miércoles, 26 de agosto de 2009

REGATISIMA DO BAO "A REGATA"

O longo dos días previos a meiga do vento pronosticaba unha forza 4 para a hora de regata, a verdade e que non poido ser mais diferente, a hora da saida unha "placida" calmería facía que o sol dorara sen piedade as cabezas de todos é decir, en argot, unha "solleira" de primeira. O sea que, pronostico a tomar vento !!!.




A regata saeu no medio de esa desesperante situación, Dorado que tras ser o primeiro en armar, con diferencia, e que se veu afectado porque o temón non lle entraba, incluso "Chica" tivo que tirarse o mar, decía que non tiña importancia pois ninguén podía "irse".

Así as cousas oubo duas opcións na saida, os que foron cara a Vilanova, para virar no medio e os que foron cara a Riasón e tratar de pillar a boia que estaba o Norte da Escola, antes das bateas.



Por momentos no medio de esa calmería uns iban o outros viñan tratando de buscar o refacho que inflara a vela, nun principio calquera apostaría polos que foron buscar o vento cara a Vilanova, pero foron os que optaron por unha acción intermedia saida cara Vilanova e doblando rapido a Riasón os que pasaron primeiro: Bazarra, Jalerna, Caracola, Xarandeira e Necora en moi pouco espacio, ata esta boia unha bolina, da boia o paso de embarcacións pola Ponte unha popa, que matizaría distancias, logo o paso pola ponte e un rumbo a un largo que supuxo o paso pola batea de vixiancia que Xarandeira adiantara a Caracola e presionaba a Jalerna e Bazarra, así no rumbo de volta cara a ponte a Jalerna marcaba unha diferencia clara, perseguida, por Xarandeira, Bazarra, Maristela, Pereka, Cariñosa.


Pero en esto chegou o convidado que ninguen esperaba, eran o redor das 17,00 h., mareas vivas moi vivas de un coeficiente de 3,9 m. unha sinon a mais alta marea do ano e no Bao, baixo a Ponte a marea ten unha forza impresionante motivada polas columnas e a necesidade de pasar por entre elas.

A Jalerna viña de primeira, detrás .... e ahí escomezou a historia de novo, entre boias, columnas, dornas que aindan pasaban, e forte correntada a jalerna non da pasado, a Bazarra intentao como pode, cruzan primeiro a ponte cara o Bao a Xarandeira e a Maristela. E cousas do destino, a Maristela cruza segunda, mentras a Jalerna manobraba e voltaba a manobrar, mais entre a correntada e as dornas que ainda pasaban vese abocada a zafarse do pilar axudandose das mans o que lle supuxo unha virada de sanción e quedar outra vez sen pasar a ponte, rematabase a regata polos primeiros postos para esta dorna, Claudio en terra lamentabase amargamente.


Zafados da Ponte os primeiros eran Jalerna, Xarandeira, Bazarra e Cariñosa detrás outro grupo, Forza R, Perka .... e despois o resto, que de un xeito mais ou menos divertido loitaba por facer os rumbos en contra da temida correntada. Por estas o vento xa tiña aumentado, e sin ser forte, permitía unha navegación clara e rapida, ainda que de cando en vez algún que outro refacho daba sorpresas. Poderíamos decir que a regata entrou nunha situación de impas ata a volta seguinte, como decía o vento era o mesmo para todos non tiñamos ningún rumbo dificil e simplemente as dornas acercabanse ou alonxabanse sen repercusión de importancia. Si todo así ata o tramo final.




Quedaba a temida segunda volta e decir voltar a pasar pola Ponte coa correntada en contra. Nos adiantamos na navegación e imos o paso da batea de vixiancia, praia Sur do Bao. Parecía que casi todo estaba vendido. Xarandeira-Jalerna-Cariñosa disputaríanse os tres primeiros postos, esa era a emoción, detrás: Pereka, Bazarra, Forza R, Necora, Larpeira e un rosario ata a última.




A aproximación a Ponte era tensa, Xarandeira, Jalerna e Cariñosa, por este orden, trataban de imaxinar o cambio para non padecer contra as columnas, ninguén dos tres tiña ollo para outra cousa.




A Xarandeira fai a primeira aproximación cando de repente pegada a Ponte, tapada polo sol de fondo aparece unha dorna nunha forte bolina, dereita, decida e con forza, quen é?, detrás veñen outras dúas, coa mesma decisión.

Cruzan a Ponte, 1º Bazarra, 2º Forza R, 3º consigue ser a Xarandeira, 4ª a outra "intrusa" a Pereka e 5ª a Jalerna. Xa ninguén a moveu, da Ponte a Praia do Bao unha tensa espera hasta celebrar a posición. Fantastica bolina de Bazarra, Forza R e Pereka que mais arrimadas a Ponte aproveitaron un refacho que sorprendeu os "escapados", que lles permiteu arrimarse para facer o cambio con velocidade e non verse enrredados pola correntada. Magnifica a regata da Jalerna, onde Ricardo e Cartarola, estiveron sempre diante, non menos a Xarandeira, e de quitar o sombreiro a reacción final dos gañadores que souperon leer a regata e aproveitandose da marcaxe que levanban os destacados, coláronse para gañar.

Quen daba mais?

4 comentarios:

bea dijo...

unha narración excelente.
nós, namoradas da correntada, non nos coscamos de nada do que pasou na regata.
o que máis pena nos deu foi non poder ir co noso "pelotón podrén" disfrutando do espectáculo.
fernando, o nome de usuari@ e contrasinal do album web picasa está á túa disposición para que subas as fotos que queiras.
témolos susana, olga, juan e máis eu
bicasos

Fernando dijo...

Fixechedelo moi ben, algún na súa primeira, non foi quen de poñer o temón e tiveronlle que saltar a bordo a poñerllo.

Apertas

olga dijo...

Noraboa pola reportaxe tan detallada. Podes ver máis fotos en http://bemilladoiro.blogspot.com/2009/08/unha-tarde-na-escola.html

Mª Dolores dijo...

Impresionante,emocionante e fantastico e o teu blog Fernando.¡Enhoraboa!Non fun ver a saida este ano e mira ti por donde disfrutei mais que nunca.Grazas.