viernes, 10 de junio de 2011

LEISES NATURAIS

Pasar todolos días polos peiraos ten moitas imaxes de cotio, casi sempre hai cargas e descargas de peixe, subasta ... e redeiras, que sempre asombran, especialmente polas circunstancias do seu traballo, creo que si algo se fixo con merecemento no peirao foi a "nave das redeiras", que non evita as reparacións de urxencia no exterior, sexa verán ou inverno, sempre "en liña directa coa natureza", e logo alguén ainda terá algo que decir.



Pero bueno hoxe despois de hai moito tempo que non activar as neuronas no blogue, ainda que sexa pouco, saeume. Saeume, porque sempre por este tempo nos peiraos e nas rampas de varada hai unha actividade extra, que supera o de todolos días e que a min me gusta especialmente, pois son os días que os barcos se ven enteiros.

Xa sei que moitas veces se enquencen de agardar polo tempo, polo tempo de facer as cousas.



Non podo esquencer cando o chegar as vacacións un dos meus irmans era solicitado por algún armador para pintar o folio da embarcación, para rematar e que lucira ben bonita. De aquela non tiñamos peirados espaciosos nin rampas de varada, todo se facía na praia e todo o mundo andaba por aqueles tempos o mesmo. A limpar. Triana, Sto. Tome ....


Tiña tamén o seu sentido, viña o "Carmen", a patrona, e todolos barcos lucirían ben bonitos na procesión, porque eso sí iban todos, como hoxe casi.


Como decía, son os días onde os barcos se ven enteiros, e donde o bonito das súas formas e outros aspectos queda o descuberto.


Bueno, esta é unha imaxen, onde aparece a evolución dos pequenos barcos da ribeira, dorna, primeiraplanadoira de madeira, primeira de poliester e variacións o caso. E debaixo o caso onde a modernidade trata de imitar o tradicional. O da esquerda pode ser unha "Taylor" de poliester o da dereita e a tipica de "artes menores" da Ría de Arousa. A popa do pesqueiro xa está superada polas cuadradas, nos outros tamén, pero e curioso como era imitada ou é curioso que ainda se poidan dar estar comparanzas. Ahí están.
E como vos decía a flotiña de "artes menores" lista para o seu maqueo anual, ainda falta un mes para o Carmen, pero ahí con calma, secando e logo reparando para rematar coa pintura. Aqui como non hai un amplo espazo, pois en fila.
E o momento de poder disfrutar do traballo dos carpinteiros de ribeira, de ver eso que amin me parecen fermosas liñas.



Ou non tanto, pero bueno, senon quen carga !!!. para eso estan as tipoloxías.




E para ver estos avances que xurden da necesidade e do amor, esforzo ou pasión que algúns lle adican a súa embarcación. Así aquela frase de "Onde estiveches todo o día !!!!????" Coa dorna.


Pero todo tamén ten o seu sentido ecoloxico ou o que e decir o "sentidiño". En este tempo os peixes rematan de desovar, son pequenos, e os de vran ainda non estan no seu punto de todo, pode que no Norte sí. Así que mais vale amarrar, dexar que os peixes medren e logo despois da patrona, que por algo o é sair a pescalos.

Decía un experto patrón do cerco, que hasta despois do Carmen sair o mar e non gañar cartos era un feito. O sea que todos a pintar!!!!!


martes, 15 de febrero de 2011

Impresións

Hai días que son propios, e decir, non che pertenecen, pertenecenlle e ales, son os que non dependen de ti, movente, impresionante e vai no día, porque non depende de tí.
Un destes pasados foi un de esos días, nun principio todo é normal. Sair o mar (a pescar -ou non) e cear con un dos amigos permanentes, dos invariables, pasen as follas do calendario, vexaste ou non te vexas, non fai falta reciclarse, nin facer cousas raras e dos permanentes por razón de vida. Pois como decía todo era normal, previsible, agradablemente planificado dende a ilusión que ambalas dúas cousas me producen.
Pero todo tornou excepcional, impresionante. Supoño que e a virtude das sensacións, magnificar, elevar e sacarnos na monotonía.


Sempre digo que cando estou no pantalán cada amarra que solto (teño 4) pecho unha porta do cerebro e abro outra, cando saio polo faro do peirao xa pouco me queda por pechar e cando sobrepaso a Lobeira entro nunha amnesia do terrenal e entro no mundo das sensacións, soio me leva ocurrindo uns ..... anos. E meior terapia que teño contra moitas cousas, que en ese entorno perden o seu caracter de importancia, incluso me olvido das fealdades, e vaia si non hai!!. Postos así, soio me queda disfrutar, decíame alguén que me acompañaba na dorna "e que si non podo contarl estas sensacións, é que non me entenden" (así que, espero me entendades). Que si o ceo que si o mar que si os peixes que si ........ Bueno pois, que grande é o mar!!!. Eu non son mariñeiro, eu non son navegante eu paseo no gran lago que é a Ría de Arousa, e que non teñamos moito norte!! vale. Pois eso, son navegante de lago, e decir, coñezo o vento, pero non coñezo o mar, e istoi foi o que me impresionou, verme tan pequeno a bordo do meu barquiño diante da "muralla" que te eleva e te volve a baixar en armonia, perto da boca da Ría (esto era o excepcional), que mar unha tras outra a olas levantabanse invertebradas, inspiradas polos baixos e mostraban toda a súa amable fermosura, "orjeaban" me dixeron. Poucas veces se ven orjear os baixos do medio da Ría dende Cambados. Din que polo Sur de Cambados, no lado que mira a Toxa e a Noalla, polas noites de Temporal ainda se oie o mar na Lanzada. Miña nai, decíame que esto antes da contaminación de son, esto era normal.

Eu no medio do lago, escoitaba o mar nos baixos das Pedras Albas, nas Lobas e disfrutaba do espectaculo subindo e baixando. Nunca me pasara.

Como será estar no medio de unha de estas??!!!!!!

Con días así un chega a terra co peito enchido, ufff !!!, para contar, son de esas cousas, das que teñen que enterderte, sino para quen falas?.

Pola noite sensacións encontradas e o recordo para unha persóa que se foi.

Bueno, xa que non hai regatas e pouco imos a lixar, ou nada, non por falta de desxo. Polo menos, baño de sensacións. E que o corpo esperta.

jueves, 30 de diciembre de 2010

Ahí vai o 2.010

Xa soio quedan horas, nada, e xa se vai. A verdade e que o meior pola miña profesión o que mais escoitei foi o de, deixao ir, pero mirando haber como amenaza o 2.011. E digo eso porque, non son mais que un simple AUTONOMO. Pero a verdade e que con todo do monotema que nos ataca a cotío, as veces ainda se escoitan frases "simpaticas" a ultima foi referida os centolos, eses animais de sabor increible e cargado de variantes. Pois bueno alguén me comentou que os centolos tamén se puxeron de acordo, para que ?, dixen, para ... oder, dixeronme, nun ano coma este, van eles e desaparecen .... desaparecen? Si, os barcos de Cambados xa están todos a vieira (onde non gañan tanto) e decir non teñen colleita extra. E así as cousas o dos centolos quedará para moitisimos menos e tamén viviran de eles moi poucos en comparación con que podería ser.
O sea que PROA e avante.
Pero bueno despois de esta reflexión un tanto pesimista, a verdade e que quería alonxarme do tono, o que eu realmente desexaba, teñamos ou non centolos e DESEXARVOS UN BO ANO 2.011, en todolos sentidos e si algún sentido faia, pois bueno, ... outro haberá que o compense.


Este ano como non fun a ningunha regata e moi poucas veces poiden estar navegando nun de eses nosos barquiños, non teño, nin tiven moitas historias que contar (a verdade e que fun mais de pesca, que tiña abandonado) e tampouco teño para facer un resumen da tempada, para min levouna o vento (que de eso si oubo), bueno un dato: Regata de Clasicos, S. Vicente. Xuntanza da Rabandeira e Memorial Tito Silva. Chegou a hora dos barcos grandes. Tiña un par de fotos que me gustaron entre outras con esas, que aqui vos deixo, repetirme nos meus meiores desexos para aqueles de boa vontade.

Unha grande aperta. E os de afora, vemonos para Carril, non?


Ainda teño esta oura proa, elexir. Fotos:

Proa 1,"Evangelina" Xuntanza de Galeóns Rabandeira.

Mentras se Marisquea.

