jueves, 7 de julio de 2011

X ENCONTRO CARRIL.

Veras Cortegada, por Norte, Sur .... acompañada. Veras velas e velas !!


Barcos e barcos !! E remos e remeiros !!


X ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA.





Que pouco me gusta que o ENCONTRO lle chamen "encontros", os encontros serán o conxunto de citas bianuales, ou os multiples e variados encontros de persóas (animais -agora hai que decilo asi :) ou cousas) en cada día que dura o evento. Pero bueno tampouco pasa nada, sucede que agora veño de ver o escrito por alguén que igual non está posto no tema ou recien chegado e .... (o sinto non o poiden evitar), tamén sei que é unha "parvada".







Agora vai !!!.
Cada dous anos agardamos esta cita con moita ilusión, porque non todolos días a festa e tan grande e diría tan extensa, e digo extensa porque trascende as embarcacións os obradoiros as músicas e a gastronomia para, sobre todo, dende o meu punto de vista achegarse as persóas, a ver e palpar os que de aquí e ala veñen, nun clima de absoluta amizade, onde tamén aproveitamos para gabarnos das nosas embarcacións ou admirar as dos outros. Ou ver o progreso do redito "promoción, divulgación e socialización do patrimonio maritimo e fluvial".

Por certo, votei de menos a xentiña do fluvial, que tan ben nos tiñan acostumados (esperemos que lles pase pronto a treboada).













Podería decir que este foi un Encontro moi ferrolan, moi de nachos, pois tiñamos moita "media construcción" e un inevitable seguimento por parte dos amantes dos galos do pais. Secundino acaparou cronicas e portadas. A prensa e así de lúcida, pero bueno, foi a anecdota principal. Chamabase Secundino, galo de Mos, criado nun poleiro de Ferrol e que por causas non aclaradas disque finou en Carril onde os seus resto descansan na Ría, o carón dos birbirichos e ameixas que lle tocarán cunchas e faranlle o transito mais ledo.

E cando digo que casi parecía do Ferrol, diciao tamén, polas embarcacións .... , pola estrea do "Bote de Pao", que fermosura, que forte, que liñas!!!. Parabens "tio".


E tamén o decía porque foi este Encontro onde moitas embarcacións se presentaron a medio construir ou medio arbolar ou sen arbolar, este era o resultado de dous (20) anos de traballo e crecemento. Vamos a "media construcción" ou medio construidos, viñeron algúns e outros están, todos eles galeóns.


Alguén me dixo (que me perdoe, non me lembro quen foi) "acordaste cando a Jatinha era a dorna mais grande?" Como non me vou lembrar!! , ala polo 2001 as estrelas eran: Luisa, Meca, Nova Marina, Jatinha e Joritas (creo que non esquenzo a ninguén) (bueno a lancha pobeira "Fe em Deus"), erán os "barcos grandes" no 2.003, estabamos pendentes si viñan os do RCN de Sanjenjo, que viñeron, e a Rabandeira que se manifestou como unha excelente velera. E hoxe preguntome: alguén se acordou dos galeóns de Sanxenxo? ou de que a Nova Jorita chegou a tarde do sabado?. Non !!!, ninguén se para xa en quen veu, porque veñen moitos e variados e de moitas partes. Os vascos ... (xa lles chamamos polo nome) que van a mais, os cataláns ou os cartaxeneros que non nos deixan de visitar dende Cambados.




Sí nos decatamos que os da "Fe em Deus" non estiveron, porque están a preparar a súa festa de aniversario e están cargados de actividades, non poideron -magoa. De estos sempre lembrarei a súa presenza (non presenza en Ferrol) cando nos emocionaron no recordo de Manoel Lopes e porque non poideron chegar o quedar averiados en Fisterra.

Xa perdín o fio, ..... decía que moitas medias construccións, e novas !. Rei do Mar, RH 1 e "Illa de Cortegada", "Reiboa", "Bote de Pao", .... Avelino Manuel, Komaira, non son barcos pequenos, todos supoñen un esforzo importante dos colectivos da FGCMF. Esa é a saude do movemento.

