A dorna do "Caramuxo" boga nas regatas en Cambados, este pobo tivo unha grande sona en toda ría polas súas boas tripulacións a remo, "eran imbatibles" logo co tempo ... perdeuse.
Hoxe estou escribindo esto despois de ter que tomar a decisión de aplazar a Regata do Albariño que tiña que terse celebrado o pasado día 8, sabado. Ter que decidir suspender unha regata e fastidiado, a realidade estaba a favor da suspensión, ainda que sempre alguén dirá "que non iba tanto vento", pero sería de tolos desenvolvela con unha previsión de forza 5 e non porque as dornas non naveguen con este vento, si non porque non está permitido pola lei facer unha regata con mais de 16 n/h. e decir forza 4 max. A mañan espertabame coa noticia de que a un compañeiro o tiveron que ir a buscar xa de noite, pois co vento non era capaz de quitarlle a auga a dorna que tiña cu arriba. Cando aprenderemos?.
Tamén este ano para min está a ser moi estrano, pois ainda non poiden asistir a ningunha regata, o cal non quere decir que non me entere, pero o traballo o tempo e os rigores fisicos, teñen provocado o meu afastamento, hai anos así, dou fé, mesmo te fan pensar e a verdade e que mais ben sería chamarlle "malpensar". Será uha fase.
Bueno pois como decía está tempada está a ser irregular, porque ¿?, pois porque estabamos acostrumbrados a presencia ou dominio de unha embarcación ou outra, lease "Necora" ou "Cariñosa" con outras leves aparicións, pero o de este ano resulta impresionante.
Sacarlle o sombreiro a familia Parada que este ano está na de eles, a "Fuxe" atopase a gusto e estao a amosar. O mais senlleiro cicais a Volta a Illa onde fixeron primeiros, logo tamén primeiros na Regata da Dorna, e decir en duas das grandes, na "navegación de altura". Manolo e o resto da familia Parada están para foto, pois non repetiron tripulación, irmáns, sobriños, netos, fillos, non collén na foto, pero a "Fuxe" e moito, e bon facer de esta familia moito mais, e lembremos que Cambados daselle ben .
Tamén a "Bazarra", Pardavila anda fino e este ano disputa polos primeiros, como sempre, pero con mais dente, él gañou a Regata dos Faros no Grove. Logo tamén a "Cariñosa", a "Necora" ou a "Jalerna" onde Cartarola quere escomezar como rematou o ano pasado, na cabeza.
O denominador común a todalas regatas foi ese ventiño "andador" tirando a fresco que non molesta e fai disfrutar facendo deporte a aproveitando habilidades.
E chegada esta altura do ano, ainda esta media tempada no mar: Bao, Albariño, San Vicente, Palmeira e Marisco, casi nada. Esperemos que veña o bon tempo e o vento nos da para disfrutar.
Por certo Bao e Albariño, están aprazadas, ainda que a primeira parece que se celebrará o 22 de agosto a do Albariño está a espera. E esta fin de semán que ben a de San Vicente, con saida e chegada en Pedras Negras.
Fotos. coor Luis da Fonte, antiga ...
2 comentarios:
É o tempo e somos nós em mudança. Melhores dias viram para se navegar e rever os amigos
Abraço desde o mar ao sul
Por certo cando te vemos a tí ?, xa vai sendo hora, senon facemos unha reunión.
Unha aperta companheiro
Publicar un comentario