viernes, 29 de enero de 2010

Enmenda Lei de Navegación


LEE O TEXTO DO LADO E ACTÚA.

miércoles, 13 de enero de 2010

TEMPO DE INVERNO

Cada día dou unha volta polos peiraos cambadeses e casi todolos días están igual, ou eso parece, pois si non non tería sentido ir todolos días a mirar.

O que cambiou este ano foi a visita dos danmificados do tempo, ou eso me parece a min, nas vesperas do 31 de decembro, en unha mañán e nos pantaláns situados no mesmo centro de Cambados, podiamos observar uns visitantes non habituais, o primeiro en aparecer foi o palmipedo de abaixo, o paisano ainda hoxe esta a morar por alí e a fuxir das arremetidas dos tenros infantes (os nenos son así ?).Alguén sabe que tipo de pato é ? a min pareceme que alguén se cansou de telo perto e votouno o mar, na Garda Civil -sin mal rollo- dixeronme ... que igual estaba ali pola súa conta (que igual lle apetecía) , pode ser, a min non mo parecía.

Logo tamén este vilurico se aguantou por ali uns días, mais salvaxe, non aturaba as persóas perto de él , por eso a súa estadía foi breve o meior tamén porque tiña dificil movilidade e sufreu o ciclo vital, tamén estaban outras aves pequenas e feridas, xunto coas gaivotas que se protexían do temporal.

Que bonitas son
Despois tiña a vista tamén outra clase de danmificados dos cales non vou poñer fotos, chamanse embarcacións, son esas que, marea tras marea, estan ghindadas polos peiraos, lavaderos e outros espazos da ribeira, con uns cabos a modo de amarra, que non se sabe que amarran e que padecen os donos que non lle van quitar a auga, que non miran como están fondeadas e que non merecerían ter barco, pero o mercantilismo e así, quen ten cartos pode mercar un barco e o barco non pode elexir o seu dono.
Non podo evitar que me doan. Haberá algún día unha lei que protexa as embarcacións dos seus donos por malos tratos ?. Doenme especialmente as que a diario tratamos de defender, as consideradas tradicionais.

Pero seguindo polas cousas bonitas, lembro que cando era neno, os unicos paxaros que viamos eran gaivotas, logo gaivotas e mais tarde gaivotas. Non sei porque, sería o clima? serían os homes? ou serían os paxaros?.

Hoxe en cada marea baixa podo ver as espatulas que traballan en grupo a remenxer o fondo a percura do alimento. O ano pasado eran duas o tres agora poden ser unhas deceas.


Leín tamén que os corvos mariños estaban ameazados de extinción, pode ser, pero en cada marea baixa podo ver como bandas que poden ser mais de 20 no meu espazo visual pescan sumerxindose constantemente, no medio dos barcos, no centro do pobo. Espero que cada día sexa menos verdade que se poden extinguir.

Por ultimo recordar as garzas, non se deixan fotografar, a minima voan, xa dende hai anos estan asentadas no meu entorno diario, pero dende pequeniño non me deixan de sorprender, agora tamén as vexo subindo o rio Umia, polas leiras, a beira do Camiño Francés, que así se chama a corredoira que vai dende Pontearnelas ata Baión pola beira do rio, non sei porque se chama así, algo alonxado de Roncesvalles está e mesmo de Pedrafita.

E para rematar direivos (como en algunha pelicula romantica e algo "naturalista") que todalas noites, coa marea chea, cando hai temporal, unha garza pesca no lavadero do medio do peirao de Tragove, e que ben marcha un para a casa.

Creo que seguirei mirando os peiraos.

Aaaahh!!! e sin esquencer que tamén vos podesdes atopar casi a diario con unha estampa como a de abaixo, os barcos faenando na bocana do porto a vieira, pura actividade, alguén da mais?. Por certo este ano a vieira casi non ten toxina, vamos que é minima a cantidade. animadevos a mercala, pero aseguradevos que é galega (da ría de Arousa), ven envasada por algunha das empresas que en exclusiva mercan toda a producción a precio pactado.

Noro, vixía ó fondo da Ría.


O meior debería facer unha entrada para algún dos temas, pero bueno, pareceume oportuno poñelo así.

Seguimos a traballar no das camisetas, esperamos colaboración.

PARA QUE NON ME OLVIDES


Dareiche unha camiseta, os veteranos xa están hasta o pirulo da boina das camisetas das regatas ou das xuntanzas, a min particularmente gustanme, recordanme que eu estiven ali, pero claro despois de 10 anos un xa ten un bo feixe os que levan 25 imaxinade.
O mesmo sucede cos carteis, quen os ten?, quen se acorda?, algunhs son ben bonitiños outros ... tamén.


As veces notase que os fixo a mesma persóa, outras a variedade de autores.

Algunhas son de un gusto agradable, outras recollen a boa intención, unhas son para toda a vida as outras morren con cada edición, cada quen ten o seu espiritu. Ainas artisticas, outras son fotografías -dentro de estas están as antigas e as modernas- e ainas que son historicas, e decir todo un repertorio. Con publicidade, sen publicidade, o da publicidade ten moito repertorio.
A min gustanme porque tamén recollen estados de animo dos organizadores, anos de veterania ou .... . Bueno o caso e que evento tras evento, camiseta tras camiseta, cartel tras cartel, vaise facendo historia. A algunhs gustalle decir quen é a outros decir a onde pertenece o outros que é o que fan, todo son matices. Tamén están os que tratan de ser didacticos. Veremos exemplos.
En este cartel cambadés, a regata faise dentro do VI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Cambados e sinalase que é unha regata de dorna, notase?

Eu vou escomezar sacando as que teño eu, xa digo 10 anos para atrás e non todas. Por eso quen teño unha de mais atrás pode enviala por email e contibuiremos a facer a "historia da camiseta" de regata ou xuntanza, xa verei o formato que si picasa ou así unha a unha ou por anos.


O mesmo acontece cos carteis, a ver si entre todos enchemos o saco da memoria grafica, e como decía, para que non me olvides.