Non vos estrañedes, a este individuo algúns coñecemolo no Encontro de Cambados 2.005, un catalán con camara facendo unha reportaxe, ainda que eu persoalmente nunca lle perdoarei que non me sacara a entrevista (mentira) ainda que non me estraña, domingo, ultimo día de Encontro e a primeira hora, hasta tiñamos gafas de sol.
Como decía si mo vedes por ahí non vos estrañedes, e o culpable na miña opinión, de que o noso traballo saira das nosas costas, en imaxenes con vida propia, que se espallara pola peninsula e que servira de referente a hora de darnos a valer diante da administración, estivo colgado na TV3 ou seu reportaxe para Thalasa feito o redor do Encontro cambadés.
Cando digo esto tamén son consciente de que moitos dos nosos nomes merecen esa culpa, pero e que él non soio veu aquí, de algún xeito quedouse con nos, voltou a Ferrol pola súa conta, virá a Muros casi seguro, porque lle apetece, estivo en Pedregalejo Malaga, de onde son as fotos que me pasou Joan Sol (outro que ben baila), porque esa e outra, él non sae nas fotos. E o traballo de dignificación que esta a realizar o leva a baterse todolos anos por que teñamos no Salón Nautic un "Espai de Marina Tradicional", ademais de empeñarse en que "Argo" vexa luz e sexa unha publicación referente no eido da Cultura Maritima.
E aquí tamén atopou o seu primo o noso "Trepa" así que si o vedes por ahí, chamase JOSEP ANTON TREPAT, nunca fai moito ruido, nin coa camara, e tamén e culpable de que o noso Uxio teña unha reportaxe que se emiteu na TV3, este foi o seu único erro coñecido je, je.