Mostrando entradas con la etiqueta Nomenclatura Dorna. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nomenclatura Dorna. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de septiembre de 2009

OS CARABEUS

Lino Prieto contribue a aumentar o coñecemento sobre os "carabeus" ou "escarabeus" e pasaunos esta foto de unha dorna no Grove, tamén me comentou que nas dornas de tilla corrida este mecanismo de amarre era mais usado, pois non se pode levar o cabo o banco.

jueves, 10 de septiembre de 2009

ESCARABEUS

Non sei cantos de vos coñeciades este nome, "escarabeus". A min sorprendeume, nunca o oíra e grazas a Daniel Otero temos constancia de él.





A verdade e que sempre tiven claro que para amarra a dorna o meior non era deixarlle toda a forza sobre a peza da proa. Daniel amosanos os escarabeus que non é nin mais nin menos que un elemento para amarrar e axudarlle a peza da proa a soportar o esforzo.





Bueno, mais claro non podía ser, e a súa utilidade, mais que demostrada, van clavados entre as pezas.

Saúde.

miércoles, 2 de septiembre de 2009

DORNA DORNA 6

Voltamos os apuntes, aquí tendes varias formas de mirar unha dorna e en cada unha de elas parece unha embarcación distinta. Tamén van nomes, hoxe de taboas e algunha peza.










miércoles, 19 de agosto de 2009

DORNA DORNA 5

Xa imos chegando as velas. A min da vela o termino que mais me impresionou foi o da "badasa", e increible e realmente foi dificil entendelo, podese confundir co sotavento, pero non é o "sotavento" unha tarde con Moncho e él a explicarme e ... . E claro agora van as preguntas que me fago: chamaranle "badasa" por Palmeira?, existirá a "badasa" fora da Illa?, soio os da Arousa teñen ...?

LEMBROVOS QUE PARA VER O DETAIE, tedes que premer sobre a foto.




Realmente existe a "badasa"? ou alguén nos está a tomar o pelo?

lunes, 17 de agosto de 2009

DORNA DORNA 4




Esta é a dos espacios que vos decía, o final amañei e poiden poñela. Aquí podes ver como o panel ou banda de meo, no Grove tamén se lle decía "arca". Como na Illa se decía "cofiño" e no Grove "cofete". Agora teríamos que pillar o de Castiñeiras e ir mirando as diferencias.




viernes, 14 de agosto de 2009

DORNA DORNA 3

Como sempre aplicade o dito, dixeronme que se chambada así, en cada porto moitos mariñeiros.

DORNA DORNA 2

DORNA DORNA

Dentro da cruzada "podrén" para o coñecemento da dorna e as súas partes, atrevome a poñervos uns dibuxos que fixen hai uns anos, cando me dou. Da miña colleita soio son os debuxos os nomes debollos a xente como os Monchitos a tropa da Escola, algún vello mariñeiro que me acompañaba no lavadero de S. Tomé en Cambados e a Manolo Parada (e familia) que o saben "casi" todo da dorna.
Como vedes cada cousa ten varios nomes si pon unha "G" e que é propio do Grove si por contra por unha "I" e da Illa e creo que "R" Riveira ....
Fixeno por partes, en esta tocalle os remos, varas e verga.
SI QUEREDES VELO BEN TENDES QUE PREMER SOBRE O DEBUXO