Por eso non estou de acordo en chamarlle o "Encontro da resistencia" de que resistencia estamos a falar?. Creo que sería mais xusto chamarlle "o noso Encontro" pois foi tan noso -non tan público- como cando se escomezaba (si hasta tocaron os Viñalar Fantastic Band !!! -non se oian dende Cambados).

Foi noso porque como sempre: trouxemos nos (todos) as embarcacións, fomos todos alí e a xentiña de afora, veu a chamada da festa.

Que non viñeron grandes grupos musicais? bueno, ouberame gustado escoitar de novo, con nos, a Treixadura.

Que non oubo camisetas? (poideron terse feito de pago -xa sabemos que había moito traballo).

Que faltou a comunicación e que algún medio, ainda enrriba torpedeou? unha magoa. A "promoción e divulgación" foi menor e o compoñente economico para a vila que o acolle pois ... Que os voluntarios de Carril (especialmente) e Vilaxoan tiveron que multiplicarse? si!.

Porque os fachos do Concello non encendían? bueno, son así eles, que teñan sorte a lle alumeen e non den mais tropezos en ningún lado.

Eu paseino moi ben, cos amigos, debo recoñecer, que maIs cos que veñen de lonxe, pois os outros que me perdoen, xa os vexo mais. Tamén naveguei, non na "Fungona" que estará botando contra min na praia do Bao, pero é que a data do Encontro non me dou para mais.
Oubo xuntanza de bloguers , expontanea, porque ali nos vimos o carón dunha mesa, Mar, Joan, José Eugenio e Jorge, tamén saúdamos a "Banderas" e os outros nosos, pola rede maiarán cronicas e fotos que como esta vos darán a súa visión do Encontro. E promocionaran, espallandoa, a nosa -de todos- Cultura. O que non quixo facer a "administración".


Por certo, onte cando fun ver o "loro" "Espadeiro", que os de Cambados levamos o Encontro por ser unha tipología moi nosa -de S. Tomé. Dixeronme, que estas noites cando a lua se vence, por entre os loureiros e as varas dos viveiros de Carril, escoitase un kikirikiiiiiiiii!!!!!.



Os feisbuk, estan cheos de fotos e fotos.


domingo, 26 de junio de 2011

X ENCONTRO "A PREVIA" VILAXOAN

Xa está aquí, o Encontro que dou mais que falar, por motivos que nada teñen que ver cos barcos nin coa cultura maritima, pero si con aqueles que deberían facer algo, cando menos votar unha man a conservala e dinamizala. E como non podería ser de outro xeito, xa chegou a alegría para os mais e o axfisie para os menos (algo saben algúns).



Soio era a previa, o vispera da previa, faltaba parte do flota Artabra e tamén de todolos lados, Portugal e resto da Peninsula, tamén virá algún de mais afora, pero bueno, hai tempo que non nos obsesionamos.

De entrada o paisaxe era de paus e paus e hasta de dous paus (quen o iba a decir). Primeiro a flotiña dorneira que se comía a todo aquel que se puxera no medio e logo o pantalán dos medianos.

Menudos medianos, chamarlle mediano o "Luisa" un dos primeiros e estrela que brila vaia onde vaia, ou a "Irmandiña" a dorna que fixeron na de Garrido uns do Grove para ir a America e que hoxe dinamiza ACD Dorna.
Todos xuntos facían a primeira estampa.
Despois, da Ría de Vigo, a traiñeira da Escola Obradoiro Mar de Vigo e dous de Bouzas a Oleira (racu) e a Falucheira, ultima botadura dos de San Miguel, traballadores insistentes onde existan, os da pantalán-museo permamente de Bouzas (como non).

