O luns 31 de maio, tiven a oportuinidade de estar presente na presentación do traballo que sobre os nomes asociados os elementos propios da actividade no mar, das embarcacións, que estiveron a facer no IES. Falix Muriel de Rianxo. O Equipo de Normalización e Dinamización Linguistica do centro, desenvolveu durante tres anos o traballo, polo cal foron recoñecidos e premiados ano tras ano. Hai dous acompañado polo vicepresidente da FGCMF Francisco Fernandez Rei, os dous representando a mesma, tivera a honra e o pracer de asistir a presentación da primeira parte do traballo, agora lembraronse de nos e para o remate repetiron a chamada as persoas qeu aquel día os acompañaron a presentación de, O MEU MAR A MIÑA LINGUA.(PREMER ENRRIBA DAS LAMINAS PARA VER)

Lembro de aquela, cando fora por vez primeira asombrarame a capacidade e a ilusión, amosada polo equipo, composto por alumnos e profesores do IES F. Muriel, eles son os responsables da elaboración das laminas sobre diversas embarcacións que ultimamente acompañan as publicacións da propia FGCMF nas súas representacións.

Lembro de aquela, cando fora por vez primeira asombrarame a capacidade e a ilusión, amosada polo equipo, composto por alumnos e profesores do IES F. Muriel, eles son os responsables da elaboración das laminas sobre diversas embarcacións que ultimamente acompañan as publicacións da propia FGCMF nas súas representacións.
Un gran esforzo que nos tempos que corren veu menguado o seu orzamento, pero non a súa ilusión e traballo.
Entrevistas, fotos, debuxos, laboura de investigación que se plasma nunha revista, de onde son sacadas estas imaxes, así como diferentes laminas, adicadas a cada unha das embarcacións, que van dende a lancha xeiteira, tan rianxeira ela, como a canoa ou o barco da batea, tan propio xa dentro das nosas tipoloxías.
Para todo este traballo o seu esforzo desenvolveuse con entrevistas e recollida de datos no seu entorno e decir, dende o familiar ata o dos veciños e profesionais, carpinteiros de ribeira, asteleiros ... O resultado, de premio, non é para menos, polo que deben sentirse ben orgullosos.
O traballo e amplo en non dubidaron en achegarse a canoa ou as piraguas, onde atoparon a colaboración do clube de piraguismo de rianxeiro, así tamen se describen os modernos aparellos dos veleiros actuais, o que nos ofrece unha variada e interesante mostra do vocabulario, das voces, das embarcacións, tanto de traballo como deportivas.


As fotos acompañanse de texto superposto onde se sinala o nome do elemento, o que facilita a súa visualización e comprensión.
Agora a esperar que cheguen os fondos necesarios para establecer unha canle de difusión acorde coa valía do traballo.
Todo un pracer poder estar con eles, unha, mais outra vez. De aquela "Dornablog" ou "fungona.blogspot", non existía, pois foi antes de Brest, hoxe é unha honra dar conta de esta historia.





De barcos non fomos mal tampouco, unha dorna unha buceta e a catraia, compoñian a representación do noso patrimonio así como unha exposición e diversas maquetas que nos acompañaron, e aparellos varios.
Na mallante conviviron lanchas, dornas ... galegos e andaluces. A beirada do Asteleiro amenazado e o impoñente eucaliptal, de referencia en Malaga.
No mar a singulariedade das velas mezclabase coa silueta das lanchas e o seu bogar, un fermoso espectaculo no mar de Alborán.
Tivemos tempos para ofrendas, inauguracións e homenaxes o I Encontro Marengo foi todo un exito e a convivencia ateigada de fermosos detaies de amistade.
Algúns aproveitamos as actividades para ter a nosa experiencia como xeiteiros, con unha das antiguas pezas que levabamos para a exposición, saimos o patrón Pardavila cos seus tripulantes, Belen de Caldas e un servidor.
Nada mais recoller uns metros de aparello, o patrón dixo, "enchemos a caixa" e así foi, nunca na miña vida pescara unha sardiña, nunca na miña vida largara unha peza do xeito, nunca disfrutara de aquel xeito, impresionante.
Que decir do que pescaron os que levaron unha peza nova (mercada en Cambados), largaron como manda a marea e esperaron o xusto. A expresión " a capachos " non era unha metafora.
Logo antes do alba a "Santa Cristina" largou o "arte", autorizada excepcionalmente para a ocasión e antes das primeiras luces do día o recolleuse o "copo" poidemos atoparnos coa riqueza e variedade piscicola do mar malagueño. Nunca comera xureliños ou parrochas o amancer e recién pescado, todo un luxo para abrir o día. Fritido co arte que soio ali teñen.
Na foto de abaixo podedes observar a todala tripulación uniformada de branco, agás un que levaba o brazo marrón. Unha fermosa experiencia sentarse nunha javega (a "Virgen del Carmen") e poder bogar, hasta regateamos, a nosa competidora a "Santa Cristina".
Que decir, como en moitas ocasións a Escola sempre é un punto importante nos desplazamentos que os colectivos da FGCMF realizan, aqui non foi menos, a súa bandeira, quedou alí, na noite de Pedregalejo. Algún ainda se acorda hoxe.
Representamos a FGCMF. en esta viaxe, membros da ACD Dorna da Illa de Arousa, Barcos do Norte de Viana do Castelo e CM. Salnés de Cambados.
Agora cando estou escribindo estas liñas comunicanme que a "Araceli" da praia de "El Palo" do Cube "La Espailla", esta a cruzar a ponte da Illa en ese peregrinar dende Malaga a Santiago de Compostela.