Pasar todolos días polos peiraos ten moitas imaxes de cotio, casi sempre hai cargas e descargas de peixe, subasta ... e redeiras, que sempre asombran, especialmente polas circunstancias do seu traballo, creo que si algo se fixo con merecemento no peirao foi a "nave das redeiras", que non evita as reparacións de urxencia no exterior, sexa verán ou inverno, sempre "en liña directa coa natureza", e logo alguén ainda terá algo que decir.
Xa sei que moitas veces se enquencen de agardar polo tempo, polo tempo de facer as cousas.
Non podo esquencer cando o chegar as vacacións un dos meus irmans era solicitado por algún armador para pintar o folio da embarcación, para rematar e que lucira ben bonita. De aquela non tiñamos peirados espaciosos nin rampas de varada, todo se facía na praia e todo o mundo andaba por aqueles tempos o mesmo. A limpar. Triana, Sto. Tome ....
Tiña tamén o seu sentido, viña o "Carmen", a patrona, e todolos barcos lucirían ben bonitos na procesión, porque eso sí iban todos, como hoxe casi.
Como decía, son os días onde os barcos se ven enteiros, e donde o bonito das súas formas e outros aspectos queda o descuberto.
Pero todo tamén ten o seu sentido ecoloxico ou o que e decir o "sentidiño". En este tempo os peixes rematan de desovar, son pequenos, e os de vran ainda non estan no seu punto de todo, pode que no Norte sí. Así que mais vale amarrar, dexar que os peixes medren e logo despois da patrona, que por algo o é sair a pescalos.
Decía un experto patrón do cerco, que hasta despois do Carmen sair o mar e non gañar cartos era un feito. O sea que todos a pintar!!!!!
5 comentarios:
A min tamén me presta ver os barcos en terra, teñoo por símbolo de actividade e non de parada.
Moi bo o do "bulbo" nese barco.
Ola Xocas, é unha pasada, o dos barcos. O do bulbo pois parece que lle vai ben, é un barco moi potente. Pero xa ves que tamén o temón ... hai quen lle quere o barco.
O do timón non entendo como funciona.
Penso que é un estabilizador, impide que se enterre de popa o dar forza avante, e do mesmo xeito o desacelerar. Quen ten que sufrir e o temón
Ola fernando,
te escribo desde Iruña. Estoy interesada en hacer un curso de dorna este agosto. Tu me puedes informar si hay cursos y a donde me puedo dirigir. Seguramente estaré alojada en Vilanova de Arousa.
Perdona que no te pueda escribir en Galego
Moitas graciñas
ainhoaaranburu@hotmail.com
Publicar un comentario