E outros que a esas horas estaban caladiños, pero que non e normal, Ría de Ferrol xunto o Eliseo, parentes separados por un mundo de auga, Norte e Sur de un oficio, o cabotaxe, de que falarían?. Bueno, os algareiros que non faltén, é o que ten ir coa familia pronto escomezan a poñer caras, pero é que xa eran moitos os que arribaran, ainda que ... os que faltan !!!.
No solpor o Evangelina I de Rianxo, compartía co RH 1, o galeón mercado en Cambados e recuperado polos da Abelleira na de Mougan (Cambados-Abelleira-Muros-Illa de Arousa), mira que xa leva mar nos últimos anos.- Como case todolos galeóns estaba de bateeiro. Bon traballo. Ainda lle faltan os paus, como o Komaira, Adelino Manuel ou Rei do Mar, estas recuperacións estanse facendo por conta propia, sen axudas e levan tempo. O Rei do Mar e un exemplo, todolos meses de xeito anonimo os socios que queiran, doan 10 € via domiciliación bancaria, e pouco a pouco faise camiño. E mais amigos, esto é o que ten, os de Ferrol co de Coruxo tan contentos. Logo veu a cea, os de Vilaxoan con moitas gañas de traballar fixeron de abondo, ensalada de pasta, caldeirada de rape e perfecto, si rematan así teremos que voltar a facer outro aquí. A demostración de voluntariado?, simplemente espectacular.

Loga da cea, alguén pensou que a noite estaba fantastica para dar un paseo (con moito sentidiño) e tratar de ver a "ardentía" ou "ardora". Embarcamonos na Oleira e con Braulio de patrón, fixemos un fermoso paseo nocturno onde uns e outros oiabamos o mar buscando o rebulir do peixe a as súas fosforescencias, non oubo sorte.


Pero o paseo, na dormida Ría de Arousa, rompendo coa nosa proa o perfecto espello, era como para non desexar que rematara.

O chegar a porto o lucerío do porto deixaba espectaculares imaxes. O Industrial impoñía con toda a súa arboladura.

Recordo que esto ainda non escomezou ( foi o sabado 25).

domingo, 19 de junio de 2011

VOLTA AROUSA 2011

Bueno, falar da Volta a Illa de Arousa, que decir, o meior e participar nas conversas do "despois da regata", entre o cheiro a sardiñas asadas, os mexilóns e un grolo, ahí tamén se vive e escoita a volta, ou as Voltas da Volta, cada persóa ten unha emoción, sobre todo os do medio, os da escota-relinga-arrocamentos que me pasou !!!.


Vou tratar de contarvos a miña historia de esta nonseicantos edición. A verdade que tiña todo en contra para non aparecer por ali, pero manos mal que fun, non na dorna, na miña Fungona, alguén mo dixo con moito acerto, pero así son as cousas.






Outras veces xa sentín no meu corpo esa sensación previa, onde uns miran de se colocar, outros de preparar e moitos de se saludar, pois a Volta e punto de encontro. Outros tamén para gabarse da súa dorna nova, como era o caso de José un dos "chavales" do pelotón dorneiro que lucía flamante a "Lara Doce", feita por Domingo Ayaso.


A tarde díante da Escola, na praia da Canteira era mais que agradable, unha brisa da Travesía, así se lle chama en Cambados o oeste, decía que teríamos unha boa tarde de navegación.






Como decía os movementos propios da saida, ibanse producindo no medio dos saúdos e a contención nerviosa. Moitos tratando de coller unha boa posición. A saida sería cara o Sur en popa para discurrir en paralelo a Ponte e logo poñer proa o Faro da Lobeira.














E ahí os van!!! Como sempre quen sae meior???
Como non!! o espabilado que xa presentaba a candidatura un dos "de sempre", a Pereka colleu a cabeza, o vento pola popa levaba a todolas dornas rumbo a boia de desmarque que perto da parte central da Ponte suporía o rumbo a regata. O espectaculo, como non podía ser de outro xeito impresionante!!.


Cuarenta e duas embarcacións, poideron ser mais, como en outras edicións, pero estivo moi ben.


En compacto pelotón, favoritos e non favoritos compartían os primeiros momentos da navegación buscando facerse un oco.


