Vou tratar de contarvos a miña historia de esta nonseicantos edición. A verdade que tiña todo en contra para non aparecer por ali, pero manos mal que fun, non na dorna, na miña Fungona, alguén mo dixo con moito acerto, pero así son as cousas.
Outras veces xa sentín no meu corpo esa sensación previa, onde uns miran de se colocar, outros de preparar e moitos de se saludar, pois a Volta e punto de encontro. Outros tamén para gabarse da súa dorna nova, como era o caso de José un dos "chavales" do pelotón dorneiro que lucía flamante a "Lara Doce", feita por Domingo Ayaso.
A tarde díante da Escola, na praia da Canteira era mais que agradable, unha brisa da Travesía, así se lle chama en Cambados o oeste, decía que teríamos unha boa tarde de navegación.
A tarde díante da Escola, na praia da Canteira era mais que agradable, unha brisa da Travesía, así se lle chama en Cambados o oeste, decía que teríamos unha boa tarde de navegación.
Como decía os movementos propios da saida, ibanse producindo no medio dos saúdos e a contención nerviosa. Moitos tratando de coller unha boa posición. A saida sería cara o Sur en popa para discurrir en paralelo a Ponte e logo poñer proa o Faro da Lobeira.
E ahí os van!!! Como sempre quen sae meior???
Como non!! o espabilado que xa presentaba a candidatura un dos "de sempre", a Pereka colleu a cabeza, o vento pola popa levaba a todolas dornas rumbo a boia de desmarque que perto da parte central da Ponte suporía o rumbo a regata. O espectaculo, como non podía ser de outro xeito impresionante!!. Cuarenta e duas embarcacións, poideron ser mais, como en outras edicións, pero estivo moi ben.
En compacto pelotón, favoritos e non favoritos compartían os primeiros momentos da navegación buscando facerse un oco.
A navegación en este tramo foi tranquila, placida e todos saudandose (ou non) miraban o primeiro obxectivo.
Non era outro mais que a que logo sería famosa "boia de desmarque". Alí o de sempre cando chega un perfecto pelotón a unha boia. Alguén lembra cales son as reglas? ou hai reglas? o que si estou seguro e que hai pacencia e boa vontade para sair de ela. E o que non teña pacencia, mal vai, senon que lle pregunten a "Cariñosa". Pode sair carisimo.
O cambio de rumbo levaba un cambio de vela, en que momento facelo?
A "Pereka" con Dorado e Vicente, pasou primeiro polo faro, deixandose ir cara o Grove, ata cambiar, logo seguido a "Jalerna" a "Bazarra" e a "Necora". Braulio e Jarri coa "Necora" montaron o faro e viraron, Ricardo e Cartarola na "Jalerna" marcaron e tamén viraron cando tamén, os hasta esa primeiros, da "Pereka" tiñan feito o cambio, Pardavila e Queca na "Bazarra" deixaronse ir mais e pode que ahí perderan algún posto, despois a "Cariñosa", que viña repoñéndose da boia tamen virou perto do faro. Pouco a pouco.
Debeu haber de todo, quitame de ahí esa vara!!, que non podo!!, pasoooo!!! a ver por donde???. E pouco a pouco, uns dando marcha atras, outros non, pasarian todos.
Proa a Lobeira, ahí xa se escomezaron a poñer as cartas.
Pereka, Jalerna, Bazarra, Necora presentaban as súas credenciais o triunfo e despois de unha popa, unha de bolina, polo Bohído espallaronse as dornas, con un vento fresquiño, ideal para andar sin traballar, ou casi sen traballar, dependía das circunstancias. Tamén asomaban Caracola, Zenaida ....Xarandeira.
Imaxes fermosas de unha navegación decidida, onde os maestros da bolina puxeron mar por medio e o pelotón estirouse para compoñer unha imaxen chea de velas nun mar que brillaba o sol da tarde.