Proa 2, "Nova Jorita". I Memorial Tito.


viernes, 3 de diciembre de 2010

Memorias da Salazón

O pasado venres 26 de novembro, presentouse na Casa do Mar de Vilanova de Arousa o documental "Memorias da Salazón", este forma parte dun proxecto do Museo do Mar de Galicia, aberto a todo o que queira ampliar, con diferentes entregas que irán conformando o Arquivo Audiovisual do Mar de Galicia.
A primeira presentación foi a de Vilanova de Arousa: "Memorias da Salazón", alí Pablo Carrera e Rafa Vilas (da productora do documental), fixeron a presentación, quedou claro que esta é unha serie de documentais aberta e sen prazo para o remate, así o día seguinte en Bueu os mesmos protagonistas e outros mais, presentaban "Bueu unha Bota de Altura", o recordo de aquelas botas cos nomes de "Atún" e da fabrica de Rioboo, estiveron de novo nos ollares de Bueu de onde eran orixinarias.
No futuro están deseñandose xa os que poderían ir adicados a outras figuras tan representativas da Cultura Maritima de Galicia : Carpintería de Ribeira, Os Galeóns ou a desaparecida Lancha Xeiteira.
Esperemos que o proxecto tire coa forza necesaria para díante, que en estos casos xa se sabe cal é o combustible para que vaia.

E volvendo o pasado venres, que decir?. O salón de plenos do Concello, quedábase pequeno e optouse por un mais grande, o da Casa do Mar, alí con un cheo, que daba conta do interés que espertou en Vilanova o documental, tivemos o pracer de oir e ver a Antonio ou a Delfina e Pilar, protagonistas conductores do argumento. No que colaboraron de un xeito ou outro Vicente Caramés, Luis Rey, os ditos Rafael Vilas, Pablo Carrera axudados tamén polos arquivos audiovisuais da TVG e o fotografico do departamento de conservación do Museo.

Como decía, Antonio Blanco, Delfina Prado e Pilar Santos debuxaron un oficio e un contexto economico-social, onde o salazón era una parte actora fundamental, as imaxes de arquivo daban fé. E así de un xeito moi ameno e descriptivo pasou o tempo que se fixo corto.

O salón da Casa do Mar estaba ateigado de xente que poido volver a revivir unha parte da súa historia recente.

Rafael Vilas e Pablo Carrera, decían na presentación que este non era o gran documental que a importancia da salazón merece en Galicia, pero na miña opinión si é un bo traballo que merece ser visto. E agora que rule.

Podedes velos en YouTube polos seus nomes: Bueu unha bota de altura e M....

miércoles, 15 de septiembre de 2010

Decir que convocar unha xuntanza de amigos na Arousa e garantía de exito non é nada aventurado, a maior potencia asociacionista da FGCMF está aquí e os maiores voluntarios para poñerse o mar, penso que tamén. Dito esto, queda claro que a convocatoria para xuntarse no recordo de Tito foi un exito, de asistencia é de "bo rollo", pois as xuntanzas non soio se fan no mar, as veces, casi sempre teñen un compoñente terricola importante é cando as persóas se xuntan a falar e compartir. Así casi todo o mundo foi coñecendo o persoaxe e a persóa, comentando anecdotas e historias. Como decía dende O Grobe, Illa e Cambados xuntaronse barcos de moitas tipoloxías diferentes, o que mais como non dornas, en todalas variantes: tope, tingladillo, grandes pequenas, modernas e de antes.


Decíame Fernando o sobriño de Tito que lle encargara a él o vento, e non fallou, pola mañán unha calma envolvía a Ría e a partires das 16,00, o NE. escomezou a soplar hasta deixarnos unha tarde de vento fresco, ideal para que as embarcacións de maior porte poideran moverse a gusto.

O pelotón "dorneiro" saeu rumbo a baliza de Orido e un tras de outro completabamos viradas nun ir e vir dende Cambados a baliza, e decir pola canle de saida cara a Salvora, un carrusel de embarcacións tinguían de branco coas suas velas o mar no que tantas veces nevegou Tito, o que veu partir e regresar o solpor.
Tamén apareceron outros cambadeses que non están metidos no runxe-runxe asociativo, pero que están e coñeceron o personaxe. A bordo da Pelexa, Avelino Aragunde e Suso Martinez.

E si foi momento para o recordo, un dos elementos mais "coherentes" co lugar, foi ver a presencia da "Descalsiña", unha gamela de Cambados? non, unha gamela das que hai moitos anos, aparellando de latina traballaban polo Bohido (e o resto) o rastro, costalle bolinar, pero fai uns "lagos" espectaculares. Bonita aportación dende Vilanova co usufructo dinamizador na Escola.