A navegación en este tramo foi tranquila, placida e todos saudandose (ou non) miraban o primeiro obxectivo.


Non era outro mais que a que logo sería famosa "boia de desmarque". Alí o de sempre cando chega un perfecto pelotón a unha boia. Alguén lembra cales son as reglas? ou hai reglas? o que si estou seguro e que hai pacencia e boa vontade para sair de ela. E o que non teña pacencia, mal vai, senon que lle pregunten a "Cariñosa". Pode sair carisimo.


Debeu haber de todo, quitame de ahí esa vara!!, que non podo!!, pasoooo!!! a ver por donde???. E pouco a pouco, uns dando marcha atras, outros non, pasarian todos.












Proa a Lobeira, ahí xa se escomezaron a poñer as cartas.



Pereka, Jalerna, Bazarra, Necora presentaban as súas credenciais o triunfo e despois de unha popa, unha de bolina, polo Bohído espallaronse as dornas, con un vento fresquiño, ideal para andar sin traballar, ou casi sen traballar, dependía das circunstancias. Tamén asomaban Caracola, Zenaida ....Xarandeira.


Imaxes fermosas de unha navegación decidida, onde os maestros da bolina puxeron mar por medio e o pelotón estirouse para compoñer unha imaxen chea de velas nun mar que brillaba o sol da tarde.






Da Ponte a Lobeira, alí as sorpresas, así como chegaban as dornas atopanse co mar que forma o vento e a marea que cambiaban a onda e o paisaxe puxose movido, había que traballar, e eran mareas vivas. Alí podíase decidir a regata, os candidatos sabiano, e a decisión podía supoñer "todo".









O cambio de rumbo levaba un cambio de vela, en que momento facelo?
A "Pereka" con Dorado e Vicente, pasou primeiro polo faro, deixandose ir cara o Grove, ata cambiar, logo seguido a "Jalerna" a "Bazarra" e a "Necora". Braulio e Jarri coa "Necora" montaron o faro e viraron, Ricardo e Cartarola na "Jalerna" marcaron e tamén viraron cando tamén, os hasta esa primeiros, da "Pereka" tiñan feito o cambio, Pardavila e Queca na "Bazarra" deixaronse ir mais e pode que ahí perderan algún posto, despois a "Cariñosa", que viña repoñéndose da boia tamen virou perto do faro.
Pouco a pouco.



Ou moitos a un tempo. Foron pasando todos e a cousa era "pasen y vean", que ben ides a bailar.


En este momento para min remataronse as fotos, pois outros labores me tiveron ocupado.

Pero si poiden ver que pasou e que o remate dou coa clasificación final. A "Cariñosa" elixeu sair pegada a terra, bordeando os cons do Galiñeiro hasta chegar o con do Rebello, a Jalerna sigueuna así como os outros, pero a estes dous a forza do mar a correntada que os levaba as pedras doulles para mais, e decir non tiveron que facer o cambio cara a boca da ría hasta mais tarde, Pereka, Necora, Bazarra tiveron que cambiar e con esto "entregar" a unha "Cariñosa" onde a bordo Avelino "Checo" e Victor, sabían que estaban descalificados por ter saltado a boia de desmarque, unha magoa para eles, de ahí a meta ninguén os inquietou, detrás a "Jalerna" que sería a gañadora, seguida pola "Necora" e a "Pereka", despois a "Xarandeira" con Santi e "Pimón" e a "Mimela" da Escola con Salva e Adelino. E de 6ª a "Zenaida", si se pode decir a grata sorpresa, Paio e Juan Piñeiro, mantiveron o tipo toda a regata e a piques estiveron de entrar os trofeos, de 7ª "Fuxe" do Grove, os Parada, nunha fantastica remontada, pois no Bohido marchaban pola cola e tiveron que cambiar a vela. O octavo que me perdóe pois non sei mais.

