domingo, 26 de junio de 2011

X ENCONTRO "A PREVIA" VILAXOAN

Xa está aquí, o Encontro que dou mais que falar, por motivos que nada teñen que ver cos barcos nin coa cultura maritima, pero si con aqueles que deberían facer algo, cando menos votar unha man a conservala e dinamizala. E como non podería ser de outro xeito, xa chegou a alegría para os mais e o axfisie para os menos (algo saben algúns).



Soio era a previa, o vispera da previa, faltaba parte do flota Artabra e tamén de todolos lados, Portugal e resto da Peninsula, tamén virá algún de mais afora, pero bueno, hai tempo que non nos obsesionamos.

De entrada o paisaxe era de paus e paus e hasta de dous paus (quen o iba a decir). Primeiro a flotiña dorneira que se comía a todo aquel que se puxera no medio e logo o pantalán dos medianos.

Menudos medianos, chamarlle mediano o "Luisa" un dos primeiros e estrela que brila vaia onde vaia, ou a "Irmandiña" a dorna que fixeron na de Garrido uns do Grove para ir a America e que hoxe dinamiza ACD Dorna.
Todos xuntos facían a primeira estampa.
Despois, da Ría de Vigo, a traiñeira da Escola Obradoiro Mar de Vigo e dous de Bouzas a Oleira (racu) e a Falucheira, ultima botadura dos de San Miguel, traballadores insistentes onde existan, os da pantalán-museo permamente de Bouzas (como non).

E outros que a esas horas estaban caladiños, pero que non e normal, Ría de Ferrol xunto o Eliseo, parentes separados por un mundo de auga, Norte e Sur de un oficio, o cabotaxe, de que falarían?. Bueno, os algareiros que non faltén, é o que ten ir coa familia pronto escomezan a poñer caras, pero é que xa eran moitos os que arribaran, ainda que ... os que faltan !!!.
No solpor o Evangelina I de Rianxo, compartía co RH 1, o galeón mercado en Cambados e recuperado polos da Abelleira na de Mougan (Cambados-Abelleira-Muros-Illa de Arousa), mira que xa leva mar nos últimos anos.- Como case todolos galeóns estaba de bateeiro. Bon traballo. Ainda lle faltan os paus, como o Komaira, Adelino Manuel ou Rei do Mar, estas recuperacións estanse facendo por conta propia, sen axudas e levan tempo. O Rei do Mar e un exemplo, todolos meses de xeito anonimo os socios que queiran, doan 10 € via domiciliación bancaria, e pouco a pouco faise camiño. E mais amigos, esto é o que ten, os de Ferrol co de Coruxo tan contentos. Logo veu a cea, os de Vilaxoan con moitas gañas de traballar fixeron de abondo, ensalada de pasta, caldeirada de rape e perfecto, si rematan así teremos que voltar a facer outro aquí. A demostración de voluntariado?, simplemente espectacular.

Loga da cea, alguén pensou que a noite estaba fantastica para dar un paseo (con moito sentidiño) e tratar de ver a "ardentía" ou "ardora". Embarcamonos na Oleira e con Braulio de patrón, fixemos un fermoso paseo nocturno onde uns e outros oiabamos o mar buscando o rebulir do peixe a as súas fosforescencias, non oubo sorte.


Pero o paseo, na dormida Ría de Arousa, rompendo coa nosa proa o perfecto espello, era como para non desexar que rematara.

O chegar a porto o lucerío do porto deixaba espectaculares imaxes. O Industrial impoñía con toda a súa arboladura.

Recordo que esto ainda non escomezou ( foi o sabado 25).

6 comentarios:

Xaquín dijo...

Fantástica crónica Fernando.

Só un apunte, na recuperación do RH 1, ainda que hai moito esforzo e traballo propio(véxase a construcción do mastro ou os traballiños que nos dou o lastre http://galeondeabelleira.wordpress.com/) Temos a colaboración do Concello de Muros e a través del o proxecto ten concedida unha subvención do GAC4. Si todo vai como é de esperar, arboladura velame e equipos de navegación e seguridade, deberían estar listos antes do final de outubro.
Somos moi afortunados de ter atopado todo este apoio nos tempos que corren, esperemos que cunda o exemplo

Apertas e vémonos en Carril

Xaquín dijo...

E tamen recibimos directamente na Asociación unha subvención da Diputación de A Coruña, que xa se me esquecía, e non pode ser, que hai que ser agradecidos

Fernando dijo...

Bueno Xaquín menos mal. Tes razón hai que ser agradecidos, ainda corren bos tempos por algún lugar.

Nautijorge dijo...

Con canto agarimo describes a xuntanza, e falas deses "seres" pequenos, medianos e grandes. Oxalá máis xente os víse como tí, como vós.
Unha aperta, Fernando.
P.D. Cando é o encontro en Carril?

Fernando dijo...

Do xoves o domingo próximos, o sabado día grande, recomendable, ali atoparemonos uns cuantos que ti tamén conoces. Mar, Joan ....

Marro dijo...

Crónica emocionante, Fernando. Gran colectivo o d@s navegantes!
Parabéns