A "Pereka" con Dorado e Vicente, pasou primeiro polo faro, deixandose ir cara o Grove, ata cambiar, logo seguido a "Jalerna" a "Bazarra" e a "Necora". Braulio e Jarri coa "Necora" montaron o faro e viraron, Ricardo e Cartarola na "Jalerna" marcaron e tamén viraron cando tamén, os hasta esa primeiros, da "Pereka" tiñan feito o cambio, Pardavila e Queca na "Bazarra" deixaronse ir mais e pode que ahí perderan algún posto, despois a "Cariñosa", que viña repoñéndose da boia tamen virou perto do faro. Pouco a pouco.
Ou moitos a un tempo. Foron pasando todos e a cousa era "pasen y vean", que ben ides a bailar.
Pero si poiden ver que pasou e que o remate dou coa clasificación final. A "Cariñosa" elixeu sair pegada a terra, bordeando os cons do Galiñeiro hasta chegar o con do Rebello, a Jalerna sigueuna así como os outros, pero a estes dous a forza do mar a correntada que os levaba as pedras doulles para mais, e decir non tiveron que facer o cambio cara a boca da ría hasta mais tarde, Pereka, Necora, Bazarra tiveron que cambiar e con esto "entregar" a unha "Cariñosa" onde a bordo Avelino "Checo" e Victor, sabían que estaban descalificados por ter saltado a boia de desmarque, unha magoa para eles, de ahí a meta ninguén os inquietou, detrás a "Jalerna" que sería a gañadora, seguida pola "Necora" e a "Pereka", despois a "Xarandeira" con Santi e "Pimón" e a "Mimela" da Escola con Salva e Adelino. E de 6ª a "Zenaida", si se pode decir a grata sorpresa, Paio e Juan Piñeiro, mantiveron o tipo toda a regata e a piques estiveron de entrar os trofeos, de 7ª "Fuxe" do Grove, os Parada, nunha fantastica remontada, pois no Bohido marchaban pola cola e tiveron que cambiar a vela. O octavo que me perdóe pois non sei mais.
Como decía ahí se decideu a regata pois a mar estivo "incomodo" hasta pasar ao Areoso, onde a correntada perdía a súa forza e a clasificación nos seus primeiros postos decidida.E como en todo volta que se precie o pasar polo Aguiuncho, polo Norte da Illa, unha calmería deseperou a mais de un, logo no Cabodeiro retomaban o ventiño que tranquilamente os achegaba o Bao. E o quen non estaba peleando pola clasificación podía disfrutar dun fermoso paisaxe que nos ofrece o contorno da Illa. Anxo e Uxio na "Roxiña", conversaban tranquilamente cando os atopei, pasadas todalas dornas polo Areoso.
Resumen: Unha de aprosimasión, outra de lixeiras un chachacha e logo as lentas, para rematar co "libre albedrío", así foi a tarde da Volta. Como si de unha sesión discoteca dos anos 70/80 se tratara. Hasta seguro quen oubo que bailou pegado. E a quen non lle bailou a moza como se queixaba José pois non sabía que tiña a "Lara", que non iba. Noutra será José, señor José digo.
Como a volta tamén é un escaparate apareceu o "Nuevo Sofía" a lucirse, e o que ainda lle quedan pegadas de "pirata", pois non se lle vía o folio.
Tamén e de suliñar que debido as restriccións economicas, todo era feito "por nos" e sen coste para a organización, creo que foron os trofeos mais bonitos que vin na Volta a Illa de Arousa. As sardiñas de primeira, os mexillóns impresionantes e o traballo e as gañas da xentiñas da Escola da ACD. Dorna IMPRESIONANTES. Parabens !!!.
Tendes mais fotos no feisbuk.
2 comentarios:
Excelente crónica, Fernando.
E menos mal que andabas por alí. Xa nos víamos coa dorna peteirada polas "galiñas" do Galiñeiro.
Malena
Que va, hai patrona!!
Publicar un comentario