Como decía ahí se decideu a regata pois a mar estivo "incomodo" hasta pasar ao Areoso, onde a correntada perdía a súa forza e a clasificación nos seus primeiros postos decidida.E como en todo volta que se precie o pasar polo Aguiuncho, polo Norte da Illa, unha calmería deseperou a mais de un, logo no Cabodeiro retomaban o ventiño que tranquilamente os achegaba o Bao. E o quen non estaba peleando pola clasificación podía disfrutar dun fermoso paisaxe que nos ofrece o contorno da Illa. Anxo e Uxio na "Roxiña", conversaban tranquilamente cando os atopei, pasadas todalas dornas polo Areoso.

Resumen: Unha de aprosimasión, outra de lixeiras un chachacha e logo as lentas, para rematar co "libre albedrío", así foi a tarde da Volta. Como si de unha sesión discoteca dos anos 70/80 se tratara. Hasta seguro quen oubo que bailou pegado. E a quen non lle bailou a moza como se queixaba José pois non sabía que tiña a "Lara", que non iba. Noutra será José, señor José digo.


Como a volta tamén é un escaparate apareceu o "Nuevo Sofía" a lucirse, e o que ainda lle quedan pegadas de "pirata", pois non se lle vía o folio.

E esta fermosura do Cantabrico, chegado dende Candás poñia o toque intercultural.

Tamén e de suliñar que debido as restriccións economicas, todo era feito "por nos" e sen coste para a organización, creo que foron os trofeos mais bonitos que vin na Volta a Illa de Arousa. As sardiñas de primeira, os mexillóns impresionantes e o traballo e as gañas da xentiñas da Escola da ACD. Dorna IMPRESIONANTES. Parabens !!!.


Tendes mais fotos no feisbuk.

viernes, 10 de junio de 2011

LEISES NATURAIS

Pasar todolos días polos peiraos ten moitas imaxes de cotio, casi sempre hai cargas e descargas de peixe, subasta ... e redeiras, que sempre asombran, especialmente polas circunstancias do seu traballo, creo que si algo se fixo con merecemento no peirao foi a "nave das redeiras", que non evita as reparacións de urxencia no exterior, sexa verán ou inverno, sempre "en liña directa coa natureza", e logo alguén ainda terá algo que decir.



Pero bueno hoxe despois de hai moito tempo que non activar as neuronas no blogue, ainda que sexa pouco, saeume. Saeume, porque sempre por este tempo nos peiraos e nas rampas de varada hai unha actividade extra, que supera o de todolos días e que a min me gusta especialmente, pois son os días que os barcos se ven enteiros.

Xa sei que moitas veces se enquencen de agardar polo tempo, polo tempo de facer as cousas.



Non podo esquencer cando o chegar as vacacións un dos meus irmans era solicitado por algún armador para pintar o folio da embarcación, para rematar e que lucira ben bonita. De aquela non tiñamos peirados espaciosos nin rampas de varada, todo se facía na praia e todo o mundo andaba por aqueles tempos o mesmo. A limpar. Triana, Sto. Tome ....


Tiña tamén o seu sentido, viña o "Carmen", a patrona, e todolos barcos lucirían ben bonitos na procesión, porque eso sí iban todos, como hoxe casi.


Como decía, son os días onde os barcos se ven enteiros, e donde o bonito das súas formas e outros aspectos queda o descuberto.


Bueno, esta é unha imaxen, onde aparece a evolución dos pequenos barcos da ribeira, dorna, primeiraplanadoira de madeira, primeira de poliester e variacións o caso. E debaixo o caso onde a modernidade trata de imitar o tradicional. O da esquerda pode ser unha "Taylor" de poliester o da dereita e a tipica de "artes menores" da Ría de Arousa. A popa do pesqueiro xa está superada polas cuadradas, nos outros tamén, pero e curioso como era imitada ou é curioso que ainda se poidan dar estar comparanzas. Ahí están.
E como vos decía a flotiña de "artes menores" lista para o seu maqueo anual, ainda falta un mes para o Carmen, pero ahí con calma, secando e logo reparando para rematar coa pintura. Aqui como non hai un amplo espazo, pois en fila.
E o momento de poder disfrutar do traballo dos carpinteiros de ribeira, de ver eso que amin me parecen fermosas liñas.



Ou non tanto, pero bueno, senon quen carga !!!. para eso estan as tipoloxías.




E para ver estos avances que xurden da necesidade e do amor, esforzo ou pasión que algúns lle adican a súa embarcación. Así aquela frase de "Onde estiveches todo o día !!!!????" Coa dorna.


Pero todo tamén ten o seu sentido ecoloxico ou o que e decir o "sentidiño". En este tempo os peixes rematan de desovar, son pequenos, e os de vran ainda non estan no seu punto de todo, pode que no Norte sí. Así que mais vale amarrar, dexar que os peixes medren e logo despois da patrona, que por algo o é sair a pescalos.

Decía un experto patrón do cerco, que hasta despois do Carmen sair o mar e non gañar cartos era un feito. O sea que todos a pintar!!!!!


martes, 15 de febrero de 2011

Impresións

Hai días que son propios, e decir, non che pertenecen, pertenecenlle e ales, son os que non dependen de ti, movente, impresionante e vai no día, porque non depende de tí.
Un destes pasados foi un de esos días, nun principio todo é normal. Sair o mar (a pescar -ou non) e cear con un dos amigos permanentes, dos invariables, pasen as follas do calendario, vexaste ou non te vexas, non fai falta reciclarse, nin facer cousas raras e dos permanentes por razón de vida. Pois como decía todo era normal, previsible, agradablemente planificado dende a ilusión que ambalas dúas cousas me producen.
Pero todo tornou excepcional, impresionante. Supoño que e a virtude das sensacións, magnificar, elevar e sacarnos na monotonía.


Sempre digo que cando estou no pantalán cada amarra que solto (teño 4) pecho unha porta do cerebro e abro outra, cando saio polo faro do peirao xa pouco me queda por pechar e cando sobrepaso a Lobeira entro nunha amnesia do terrenal e entro no mundo das sensacións, soio me leva ocurrindo uns ..... anos. E meior terapia que teño contra moitas cousas, que en ese entorno perden o seu caracter de importancia, incluso me olvido das fealdades, e vaia si non hai!!. Postos así, soio me queda disfrutar, decíame alguén que me acompañaba na dorna "e que si non podo contarl estas sensacións, é que non me entenden" (así que, espero me entendades). Que si o ceo que si o mar que si os peixes que si ........ Bueno pois, que grande é o mar!!!. Eu non son mariñeiro, eu non son navegante eu paseo no gran lago que é a Ría de Arousa, e que non teñamos moito norte!! vale. Pois eso, son navegante de lago, e decir, coñezo o vento, pero non coñezo o mar, e istoi foi o que me impresionou, verme tan pequeno a bordo do meu barquiño diante da "muralla" que te eleva e te volve a baixar en armonia, perto da boca da Ría (esto era o excepcional), que mar unha tras outra a olas levantabanse invertebradas, inspiradas polos baixos e mostraban toda a súa amable fermosura, "orjeaban" me dixeron. Poucas veces se ven orjear os baixos do medio da Ría dende Cambados. Din que polo Sur de Cambados, no lado que mira a Toxa e a Noalla, polas noites de Temporal ainda se oie o mar na Lanzada. Miña nai, decíame que esto antes da contaminación de son, esto era normal.

Eu no medio do lago, escoitaba o mar nos baixos das Pedras Albas, nas Lobas e disfrutaba do espectaculo subindo e baixando. Nunca me pasara.

Como será estar no medio de unha de estas??!!!!!!

Con días así un chega a terra co peito enchido, ufff !!!, para contar, son de esas cousas, das que teñen que enterderte, sino para quen falas?.

Pola noite sensacións encontradas e o recordo para unha persóa que se foi.

Bueno, xa que non hai regatas e pouco imos a lixar, ou nada, non por falta de desxo. Polo menos, baño de sensacións. E que o corpo esperta.