereka e a Xarandeira o resto dos galgos tamén en cabeza iban a corta distancia e en unha popa de novo a Cambados, mandados pola Cariñosa e a Pereka, por detrás alternabanse Jalerna, Xarandeira, Bazarra, Necora, Forza R e Fuxe, todos os galos, galiñas e pitos ata 33. Afrontábase o tramo longo, rumbo norte cara a ponte, dende Cambados hasta unha boia situada a altura da “Abelleira”. A trampa estaba en sair ben do peirao cambadés para tomar en un soio rumbo a punta de Tragove, quen non o fixo pagouno con postos, a verdade e que foron ben poucos os que tiveron problemas.
A flota navegaba nunha ringleira sen apenas espacios entre unhas e outras embarcacións o rumbo era claro e o “ventiño” axudaba a facer unha regata bonita e participativa. Os “piques” xurdiron durante todo o percorrido entre unhas e outras embarcacións, así cada grupiño disputaba unha regata particular o que lle dou un valor engadido a regata e fixo que todo o mundo o pasara ben, ou polo menos pareciao, tanto que de 33 dornas remataron 32 en tempo o 33 dixo que foi a boia da Abelleira dúas veces.
Así as cousas os da cabeza afiaron velas para non perder posto. Pola Abelleira xa estaba marcada a cabeza, disputarían o 1º posto dúas dornas a Pereka que encabezada o paso e a Cariñosa que na mesma boia da Abelleira cambiaba antes para o Orido e tomaballe a cabeza maxistralmente con un "interior", detrás Bazarra, Fuxe e Forza R que fixeran unha bonita remontada, logo, Xarandeira, Necora e A Rona de O Grove que animaba o grupo de cabeza presentado batalla.

Polo Orido a falta de un rumbo corto en popa pasaron alternando posicións Cariñosa e Pereka casi a un par e en ringleira o resto. Así as cousas todo estaba por decidir unha forte marcaxe entre todos e unha popa pechada hasta meta con un vento que amenazaba con quedarse en calquera momento (pero non se quedou) dende o Orido a Cambados vai moi pouco pero fixose eterno pois a tensión cortabase, ninguén se movía a bordo, calquera movemento podía facer que a embarcación se desventase o suficiente como para que outro se aproximase demasiado e así uns un pouquiño mais outros un pouquiño menos foron poñendo rumbo a meta. As entradas foron de “fotofinish” e casi sen marxen entre un grupo e outro. Primeira foi a “Pereka” que adiantou a “Cariñosa” logo a “Bazarra” que confirmaba a súa excelente tempada e logo “Xarandeira” e “Necora”, 6ª sería a “Jalerna”, 7ª “Fuxe”, 8ª “A Rona”, 9ª “Forza R” e 10ª a “Fungona” cambadesa.
Así, semparada hasta 32, de unha en unha e un duelo en cada entrada, cada acercamento a meta era unha final. Fermoso espectaculo o ofrecido en Cambados, de eses que fai afeczón. E que o bonito de estas regatas é que non rematan no día, sempre queda algo que comentar, de que como me pasaches ... aquel cambio que fixen ... mira que me fixeron. E logo entre cunca e cunca voltará a sair e deixará o sabor do salitre, do alquitrán, da dorna, dos amigos.
Creo que foi a regata onde mais rapaces e rapazas participaron, os xefes Salva e Lino, Catarina, Barbara, Sergio ..... e tamén suliñar as tripulacións integramente femeninas: Susa-Marrou, Bea-Patri ... e faltaron.

