viernes, 5 de junio de 2009

A DORNA DE TITO SILVA

Hoxe son moitos os que animados polo rexurdir das embarcacións tradicionais votanse a recuperar ou facer novas ee.tt., que ben!!. Pero o meu recordo en esta fase de nomes para o recordo, vai para un home singular coñeciamolo todos en Cambados por "Tito" si Tito Silva, cando eu era un neno ala polos principios dos setenta, o tio do meu compañeiro "Susito" andaba na lideira de un barco vello, oia falar e mesmo vira aquel casco que Tito sacara de unha xunqueira. Si ahí andaba Tito con outros, metidos no fregado da ilusión, era unha dorna de tope que andivera o mar, probablemente a única que exista hoxe que fora mariñeira e andivera o mar, digo probablemente sea unha peza única.


Despois co tempo a dorna navegou con tripulación mais ou menos fixa, importante a laboura de Evaristo o ferreiro, fillo de ferreiro e neto de ferreiro ou de Benito Gonzalez, os que eu sempre lembro o redor de Tito e a súa "Airexa".
Decir que no disfrute era un home xeneroso, invitaba a moita xente a navegar, e decir o modelo de promoción xa estaba votado a andar.


Cando eu embarquei por vez primeira foi porque o por aquelas meu amigo Manolo Gonzalez de Sto. Tome amigo de .... me dixo vente ...
Foron uns verans inesquencibles o navegar da embarcación era unha maravilla e o equipo de luxo, así como antes o formarían outros pero a min tocoume navegar con: Tito, Benito, Evaristo, Manolo, Dolores e José Benito e hoxe cando me cruzo con Dolores por exemplo que ten o seu traballo frente da miña casa sempre me lembro da "Dorna de Tito", que ben o pasei. Cando non tiñamos vento Tito decidía encender o "tocadiscos" un vello Brithis Seagul que casi sempre adoitaba encender.
Tamén hai que decir que navegaba coa vella vela de un "star" recortada e aparellaba en cangrexa, como vedes nas fotos de ese anos entrando no porto de Cambados.

Hoxe a dorna segue a navegar da man dos seus sobriños.
Como decía saeu do esvaecemento cando se chamaba "Dos Hermanas", fora mandada construir polo Sr. Avelino Rial a quen lla comprou o Sr. Lorenzo Somoza, buscando Tito de collela din que chegou a un trato co Sr. Lorenzo a cambio de un paquete de Celtas.


Grazas Tito.

No hay comentarios: