Hai duas cousas que non se explican con palabras: 1ª a XXV Volta a Illa de Arousa de dornas a vela 2ª que se che borre a entrada logo de correxir e cando lle das a publicar. .....
O sea que comezamos de novo. Si queredes podedes poñerlle música, non sei si é a mais o xeito, pero sempre vai coa épica. Bueno, que foi día de FESTA, a ACD. DORNA, monstruos !!, encargaronse de coordinar duas, 2, Voltas a Illa de Arousa, unha en Bicicleta e outra a grande entre as grandes, a das lembranzas, das historias, dos contos das lendas a Volta a Illa de Arousa en dornas a vela e non defraudou a ninguén, porque o de menos foi que non se rematou a regata, oubo que suspendela, por mor do vento. Tamén oubo unha exposición dos 25 anos de historia.
A espectación que xenera unha volta sempre e moita pero en esta ocasión era o 25 aniversario, a raiña estaba de parabens, 25 edicións cargadas de historia, así a bote pronto decir que:
Somentes 3 patróns a gañaron 3 veces.
Ninguén a gañou 3 veces seguidas.
Moi poucos a gañaron 2 veces.
Bueno esta tiña que ter a súa propia historia, para que se recorde, e non foi de outro xeito.
Máxima participación nunha regata de dornas: 62 embarcacións !!, 62!!. E penso que ben pudimos ser mais, pois faltou xente que tamén ten historia na volta e que non estivo. Quen o diría nunha manifestación de caracter cultural e deportivo acadar semellante número, somentes a volta e a devoción que se lle ten podían acadalo. Pero ollo, porque esto xenera adición.
Tres apartados tivo a Regata.
A primeira, unha mañán de calma borrada, o mar como unha balsa de aceite que facía temer por si habería vento, ainda que a loxica daba que sí, pois a marea daba volta a hora da saida.
Historicas tripulacións os Irmáns Parada, na "Fuxe" gañaron unha edición
A segunda, a expectación xenerada, 62 embarcacións, os mais veteranos que ainda estan en activo acercaronse para darlle o saludo a volta, tripulacións tan historicas como os irmans Parada coa Fuxe ou Paco e Ramonet na Lercha, estaban na liña de saida.
A terceira, saida, o que mais e o que menos, decatouse que a cousa non iba a ser un paseo, o vento refrescaba e iba a mais, o "gurudovento" derá forza 4 o "meteogalego" dera ventos frouxos, iría a mais ou amainaría?, esta era a cuestión, así as cousas os que mais puxeron rizos, soio uns poucos foron con todo, e en "candela" (co pau na súa posición mais dereita), sí, oubo quen foi así.
Tomouse rumbo Sur, que era de onde viña o vento, esperaba unha forte empopada que levaría os barcos polo Areoso en diante, ahí estaba o perigo e a regata.
Recomedovos tratar de ver a foto ampliada.
A DECISIÓN, tivo que tomala Taibol, o xuiz, de suspender a proba, e con moi bo criterio. Cando as embarcacións iban rumbo o Faro da Lobeira de Cambados, a flota estaba dispersa, uns o Este outros o Oeste e o resto polo medio do Bohido (así se chama ese mar entre Cambados e a Ponte da Illa) soportando un vento que provocaba sustos aquí e ala. Os meus parabens o Sr. xuiz, creo que acertou de cheo, seguro que habería moitas dornas que rematarían a proba, pero nos tempos que corren non podemos pechar os ollos o risco que se estaba a producir e acertou totalmente o suspendela, dicifil e acertada decisión.
AGORA AS FOTOS QUE POIDEN TIRAR.
Braulio a Jarri, coa "Necora" unha das favoritas o triunfo, deciannos que habería que facer banda. Jarri probaba o sistema, eran o minutos preto da saida e "preparaba" os musculos.
Pero ollo que un refacho traidor, fixo que Jarri, probara a temperatura da auga, unha habil manobra de Braulio un chimpo de Jarri e todo quedou nun susto. Menos mal.
Ahí os van como si non pasara nada. O remate Jarri reia comentando o chiste do simulacro.
Fran e Dani, na "Fungona" (que dorna mais bonita ... donde ibamos, ejem.), adoitaron como primeira medida a seguridade, colleron todolos rizos, esto fixo que navegaran moi tranquilos indo de mais a menos pois sairon de ultimos o pararse tomar os rizos. Ahí os van cara a ponte onde mais de un tivo problemas, triscaron paus e anegouse mais de unha dorna.
Unha vez mais demostrase que o caso non é levar mais o menos vela, se non, como se leva a que se ten.
Felipe e Ricardo na saida iban como si levaran un foraborda, Felipe 1xx Kgrs. de peso era un elemento ideal para a proba e Ricardo un pouco menos, as suas caras amosaban o momento, tensión e a alegria propia da participación a Mª Dolores iba como un tiro.
O remate dous dos favoritos Checo da "Cariñosa" (gafas) comenta con Braulio "Necora" (gafas e bermello) as incidencias tamén esta Juan que coa "Zenaida" está en todas. De gañar a "Cariñosa" esta edición, convertirase na primeira dorna que o fai tres veces consecutivas, haber que pasa. Onte non saíran moi ben pero o potencial de Checho e Victor "Chou" mantiñaos como favoritos.
E aquí dous puntais da FGCMF. Xocas e Lino Prieto (Apupo) con Olga. Lino estivo coa "Semparada" dorna que opta o titulo da meior pintada na tempada 2009 e Xocas e o motor da web da FGCMF, o barbas coa súa muller Olga, padecedoradadedicacióndoseuhome a esa laboura tan pouco lucida pero de tanta importancia. Olga, ti como si fixera vento, aguanta e disfruta.
E para acabar os "dixenronme".
Pois eso, dixeronme que moitas dornas se anegaron por momentos, que algunha incluso envorcou, que si foron 6 ou 8, que si dúas eran da banda norte da ría que ... Eu fixen a seguridade nun sector onde si oubo sustos, pero ninguén envorcou, todo o mundo foi moi precavido e puxo a dorna a súa medida e afortunadamente, de molladuras non pasamos, pero eu non iba en dorna e tamén me mollei.
Agora a esperar cando se fai a regata, ainda que o día da Volta a Illa foi un exito, como decía, quen a gañou? queda aprazado.
SI QUERES SABER UN POUQUIÑO MAIS DA DORNA, NOMES, PEZAS ... E SI QUERES COLABORAR E INCREMENTAR ESTOS APUNTES, ESTÁS CONVIDADO. SEGUE AS ENTRADAS "DORNA DORNA", AGOSTO E SETEMBRO 2009.
Podería vivir en calquera parte de Galicia, sempre que tivera mar. Eu tamén aprendín a mirar o mar por abaixo antes que a nadar. E acompañame todo o ano a salitre. o sabor a salitre cando no verán queda pegada o corpo. Gustame o arrecendo do alquitrén ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario