A mañán pasaba dubidosa, unha barra de bretema amenazaba o contorno da Arousa. A organización decideu non arriscar e a Regata do Bao no 2011 non pasaría por debaixo da Ponte. Co cal dende a praia da Canteira ou o que e decir dende a Escola, podía verse perfectamente. E mais de un ou unha (interprestese sempre así) suspirou, pois non tería correntadas traidoras.
Oubo sorte e o que suscribe poido asistir como participante activo nesta XXIII edición, xa van unhas cuantas. Así que, a versión ven dende o mar e dende a clasificación que nos deixaba ver o que acontecía por adiante e por atrás.
As regatas sempre poñen nerviosos a mais de un, eu debo recoñecer que casi non son quen de comer (a que resulta increible ?!), pois sí, está claro que si fora a mais regatas a miña liña de flotación o meior era outra. Bueno como decía, hai xente que se pon nerviosa e cando estás esperando unha saida, no mar non se nota, pero en terra, ten mais manifestacións, mais si cabe, porque tes que levar os aparellos á carreira na man, e claro, como é o meior xeito?.
Despois hai tamén outra versión a dos que prefieren ver a cronica da saida en directo (a esas apuntamonos uns cuantos), pero é inevitable, cando ves correr o veciño, ti tamén corres. Logo o falado ... ti vas o temón eu vou amurar, a vela a vela, que non está ben a relinga!!!, que non é tan doao oesss!!.
Bueno pois desta vez a regata foi como sempre ... na saida e gañou un dos de sempre, ainda que cada vez ese posto está mais aberto. Non estivo a "Necora" nin a "Carminha" e a tripulación da "Jalerna" saeu na "Josefa" e Belén de Caldas non foi na "Senra" senon que foi na "Freixana-Ortelinda" e por certo a "Fungona" formou coa súa tripulación mais tradicional, con Araceli e Fernando. E votamos de menos que non viñera ninguén de Ribeira, sempre bos competidores.
Por certo tamén os meus parabens os servicios de imaxen do "blogue do lado". Ah!! e tamén viñeron Luis da Fonte e Monica, problamente o meior fotografo do Bao. De él son as fotos que lucimos aqui hoxe.
Como decía, nervios na saida. Uns falan de mais e outros non falan nada, tamén están os que non teñen nervios, que non sei que fan !!! :) co emocionante que é ter nervios.
Como a marea ainda viña subindo al dornas non marchaban da praia, por eso a tan tipica imaxe do persoal -preparado- esperando o toque de saída e que ten que baixar da mallante para poñer a dorna ben, de esta vez non se dou, o que se se dou foi o de "estes estaban meior para sair pois a boia ... o vento ..." Pois si, claramente a boia estaba para o Leste e os que estaban mais próximos a Ponte podían ten ventaxa, pero ... estamos a na Regata do Bao a XXIII e nada era novo.
Así as cousas, con puntualidade ( a de sempre) douse a saída. Co arreboar das bandeiras todos, ou casi todos, a correr para tratar de armar o mais rapido posible.
O percorrido era doado, unha empopada, un largo e unha bolina pechada que poñía a emoción, dúas voltas. (bueno oubo quen dous tres pois dixo que él iba a reghata dos maiores e gañou entrando en solitario). Polo dito foi rapida, moi rapida, un ventiño sen complicacións, que nunca chegou a molestar, por nada (moi educado él). Bueno agás na saida, non sei si polo efecto contaxio "mira o que está a facer aquel" ou porque na popa rolaba por refachos o que fixo que a maioría das dornas sairan coa vela por estribor, para ter que cambiala a babor, quen antes o fixo adiantou traballo e gañou velocidade, pois os de estribor pelexaban por manter a vela correctamente. No video "Regata do Bao 2011" que está en "yotube" recollese esta circunstancia moi ben. Un servidor, demorou de mais en facer o cambio e eso en estos tempos pagase en postos o remate, pero bueno, "onde irás boi que non ares" dixeronme un día.
De saída, en esa popa que enganou a moitos, xa practicamente se decideu a regata, a saída da Pereka ou a Xarandeira foron moi rapidas, pronto Dorado e Chica nos ensinaron a todos a popa e soio a Xarandeira con Santi e Pimón e Cariñosa lle seguían o ritmo (eso viamos os de atrás). A trás mais pegados o pasar pola primeira boia: Josefa, Mimela, Caracola, Fuxe, Maristela, .... Uns caerían outros subirían clarexando a liña de embarcacións que remontaban esta boia do Leste para ir cara o Norte rumbo ( + - ) Cabodeiro, antes do poligono de bateas, esas convidadas mudas que tanto falan nunha regata. En ese rumbo a popa transformabase nun largo, non moi aberto que facía que as embarcacións colleran velocidade e facíase "a toda pastilla" logo rumbo o Sur, cara a Escola, a situación das boias provocaba unha bolina que decidía, quen meior bolinara ou tomara o cambio na boia do Cabodeiro gañaba postos. Así as dornas arriscando chegaban ata as pedras e miraban as correas ronzando o temón, non se sabe que ninguén fixera canteira (agás a Semparada que nun lance de mala sorte tivo unha saida de pau e ... estaban por decilo finamente, "amolados", sempre e unha magoa que se dañen as dornas). Como decía -a bolina "ceñir" din por ahí adiante- ese rumbo onde a maxia dos patróns e as cualidades das embarcacións tanto decide. Parabens a "A Rona" Meca, vinlle facer un bordo impresionante, bolinou como ninguén e de unha tirada colocouse entre os primeiros, para logo manterse. Como en todalas regatas os duelos particulares mantiñanse e poñían a emoción o longo do pelotón dorneiro.
Mencionar tamén a Zenaida que supo manterse e confirmar ese momento que está a vivir e a manten o "to ten". E a Favorita que saeu ben e aguantou moi ben. E os compañeiros da dorna sen nome de Vilanova, que hasta o final andiveron mnoi ben.
A primeira volta sucedeulle a segunda o percorrido doado e así todos disfrutamos de unha excelente tarde de regata.
Entraron por este orde: Pereka, Xarandeira, Josefa, Cariñosa, A Rona, Caracola, Zenaida, Favorita, Fuxe, Bazarra ..... hasta 34.
Os trofeos outra vez moi bonitos, feitos por xente da casa, autenticos artistas, non oubo camisetas, eso si armonia e "bo rollo" un monte, si este fora vento, ali non paraba ninguén.
Por certo alghuen dixo "txamatelarri" e outro dixo que??!!
Fotos: Luis Da Fonte.