O remate entre as miradas das embarcacións, vexase diferencia entre a "Airexa" no medio e as dornas do "Desafío a Tope", moitos anos de diferencia no concepto de deseño.
Despois do baño, o picoteo na Cultural e a promesa de que esta sexa a 1ª edición de moitas mais, onde a Memoria a Tito sera perfecta para desenvolver a "regata" dos barcos grandes, esa gran regata que falta na Ria de Arousa, complemento da Regata de Clasicos de Vicente e que sen dubida fai falta. Haberá que ver como facela para que ninguén quede a disgusto.

A "Nª Jorita" tripulada entre outros por Evaristo Piñeiro e Benito Gonzalez, foi a heredeira de ese espiritu de Tito, eles fixeron moitas millas o seu carón.
Ah!! e por certo, coidado co que dí a prensa, e algo .... publicase en ela, mais en algún famoso blogue local, que as tardes de navegación eran amenizadas por un tocadiscos Bristish Seagul que a dorna levaba a bordo, e sí levaba un B.S. o que lle chamabamos "tocadiscos" que adoitaba encender cando nos quedabamos sin vento, él quitounos de mais de unha calma. Curiosidades.




jueves, 9 de septiembre de 2010

I Memorial Tito Silva


Xa hai uns anos que finou, pero o seu recordo ainda está moi vivo, tan vivo que ten dorna, a dorna de Tito, a Airexa.
Seguro que non destacaba por ser o tipo mais popular nin por actividades públicas, ainda que si era peculiar, no fisico e no profesional, o seu fisico era moi recoñecible a enfermedade deixarao con pegadas, barbilanpiño, enxuto e un pouco enrrugado detrás das súas gafas. No profesional, era un comerciante, vendía maquinas de coser, televisores, lavadoras e outros electrodomesticos (creo recordar xunto con Cesar, na rúa Isabel II), cando os electrodomesticos non tiñan moitos compradores (no meu recordo de mozo) en esto xa debía ser precursor de futuros, gustabanlle os amigos, e unha boa saida a navegar. Supoño que para eso concibeu a "Airexa", e digo concibeu porque foi unha teima propia, que deixou herdeiros. El foi o que lles meteu o bicho das embarcacións a mais de un, foi o que proporcionou moitas tardes de fantastica navegación a moitos cambadeses e non cambadeses, pois a "Airexa" era unha embarcación aberta a todo aquel que quixera sair a pasar unha tarde polo mar. A min costoume embarcar, pois non coñecía os que con asiduidade eran a súa tripulación, pero unha vez a bordo o trato sempre foi fantastico, por parte de todos, soio podo falar ben.
Onte mercores, Evaristo, a súa man dereita ou esquerda en aqueles tempos, mais Fernando o seu sobriño e actual propietario da "dorna de Tito" falaronme de facer un algo, e como pasa en estas cousas, encendemos. Penso que poucas persóas como Tito poden merecer ter unha xornada de mar adicada, supoño que outros teñen moitos mais meritos en este eido. Pero él foi o PRIMEIRO, foi único en aquel tempo en adicar unha embarcación de traballo o lecer e foi XENEROSO no seu disfrute. Non é que este sobrado de tempo (soio hai que ver como teño o blogue) para poñerme a argallar, pero o recordo a aqueles momentos inesquencibles de navegación de compañeiros, de cantarelas de ... ben o merece.
E ahí estamos, esperandovos os que queirades a compartir navegación o vindeiro sabado 11 de setembro de 2.010 as 16,00 h.
E sigo a repetir GRAZAS TITO.




viernes, 30 de julio de 2010

XUNTANZA DE GALEÓNS

Hai iniciativas que están ben, outras moi ben, e outras moi oportunas e necesarias, así calificaría eu a I Xuntanza de Galeóns da Rabandeira, en Vilanova de Arousa.
Xa era hora e non podería ser de outro xeito, dende que hai anos Mascato e Rabandeira apostaran polo Novo Sofía o camiño non fixo mais que xuntar camiñantes. A demostración provocouse o pasado 24 de Xullo, vispera do día de Galicia. E non estaban todos, faltaban os que quedaron atrapados polas mareas da burocracia e o mar dos desplazamentos. Nada mais arribar a Vilanova atopabamos cascos, drizas velas e paus, un pau, dous paus, alquitrán, brillo, mimo e ... todo aquelo que conleva a recuperación de unha embarcación.

Acompañaban as historicas, as que tiraron do carro moitos anos, os barcos grandes que quedaron pequenos e curioso ver o tamaño da "enorme" noutrora "Nova Marina" o lado do recién botado "Industrial" agora "Manuyael-Industrial" e sin ir mais lexos, mesmo do "Nuevo Sofía". Tamén recentes incorporacións, dende Bueu o fermoso "Ave de Paso" do cal ainda nunca falaramos.

O "Luisa" que con tanto mimo coidan en Combarro, noutrora abandeirado da flota pesada, agora é un fermoso galeón de 8 metros, o lado do "Rei do Mar", ainda por aparellar, resulta hasta pequeno.
A intrepida Malena, fotografando para o blogue veciño da ACD. Dorna, ela é unha das súas "almasmater"

Tamén sirveu o día para recoñecer a un dos "chavales" do pelotón dorneiro e por extensión de todo o movemento asociativo José Paz Brión ou o Sr. José, como é coñecido. Dende Rabandeira quixeron recoñecer en este acto a súa dedicación. Quen non lembra o Sr. José mais a Claudio na "Maristela" en todalas regatas habidas. Hoxe o Sr. José regatéa co seu xenro e Claudio co seu sobriño, pero os dous seguen en activo, tan activo que está a facer unha dorna nova. Dende aquí lembrar tamén o Sr. Andrés de Riveira que pasados os 70 ainda daba guerra nos primeiros postos de calquera regata.

Hai uns meses dabamos conta da recuperación do "Industrial", no asteleiro de Aguiño, o día 24 de xullo o "Manuyael-Industrial" facía a súa presentación en sociedade, todo lustroso. Veu a remolque e sen velamen, pero en uns días a súa silueta será familiar na ría. E quen non o ve?
Alí a bordo do mesmo podemos tirar esta curiosa foto: Pedro Campos o cal hai que recoñecerlle a súa paixón polos galeóns e que estivo en Vilanova co "Silma", Luis Iglesias do "Novo Sofía" e Manuel Piñeiro do "Industrial" comentaban con interés, na cuberta.


A mañán era de verán, pero as prediccións meteoroloxicas, que daban vento, tamén acertaban, as triupulacións arremuiñabanse nas cubertas e polo peirao, esperando para sair rumbo a Cortegada, as esperanzas de facelo a vela, eran moi poucas. Tamén porque a dirección do vento era mesmo na proa.
Mentras uns esperaban, outros arribaban, era o caso da "Sara O." que co seu patrón Avelino Ochoa a roda, chegaba xusto para a partida. Alguén comentou, que existe moito interés por parte da Carpintería de Ribeira Galega de facer de esta embarcación unha embaixadora fora de Galicia do traballo que poden desenvolver dentro das embarcacións de lecer con "pedigree". Xa nos dirán.Avelino dixonos de que o vento andaba forte, de feito el soio dende o Grove fixo unha viaxe non moi placenteira, e toda a motor, a pesar de que "Sara O." está preparada para que unha persóa a poida manexar.
Ali no peirao, poidemos observar e admirar as recuperacións recién terminadas (Ave de Paso ou Eliseo .... e as que están en proceso, "O Rei do Mar" e o "Avelino Manuel" (pendentes de arbolar), non poideron estar o "Vieta", ou "Illa de Cortegada" e "RH1", que no veciño asteleiro de M. Mougan, na Illa, esperan turno para sair o mar.

Lucía tamén moi fermoso o "Evangelina I" de Rianxo, unha maravilla de 1.912, impresionante co seu desplazamento e o coidado que se lle administra. Comentaba o Sr. Rial, propietario, que da traballo, moito traballo, ter un barco de estas caracteristicas impecable o "Evangelina I" está perfecto.

A tripulación do "Eliseo" daba os últimos toques a maior, non poideron vir a vela dende Moaña, pois estaban de estrea e o forte vento non aconsellaba probaturas. Realmente a estampa do "Eliseo" de 1.908 é fermosisima.

Logo do acto de recoñecemento o Sr. José, douse a saida, tiñamos que aproveitar a marea, o horario debía ser cumprido o minuto. Os primeiros en sair foron "Sara O" e a "Fe em Deus" (que merece capitulo aparte).

Eliseo, Silma, Novo Sofía .... ofrecían unha imaxen impresionante o sair do peirao de Vilanova. Que boa idea xuntar a todos os Galeóns. A e por certo, a onde iban? bueno non o dixen. aproveitando a xuntanza de galeóns programouse conxuntamente coa FGCMF a "Travesía Xacobea polo Ulla de EE.TT." é en esa nos metemos. Proa Cortegada, no "Nuevo Sofía" as autoridades: Consellería do Mar, coa Sr. Conselleira de tripulante e Deputación de Pontevedra, a que nunca se lle pode deixar de agradecer o apoio que anos atrás nos prestaban para a construcción de embarcacións, debemos recuperar esas axudas.
O "Eliseo" nada mais sair xa quería votar as velas arriba, cousa que faría mais tarde xunto co "Nuevo Sofia" e "Ave de Paso", pero tiñase que administrar orden e soio sacaron o foque.

Outros como a "Rabandeira" instalaron para a ocasión un sistema de propulsión acoplado, que lles permiteu remontar o rio con todala flota.

Outro veterano, o "Nova Jorita", de Cambados, dende sempre con nos en todalas xuntanzas, non podía ser menos e alí estivo recién pintado e coa nova semente xa o mando, collendo o relevo de ... Sempre que o vexo navegar lembro a impresionante travesía que fixemos dende Cambados hasta Rianxo cando foi do Encontro do 1.999.

O meu querido "Luisa" en primeiro termo e "N. Jorita", o fondo, o "Nuevo Sofia" decidía facer un bordo a vela, acompañaronno o "Eliseo" e "Ave de Paso" a verdade e que a dirección do vento non permitía que fixeramos o rumbo previsto, en hora, navegando a vela.

Así mirando o fermoso espectaculo de mar e barcos, fomos encarando a desembocadura do Ulla deixando Corteghada pola popa e entrando de cheo na "Travesía Xacobea". Por certo para o ano navegaremos en Carril no Encontro e "veremos Cortegada deitada no mar".
Nos na "Sara O" fixemos o traxento no medio, e por atrás "Ave de Paso", "Fe em Deus" e uns "clasicos" que se acoplaron, xunto co "Chasula", que tamén estivo, pechabase a flota. O "Ave de Paso" e o que se ve en primeiro termo, está realmente fermoso.

Na medida que o rio se estreitaba os lombos de area impoñían a lei do calado, a flota poñiase nunha ringleira para evitar varadas non desexadas.

Na "Sara O." os patróns verificaba o rumbo. Carmelo, capitán da mercante, recordaba sensacións mariñeiras.
Divisando a ponte de Catoira todos escomezamos a agruparnos. Por certo a Catoira deixana "puenteada" por un lado o de sempre e por outro o de AVE. bonito, bonito ... non queda, ninguén dixo nada.

Fondeamos o carón das Torres do Oeste, os "pequenos" cruzamos a ponte os de mais porte tiveron que quedar antes. Logo da viaxe, o xantar, ali achegaronse tamén os tripulantes das embarcacións que non poideron subir, como a "Nova Marina", "Irmandiña", .... "Avelino Manuel" e todos xuntos fixemos mesa, onde non faltou o polbo.

Ali coincidimos cos preparativos da festa vikinga de Catoira, o galeón "Ursula" que nos fixo de guia, permanece todo o ano disfrazado coma un "drakar" para a ocasión.
E despois de xantar, para non perder a marea, partimos a libre alvedrío, de novo rumbo a Vilanova. As valquirias mesmo querían anunciar a nosa partida.

Como decía a libre alvedrío a a flota poido desplegar as velas e espallouse rumbo a Vilanova pola Ría. O vento no rio viña tan dereito que a "Nova Jorita" a volta, fixo o percorrido a ourellas de burro.
A "Fe em Deus" tomando rizos, largou a súa impoñente vela e foise co vento. Destacar a presencia de esta embarcación que unha vez mais acude a chamada, dende Povoa de Varzim, 14 horas de navegación, e alí estaban. Sempre con un gran esforzo pola súa parte, están con nos.

"Sara O" tivo que poñer rumbo o seu porto de O Grove, e con un ventiño ideal, poidemos disfrutar do seu navegar. Dixemoslle hasta outra a Rúa no medio na Ría, antes de poñer proa a porto.

Magnifica inciativa esta de Vilanova que fixo que o ano Xacobeo tivera a súa manifestación por parte das Embarcacións Tradicionais, coa convocatoria da FGCMF. Non sei si será cada ano ou cada dous, pero está claro que esta Xuntanza da Rabandeira, ten que ir para diante, semente hai.
Parabens a FGCMF. pola "Travesía Xacobea", será cousa de poñela no calendario.
E parabens a Rabandeira, non podía sair meior.
(PE: Agora que xa rematei o traballo por imperativo legal, haber si podemos entrar na tempada dorneira, que este ano e sinonimo de vento e aprazamento, con criterio.)