Remataba así un día da Valbanera onde se recordaban tamén as memorables regatas que no peirao cambadés se desenvolvían hai xa moitos anos.
Na "Cultural" foi a entrega de premios que como é costume na regata cambadesa, son orixinais e deseñados por ese feitizo artistico que sempre vai polas rúas do pobo.
Esta regata fixose grazas a Fran, Santí, Fernando, Maribel, Carmen, Xacobe, Blanca, Quinso, Sergio, Chapi, Suso e Juan Servando.

martes, 15 de septiembre de 2009

PREMIOS

NON SEI NIN ONDE NIN COMO A XENTE DA OS PREMIOS ESES OS BLOGUES, PERO TAMÉN ME DA IGUAL.
DENDE AQUÍ QUERO FACER HOMENAXE A LABOURA QUE SE ESTÁ A FACER DENDE O BLOGUE DA ACD DORNA, QUE NOS PON O DÍA DE TODO O QUE PASA POR ALI E TAMÉN POR ALA E ACULLA.
GRAN TRABALLO. PARABENS.

lunes, 14 de septiembre de 2009

OS CARABEUS

Lino Prieto contribue a aumentar o coñecemento sobre os "carabeus" ou "escarabeus" e pasaunos esta foto de unha dorna no Grove, tamén me comentou que nas dornas de tilla corrida este mecanismo de amarre era mais usado, pois non se pode levar o cabo o banco.

jueves, 10 de septiembre de 2009

ESCARABEUS

Non sei cantos de vos coñeciades este nome, "escarabeus". A min sorprendeume, nunca o oíra e grazas a Daniel Otero temos constancia de él.





A verdade e que sempre tiven claro que para amarra a dorna o meior non era deixarlle toda a forza sobre a peza da proa. Daniel amosanos os escarabeus que non é nin mais nin menos que un elemento para amarrar e axudarlle a peza da proa a soportar o esforzo.





Bueno, mais claro non podía ser, e a súa utilidade, mais que demostrada, van clavados entre as pezas.

Saúde.

jueves, 3 de septiembre de 2009

PERIGOSO PESCADOR AFECZOADO

Coidado non vos riades do pescador afeczoado, el un INDIVIDUO PERIGOSO e desestabilizador dos ecosistemas dos mares e sobre todo cando pesca a duas mans, como fan algunhs xubilados, moitas veces pode ser un estremado esforzo pesqueiro para os mares e oceanos.
Coidado cando os vexas nos peiraos !!!. Vixía o que pescan!!, poden estar votando a perder as cotas para regular o esforzo pesqueiro, establecidas polos gobernos dos paises pesqueiros. Non vaia a ser que nos quedemos sen peixe.
Non é risa, estos depravados esquimadores, están a ser vixiados: non poden pescar "Scomber Scombrus" nin unha peza, pois os TAC,S ou cotas de pesca, xa están pasadas para este ano 2.009.
Sí !!, os que na primaveira pescan a "rincha", "cabala" ou "verdel" nas augas do Cantabrico esgotaron o cupo de pesca, ninguén pode pescar mais xarda ese ano. Pero o curioso do caso e que esta prohibición afecta os PESCADORES AFECZOADOS, para non creer.
Polo contrario, consoladevos podedes pescar "Scomber Japonicus" ou "cabalón", que tamén e moi abundante nas nosas costas.
Non vos riades moito, pero pensade que antes podiamos coller "miñocas", toda a miña infancia está marcada pola collida de miñocas, asi como de .... , quieto parado!!!!: agora temos o "plan do Poliqueto", que non é un persoaxe da a "Rúa del Percebe" ou de calquera historia de Ibañez, nin amigo de Martinez Soria ou do "Landismo" o tal "Poliqueto" foi declarada unha especie de "interes comercial". Pobre miñoca .... en que te convertiron (estan a esquilmalas), primeiro foron as praias e os birbirichos (comprensible, con algunha reserva), agora as miñocas. Cobrarannos por que os nenos xoguen na area da praia?
Non sigo.
Respecto moitisimo o mar e os seus profesionais, creo que o mar debe ser controlado e regulado para unha explotación racional dos seus recursos, e está moi ben que quen o traballa se aproveite de él, pero .....

miércoles, 2 de septiembre de 2009

DORNA DORNA 6

Voltamos os apuntes, aquí tendes varias formas de mirar unha dorna e en cada unha de elas parece unha embarcación distinta. Tamén van nomes, hoxe de taboas e algunha peza.