domingo, 13 de junio de 2010

HABEMUS X ENCONTRO.




carril 2011

X ENCONTRO


Non podía ser de outro xeito, senon, tampouco sería moi xusto, era a 3ª vez que Carril e Vilaxoan presentaban candidatura a celebración do "Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia", a 1ª vez, porque era Ferrol, a 2ª disque costou mais, pero "era Muros" e o conxunto de toda a súa sociedade, agora casi xa non cabían disculpas, unha vez mais, Carril e Vilaxoan plantexaron a súa candidatura, había outras asociacións onde se barallara a posibilidade de candidatura e incluso se chegara a manifestar via blog, pero a decir verdade, eran unha alternativa. Na miña opinión nada se podía facer si as Asociacións de Carril e Vilaxóan por 3ª vez presentaban cartel, sería inxusto. Rompetimóns e Vilaxoan son dúas asociacións activas, que participan da vida federativa, asisten as Asambleas e están onde hai que estar, colaborando, organizando ou participando.

Será do 30 de Xuño o 03 de xullo de 2.011.





A verdade, para min que estiven na Asamblea de RATIFICACIÓN, era a sensación de un proxecto que asumía as experiencias anteriores e con un Concello "volcado", non deixou nada o que poidera pasar. PARABENS !!! Rompetimóns e Vilaxóan, agora a facer o sono realidade e a cumplir co desexo de todos nos, un bon "Encontro" "o meior" coma sempre.
O que sí se pode apreciar a hora de decidir o lugar de Encontro e a maior implicación da sociedade nos proxectos, hai tempo erán as asociacións as que co "permiso" dos Concellos, e mesmo por elas soias as que se votaban a argallar o evento. Agora os proxectos veñen avalados polo conxunto da sociedade da vila candidata. Asociacións de veciños, culturais, de comerciantes ... todo o colectivo e consciente do interés e da relevancia do noso Encontro, non é que antes non participaran e que agora ademais son notorios.

Ilustran a entrada, as suposicións sobre a forma da imaxen do X Encontro e da área de navegación posible (ainda que non se vexa moi ben).

Que sexa corta a espera.

lunes, 31 de mayo de 2010

FACENDO CAMIÑO. IES FELIX MURIEL

O luns 31 de maio, tiven a oportuinidade de estar presente na presentación do traballo que sobre os nomes asociados os elementos propios da actividade no mar, das embarcacións, que estiveron a facer no IES. Falix Muriel de Rianxo. O Equipo de Normalización e Dinamización Linguistica do centro, desenvolveu durante tres anos o traballo, polo cal foron recoñecidos e premiados ano tras ano. Hai dous acompañado polo vicepresidente da FGCMF Francisco Fernandez Rei, os dous representando a mesma, tivera a honra e o pracer de asistir a presentación da primeira parte do traballo, agora lembraronse de nos e para o remate repetiron a chamada as persoas qeu aquel día os acompañaron a presentación de, O MEU MAR A MIÑA LINGUA.
(PREMER ENRRIBA DAS LAMINAS PARA VER)




Lembro de aquela, cando fora por vez primeira asombrarame a capacidade e a ilusión, amosada polo equipo, composto por alumnos e profesores do IES F. Muriel, eles son os responsables da elaboración das laminas sobre diversas embarcacións que ultimamente acompañan as publicacións da propia FGCMF nas súas representacións.
Un gran esforzo que nos tempos que corren veu menguado o seu orzamento, pero non a súa ilusión e traballo.


Entrevistas, fotos, debuxos, laboura de investigación que se plasma nunha revista, de onde son sacadas estas imaxes, así como diferentes laminas, adicadas a cada unha das embarcacións, que van dende a lancha xeiteira, tan rianxeira ela, como a canoa ou o barco da batea, tan propio xa dentro das nosas tipoloxías.

Para todo este traballo o seu esforzo desenvolveuse con entrevistas e recollida de datos no seu entorno e decir, dende o familiar ata o dos veciños e profesionais, carpinteiros de ribeira, asteleiros ... O resultado, de premio, non é para menos, polo que deben sentirse ben orgullosos.


O traballo e amplo en non dubidaron en achegarse a canoa ou as piraguas, onde atoparon a colaboración do clube de piraguismo de rianxeiro, así tamen se describen os modernos aparellos dos veleiros actuais, o que nos ofrece unha variada e interesante mostra do vocabulario, das voces, das embarcacións, tanto de traballo como deportivas.


As fotos acompañanse de texto superposto onde se sinala o nome do elemento, o que facilita a súa visualización e comprensión.
Agora a esperar que cheguen os fondos necesarios para establecer unha canle de difusión acorde coa valía do traballo.
Todo un pracer poder estar con eles, unha, mais outra vez. De aquela "Dornablog" ou "fungona.blogspot", non existía, pois foi antes de Brest, hoxe é unha honra dar conta de esta historia.



lunes, 10 de mayo de 2010

OS QUE FAN AS DORNAS

Que alguén teña pensado en poñerse a reparar unha dorna?, si pode ser. Eu mesmo, nunha ocasión pensei en facelo, a verdade é que menos mal que non o fixen, pois é complexo en función da fondura da reparación, unha taboa?, bueno, un costado? ... . Pero facer unha dorna requiere mais, Sobre todo requiere saber, e non soio de cortar taboas ou clavar puntas, requiere saber de barcos, de madeiras, de condicións e de aptitudes e despois de esto ser mañoso, pois unha dorna e un producto de inxeñería.

Coñezco varias persóas que fixeron unha dorna, unha. Pero mais de unha ... xa soio coñezo a dúas. Os motivos son variados, supoño que o primeiro é que hai que saber onde se mete un e segundo, facelo rentable, facelo rentable cos prezos que corren. E que eu son da opinión que hoxe en día facer unha dorna e barato, en calquera lugar por facer un barco nos cobrarían mais, pero aquí en Galicia, facer unha dorna eu penso que é barato, debe ser por como decían que "a dorna é o barco dos pobres", igual esto condicionou o seu prezo ano tras ano.

Como decía coñezo duas persóas que fan dornas, unha está en Riveira e a outra na Illa de Arousa. Cada un fai a "sua dorna" e decir o seu deseño, coas súas particularidades, por exemplo será dificil que Ramón Blanco faga unha dorna de "tilla corrida", a min dixome ..., si vamos pola de Domingo Ayaso, moi probablemente a dorna que esté a facer teña a "tilla corrida". Supoño que un, Ramón, fai dornas na praia do Cabodeiro, unde o "xurro" do rio Ulla, chega con forza, por onde baixa o "puallo" e chega a Rua. E o outro, Domingo, fai as dornas mirando a porta da ria, onde rompe o mar, onde Salvora da abrigo dos ventos que tratan de entrar a mesma. Non creo que sea unha razón estetica nin de economía, eu creo que é de orixen e de necesidade, adaptación o medio.


Despois penso que esto de facer dornas imprime marca, cando un visita a calquera dos dous carpinteiros a verdade e que o seus taieres, de entrada, parecense, salvando as distancias, porta pequena, unha fiestra por onde entra o sol e as paredes "adornadas" polas plantillas das varengas, que a dorna non ten cuadernas. Logo salpicadas de ferramentas e algun "poster" completan a súa decoración. Cada vez que entra un de nos (dos que non damos negocio), a resposta pode variar en función da hora e do choio. Lembro que a primeira vez que fun a Riveira a de Ayaso costoume un "algo" falar sen presa con él, logo non. Na de Ramón (son mais coñecido) foi algo parecido, agora e verdade e que xa non é así, cando entro pola porta da de "Moncho" (que cambadés!!, dirame), xa sabemos que imos ter farra, para de traballar e falaremos de dornas, de dornas, de regatas e de mil cousas mais de dornas e a tarde pasará placidamente, en tertulia, como si non oubera que facer mais, como si nos puxeran ali para disfrutar falando de dornas, sempre sin alterarse, recordando historias.

Hai uns días estiven pola de Domingo Ayaso, ibamos a encargar unha dorna para un amigo e casi volveu a a acontecer o mesmo, non coñezo o Sr. Ayaso, non podo decir como é, parece que as palabras que dí son mais espaciadas. Pero si poiden comprobar o seu xesto amable a súa faciana traquila e a verdade foi que me volvín a atopar falando de dornas con outro "facedor", sen presa, como si nos deran o tempo de balde. O final salvando as distancias entre as dúas persoas, tiven a sensación que esto de facer dornas, debe aportar pacencia e con ela dosis de amabilidade e semelloume que entre unha e outra carpintería non tiñamos moita diferencia, porque a tarde pasaba igual de rapido.

E o sair de ali, mentras viñamos de volta para o leste, pensaba en que non quedaba xa casi ninguén facendo dornas, algo que xa se sabe. Moncho sempre dí "esta e a última" e nunha de estás será certo, o de él é casi afeczón o de Domingo tera mais duración, vive das dornas, das reparacións e dos novos proxectos. Ali estaba a facer outra "Rabandeira", con destino Vigo oito metros de eslora carreirana, xa tiña folio e o alquitrén daballe coor e cheiro. Pero a verdade é que non é un mozo.
Mentras conducía, en silencio, non deixaba de recordar o que disfrutara da charla que tiveramos e das moitas que tiven e tiven con Moncho. Dos seus taieres, das súas personalidades (probablemente moi diferentes), da súa amabilidade, da súa sinxeleza.
E agora penso si para facer dornas non soio haberá que saber facer barcos, e coñecer madeiras e clavar puntas e ... O meior tamén hai que ter personalidade de facedor de dornas. Porque dornas, non as fai calquera.








martes, 27 de abril de 2010

AHÍ VEN O INDUSTRIAL

Cando se vive no fondo Leste da Ría de Arousa, atravesala coa mirada e moi doado ala o fondo sempre está o Con de Nor e a Illa de Salvora, despois de chover e con un bo día de sol e tamén polas noites podese ver "Riveira" e digo "Riveira", porque non soio é esa vila, senon todo o conxunto de pequenas vilas, parroquias e casas. Sempre me chamou a atención ver en algún libro de marcas como se facía referencia as "Casas dos Protestantes" como un grupiño de casas brancas agrupadas na beiramar, a verdade que nunca o poiden comprobar, pero esa é a costa W-NW da Ría para un que casí está no Leste.

Outro xeito de miralo e poñer medios e acercarse ata esas manchas luminosas e brancas, cousa que para uns é de coitio, pero para outros coma eu, non, casí é excepcional. Lembro sempre cando merquei a miñ aprimeira dorna, que todolos domingos percorríamos (con pracer) Aguiño, Castiñeiras, Riveira, Palmeira ... buscando que aparecera a que nos gustara, como apareceu. E casí como non podía ser de outro xeito ... en Aguiño, a porta da ría.

Alí ollabamos unha por unha casí polo pracer de ollar aquelas bermellas embarcacións, perdeuse o negro por mor da normativa, ainda que de aquela algunha estaba "como sempre". Chamoume a atención en dez anos como disminueu o número de dornas que descansaban na explanada da rampa (ates sería lavadero).

Así con estas vistas onde a coor o mar e o mar fan o paisaxe fermoso, miramos para "O Industrial".

O Industríal está sendo fortemente remozado nos "Asteleiros de Aguiño", onde polo que se pode apreciar dende perto do barco están a desenvolver un bon traballo a verdade e que para os que víramos o galeón antes de partir para Aguiño, resultaríanos irrecoñecible.
Oo primeiro que atopamos o entrar polo Asteleiro foron as pezas preparadas para a súa restauración.
Acordeime que si alguén sabe dos nosos galeóns un de eles e Luis o de Vilanova, patrón do Novo Sofía, e él foi o que por riba me contou algo da súa historia, sabe moito mais. Así dixome que se fixo nunha carpintería de Rianxo, pola Burata, no tempo en que remataba a guerra civil, e así o remate dos anos trinta, xa tiña porto base en Vilanova.
Como casi todos os galeón adicouse o transporte de carga xeral na Ría de Arousa, e a compra de sardiña, tampouco deixou de acarrexar barro, e pasou unha tempada por Arcade, logo voltou a Arousa, e rematou os seus días como areeiro e draga polos portos adiante.
Tamén me dixo Luis que no ano 1952 fora embestido por unha baca de Marín, percance do que saeu adiante.

Entramos cando o guindastre lle estaba a poñer o pau de popa, que rapidez, foi visto e non visto. Cando nos despistamos os operarios do Asteleiro, xa remataran a faena. Poidemos apreciar que a obra morta estaba practicamente toda renovada, incluso comentabamos se non se lle dera mais alto?, non o podemos acreditar.


Os traballadores do asteleiro remataban de poñer o pao no seu sitio. E o barco xa parecía querer sair o mar, a verdade e que lucia moi fermoso.

Comentabamos que si ben o barco non estaba mal, si precisou un importante traballo de reforzo e renovación, para poder sair o mar en perfecto estado.

O proxecto está e ser desenvolvido por unha entidade privada, e por dentro levará unha distribución acorde para o lecer, camarotes, baños ....

Ainda lle terán que poñer o "quillote" de lastre, que non o tiña, será do último antes de sair o mar.

Ahí o tendes, ainda falta, pero menos, o seu aspecto é impresionante, senon comparade coa foto, do vello e activo Industrial.
Será un mais a unirse a esa flota cada vez mais importante dos barcos grandes.

martes, 20 de abril de 2010

DE PESCA

Hai cousas as que un non se pode resistir, a verdade é que para uns non terá merito, para moitos será unha parvada para .... Pero para os que nos gusta a pesca e disfrutamos, con deportividade, das propias e das alleas, ainda que debo recoñecer que prefiero as propias naturalmente, esta é unha entrada bonita de ver.
Antes de nacer o meu 1º fillo hai ala 10 anos para atrás unha pesca como esta casi non tiña merito, o normal era triplicala ou cuadriplicala, a parte os días de boa pesca. Pero hoxe en día, podese considerar unha fermosa pescata. Son doradas, para os que non se enteran, adornadas con algunha robaliza, pequeneira de 1/2 kg. e cada unha de leas debía rondar o kg ou pasalo. A todo hai quen gane e no Mediterraneo quitarán exemplares mais grandes. Aquí outro coñecido sacou unha de 4 Kg. excepcional. Bueno parabens o meu amigo e desexarlle que teña mais días como este ou meiores.
Que disfrutedes coa vista !!

miércoles, 7 de abril de 2010

Falando de Javegas

Estos días estiveron naveando-bogando polo Mar de Arousa uns "javegotes" de El Palo, a verdade e que tiveron un valor .... (choiva-vento, vento-choiva) ... e logo de ver a Araceli que trouxeron Carlos, Agustín e compañía, puxenme a remenxer nas fotos e non poiden menos que recordar a outros malagueños de Pedregalejo, Nerja ... que no ano 2.005 estiveron bogando en Cambados, na "Rosario e Ana" e en Ferrol no 2.007 trouxeron unha buceta non lembro o nome, e que cando Muros, hasta última hora decían "zubimo a Muro con un zardiná, aunque ezta difisil" o remate foi imposible e quedamonos sen a súa agarimosa presencia. De estas coñecemos a Rafael, Fernando, Alfonso ... e por estas viaxamos no ano 2.006, eu tiven esa sorte, hasta Pedregalejo, hasta o Asteleiro tan nomeado "Nereo", bandeira de loita igual que o noso de Purro, amenazado por un paseo maritimo. Tamén lembro que a miña cuñada, afincada por ese lares tiña como referencia da zona o rueiro de El Palo (es un barrio de pescadores no?, ali debe ser estrano) e de un a Pedregalejo. Arriba, a "Rosario e Ana" no solpor cambadés, facía o desfile de tipoloxias en Cambados, abaixo, en plena boga no sol arousan, Alfonso bogando a extribor de primeiro, coa camiseta do Encontro. Fotos A.Loureiro e V. Delgado.
En Ferrol participaron na tertulia radiofonica (Fernando Dols) que dende o Encontro se fixo, menudo repoquer tomou asiento o redor do micro, internacionales todos eles.

No 2.006 foi o noso desprazamento a Malaga, devolvendo como corresponde a visita a ambados. As fotos son de Joan Sol a nosa Belén de Caldas e un servidor. Ala fomos coas nosa meiores galas e armados hasta os dentes, quen se atrevía con nos?De barcos non fomos mal tampouco, unha dorna unha buceta e a catraia, compoñian a representación do noso patrimonio así como unha exposición e diversas maquetas que nos acompañaron, e aparellos varios. Na mallante conviviron lanchas, dornas ... galegos e andaluces. A beirada do Asteleiro amenazado e o impoñente eucaliptal, de referencia en Malaga.
No mar a singulariedade das velas mezclabase coa silueta das lanchas e o seu bogar, un fermoso espectaculo no mar de Alborán.Tivemos tempos para ofrendas, inauguracións e homenaxes o I Encontro Marengo foi todo un exito e a convivencia ateigada de fermosos detaies de amistade.Algúns aproveitamos as actividades para ter a nosa experiencia como xeiteiros, con unha das antiguas pezas que levabamos para a exposición, saimos o patrón Pardavila cos seus tripulantes, Belen de Caldas e un servidor.

