viernes, 12 de junio de 2009

Xa se cheira

Xa queda ben pouco, vamos que non queda nada que casi mañán ... que xa se cheira!!! e arrecende ben a xeito.

O que mais ou o que menos xa ten a vista posta en Muros, a verdade e que falta ben pouco, un respiro e xa estamos paseando as rúas maradans e disfrutando de todo o seu contorno.

A cousa promete, non se sabe cantos virán de afora definitivamente, pero o outro día falaba con un amigo vasco e confirmbame que nos veríamos en Muros, a verdade, pensando ben a cousa, non é doado vir hasta Galicia uns días, si non se dispón de tempo por non decir de medios, por eso vaia por diante o aprecio do esforzo de todos aqueles que se lian para estar con nos, pensemos que aindas as veces a nos nos costa asistir os nosos eventos. Pero a verdade e que un Encontro planificase dende todolos puntos, dos que o argallan e dos que logo contribuen o seu desenvolvemento.

Para os que somos de pobo, o Encontro e como a "festa" esa onde atopamos os amigos da nenez e que agora están fora, lembramos os momentos ledos da nosa historia e pasamolo ben.
Por eso a inquedanza polo que xa se vé, e que saia ben!!.
A estas alturas xa soio falta que a tarxeta teña saldo e pague o bo tempo, que se axuste ben o vento e o cociñeiro non faie, do resto encargamonos nos.

Nunha entrada anterior deciamos que os cartaxeneros, xa están inscritos, agora despois de falar con algún amiguete de Eukadi tamén podemos decir que teremos unha excelente representación de este pais, bateis e traineras estarán presentes nunha festa a que levan concurrindo dende hai anos. Agora soio falta concretar número pero seguro que se van facer notar.






As fotos pasoumas Arturo Loureiro e en elas podemos ver unha magnifica estampa da tripulación de Pasaia na "Ameriketatik", fermosisima trainera con moitas aventuras e proxectos nas súas costas, marcharon para Pasaia bogando dende Cambados, dixeron que tiveron bon tempo e chegaron pronto.
Tamén J. A. Apraiz "Koiote" no Encontro de Cambados ensinounos como se "singa" en Euskadi, todo un artista co seu batel.
Rematará de pintalo a tempo de Muros? Atopará o que él busca para que luzca fermoso e acorde coa súa edade ?. Voltará a "Ameriketatik" a repasar a todo aquel que teña o atravemento de bogar contra eles?.
Todo esto, e mais veremolo en Muros09, xa queda menos !!

No hay comentarios: