Despois do Bao chega o Albariño, parece que foi onte e xa van IX ala. O 9 de agosto chegaballe o turno a regata de Cambados.
En primer lugar xa que quede claro que o que escribe é un dos que cada ano cubre o expediente de organizala, polo tanto agás os datos estrictamente adicados o deporte os outros están marcados por un sesgo, que tratarei que sexa o menor, en último caso sempre será a miña visión.
Despois de esto, escomezaremos decindo que esta regata non é a priori a meior en nada, pois o principal e un bo campo de regata e Cambados está moi limitado, por eso determinalo nas augas que temos as veces resulta dificil pero é o que temos. Tampoco é a que mais xente ven, para eso están as la Escola. Cando era polas mañáns tiñamos festa pero agora que é pola tarde nin eso. Agora sí e a única que ofrece trofeos únicos e premios de mantemento e engorde, e ademais gustanos pasalo ben -como a todos.
Este ano non estaba previsto nin moito nin pouco vento, pagarase o xusto, pero si o suficiente para andar ben, por eso plantexamos unha regata longa, logo a realidade fixonos variar sobre a marcha e co permiso dos interesados acortamos o percorrido, o cal resultou un acerto, ainda que sempre nos quedará a incognita de que si a "Necora" pillaría a "Cariñosa" que o final remataron 2ª e 1ª. O interés a nivel deportivo estaba en ver cal de estas dúas dornas acadaría meior posto , pois eso podería decidir o Trofeo Galicia, no que se daba un empate técnico.
Así as 16,20, casi puntuais demos a saida, unhas 32 dornas xuntamonos, o vento estaba do Oeste así que plantexamos de saida unha bolina para ir hasta a baliza do Orido, bolina dura, onde os participantes teñen duas opcións bolinar rumbo a Illa de Arousa ou percorrer o Serrido cara a Toxa, sempre está ahí o dilema, ainda que haberá quen vaia en rumbos cortos tentando o camiño mais corto, neste pais hai de todo.
Casí todo o mundo se foi cara a Illa, a priori nun rumbo moi longo, pero tivo os seus froitos, o pasar pola baliza do Orido para coller o "largo" que os levaba a Batea de Vixiancia do Bao,
perto da Ponte da Illa, os primeiros foron os que colleron esta opción, "Cariñosa" "A Rona" "Fuxe" "Necora", dous do Grobe o dous da Illa, esa iba a ser a loita, ben sabemos que un erro pagase con postos o remate. Ata a batea poidemos comprobar que o percorrido era longo -para o vento que facía- e cumpria eliminar o segundo paso por este punto. por ali pasaron 1º Cariñosa, 2º A Rona, 3º Fuxe, 4º Necora e 5º Xarandeira, ata Cambados nun largo acercaronse as posicións, Rona-Fuxe-Necora nun aire cando viraban por S. Tome, detrás da Cariñosa estaba a Necora e a decir verdade comendolle distancia, logo a Fuxe coa Rona e logo a Xarandeira, a última bolina e empopada decidirían os
postos: cariñosa, Necora e Fuxe, logo Rona e Xarandeira a partir de ahí o rosario dos restantes e as pelexas particulares, suliñar duas regatas, a que fixeron a Maristela e a Zenaida, que acadaron unha excelente clasificación entre o 10 primeiros.
Por certo o 3º a Fuxe con Parada pai e fillo, teñenlle collida a medida, sempre fan un bon posto.
A última foto: adiviñade de que quedaron, si, eses que están tan contentos.
Viñeron dornas dende a Illa, o Grobe, Ribeira, Vilanova, Portonovo e como non Cambados.
Esperemos chegar a vindeira edición a "equis".
A entrega de premios foi na Cultural de Cambados ali oubo viño para uns e xamóns para menos, para todos a merendiña.
Excelente o animo de todos é bonito atoparse cada fin de semán pasandoo ben, a seguinte "Pedras Negras".
As fotos de mar son do albúm de Olga, en Picasa. As outras da organización.