Cando o patrón mandou, largamos e casi sin darlle tempo o pitillo, mandou recoller, total era unha manobra de exibición, que ibamos pescar ali?, pensamos. Nin siquera largamos tal como mandaba a marea a pesares de que o patrón fixo a observación, pero tratabase do que se trataba, ademais ... polo vello aparello pasaban tabeiróns.Nada mais recoller uns metros de aparello, o patrón dixo, "enchemos a caixa" e así foi, nunca na miña vida pescara unha sardiña, nunca na miña vida largara unha peza do xeito, nunca disfrutara de aquel xeito, impresionante.Que decir do que pescaron os que levaron unha peza nova (mercada en Cambados), largaron como manda a marea e esperaron o xusto. A expresión " a capachos " non era unha metafora.Logo antes do alba a "Santa Cristina" largou o "arte", autorizada excepcionalmente para a ocasión e antes das primeiras luces do día o recolleuse o "copo" poidemos atoparnos coa riqueza e variedade piscicola do mar malagueño. Nunca comera xureliños ou parrochas o amancer e recién pescado, todo un luxo para abrir o día. Fritido co arte que soio ali teñen.
A pesares de que o vento as veces era un pouco molesto a "Laberca" poido navegar e outros bogar. Na foto de abaixo podedes observar a todala tripulación uniformada de branco, agás un que levaba o brazo marrón. Unha fermosa experiencia sentarse nunha javega (a "Virgen del Carmen") e poder bogar, hasta regateamos, a nosa competidora a "Santa Cristina". O xantar como sempre nas nosas cousas, un momento de relación e expansión, Agustín, poñía a punto a "fideuá". Él foi un dos que estos días bogou polo Mar de Arousa.
Que decir, como en moitas ocasións a Escola sempre é un punto importante nos desplazamentos que os colectivos da FGCMF realizan, aqui non foi menos, a súa bandeira, quedou alí, na noite de Pedregalejo. Algún ainda se acorda hoxe.


Representamos a FGCMF. en esta viaxe, membros da ACD Dorna da Illa de Arousa, Barcos do Norte de Viana do Castelo e CM. Salnés de Cambados.



viernes, 26 de marzo de 2010

Que detaie (IV)

Xa vamos a rematar e non porque non teñamos mais camisetas, nin que non sean bonitas, senon que xa repasamos un pouco todolos estilos, entón esta e a última entrega.
Escomezamos pola sempre prestixiosa Volata a Illa de Arousa, para a ocasión recurreuse o topico, destaca o enfasis Da edición, e que a Volta pasaba dos 20 anos !!. Grazas a Lino Prieto, que nos facilitou algunha foto de camiseta do Grove, esta, fiel o seu estilo, fai referencia a Regata que se celebra, hai tamén que apreciar, o gusto por ofrecer unha camiseta, con cariño, manifestase non soio no deseño, senon na coor, laranxa, nada tipico.
Un estilo tamén que recolle o didactico e este onde a dorna navega en tres posicións diferentes, e hasta con rizos tomados.O inconfundible estilo de Felipe, manifestase en esta saída do Bao, imaxe moi recurrida para esta regata, pero non por eso deixa de ser interesante, pois cada autor, dalle o seu punto.


Agora unha que pretende ser sencilla pero expresiva, sobre unha foto, debuxase o esforzo de izar unha vela, toma protagonismo o home e a vela.
Dentro das "repetidas", como xa dixemos, a do Marisco, un ano unha coor.
A regata Lajareu, todo un clasico da tempada e clásica e esta camiseta, que por outra banda a algúns parecenos tamén fermosa.
Esta da Volta a Illa, realmente tiña un debuxo moi logrado e expresivo, matouna a execución das coores, pois aqui non podedes ver un "vivo" bermello que con todo o perdón era matador. A camiseta gana co paso do tempo.E como artistica se pode considerar esta de Fasquía, tamén amosa o seu interés por agradar e o incunfundible "sello arousan", igual que a anterior o non estar provista de mangas.
Tamén hai otros momentos nos que recibimos mais camisetas, así temos o armario, faemos un repaso por unhas cuantas, de diferentes eventos e mesmo asociacións. Os "nachos" casi sempre teñen unha camiseta lograda como en este caso. Probablemente do pintor de gamelas "Lorenzo", magnificos e expresivos lenzos, na web de Gameleiros Breadouro. A mín paréceme moi boa.Fermosisimo e traballado esta dos Galos de Bueu
E non menos fermoso esta o "Luisa", abandeirado de Combarro.Agora cando estou escribindo estas liñas comunicanme que a "Araceli" da praia de "El Palo" do Cube "La Espailla", esta a cruzar a ponte da Illa en ese peregrinar dende Malaga a Santiago de Compostela.
Aquí xa estiveron os amigos da praia de Pedregalejo, veciña da de "El Palo", co Astillero Nereo e o clube "La Barcaza", debo recoñecer que na miña retina figura sempre presente a imaxe da lancha de javega "Rosario y Ana" e do seu patrón Fernando Dols e compañeiros .... . Tamén podo decir que poiden bogar en ela o cal foi todo un pracerE para rematar, quero enseñarvos esta, de embarcación, deseño do "bicho", en ela esta toda a expresión do seu promotor e armador Paco, a "Martola" evocadora da Mar e de Marta a súa sempre inseparable.
Que decirvos, .... FIN