martes, 27 de abril de 2010

AHÍ VEN O INDUSTRIAL

Cando se vive no fondo Leste da Ría de Arousa, atravesala coa mirada e moi doado ala o fondo sempre está o Con de Nor e a Illa de Salvora, despois de chover e con un bo día de sol e tamén polas noites podese ver "Riveira" e digo "Riveira", porque non soio é esa vila, senon todo o conxunto de pequenas vilas, parroquias e casas. Sempre me chamou a atención ver en algún libro de marcas como se facía referencia as "Casas dos Protestantes" como un grupiño de casas brancas agrupadas na beiramar, a verdade que nunca o poiden comprobar, pero esa é a costa W-NW da Ría para un que casí está no Leste.

Outro xeito de miralo e poñer medios e acercarse ata esas manchas luminosas e brancas, cousa que para uns é de coitio, pero para outros coma eu, non, casí é excepcional. Lembro sempre cando merquei a miñ aprimeira dorna, que todolos domingos percorríamos (con pracer) Aguiño, Castiñeiras, Riveira, Palmeira ... buscando que aparecera a que nos gustara, como apareceu. E casí como non podía ser de outro xeito ... en Aguiño, a porta da ría.

Alí ollabamos unha por unha casí polo pracer de ollar aquelas bermellas embarcacións, perdeuse o negro por mor da normativa, ainda que de aquela algunha estaba "como sempre". Chamoume a atención en dez anos como disminueu o número de dornas que descansaban na explanada da rampa (ates sería lavadero).

Así con estas vistas onde a coor o mar e o mar fan o paisaxe fermoso, miramos para "O Industrial".

O Industríal está sendo fortemente remozado nos "Asteleiros de Aguiño", onde polo que se pode apreciar dende perto do barco están a desenvolver un bon traballo a verdade e que para os que víramos o galeón antes de partir para Aguiño, resultaríanos irrecoñecible.
Oo primeiro que atopamos o entrar polo Asteleiro foron as pezas preparadas para a súa restauración.
Acordeime que si alguén sabe dos nosos galeóns un de eles e Luis o de Vilanova, patrón do Novo Sofía, e él foi o que por riba me contou algo da súa historia, sabe moito mais. Así dixome que se fixo nunha carpintería de Rianxo, pola Burata, no tempo en que remataba a guerra civil, e así o remate dos anos trinta, xa tiña porto base en Vilanova.
Como casi todos os galeón adicouse o transporte de carga xeral na Ría de Arousa, e a compra de sardiña, tampouco deixou de acarrexar barro, e pasou unha tempada por Arcade, logo voltou a Arousa, e rematou os seus días como areeiro e draga polos portos adiante.
Tamén me dixo Luis que no ano 1952 fora embestido por unha baca de Marín, percance do que saeu adiante.

Entramos cando o guindastre lle estaba a poñer o pau de popa, que rapidez, foi visto e non visto. Cando nos despistamos os operarios do Asteleiro, xa remataran a faena. Poidemos apreciar que a obra morta estaba practicamente toda renovada, incluso comentabamos se non se lle dera mais alto?, non o podemos acreditar.


Os traballadores do asteleiro remataban de poñer o pao no seu sitio. E o barco xa parecía querer sair o mar, a verdade e que lucia moi fermoso.

Comentabamos que si ben o barco non estaba mal, si precisou un importante traballo de reforzo e renovación, para poder sair o mar en perfecto estado.

O proxecto está e ser desenvolvido por unha entidade privada, e por dentro levará unha distribución acorde para o lecer, camarotes, baños ....

Ainda lle terán que poñer o "quillote" de lastre, que non o tiña, será do último antes de sair o mar.

Ahí o tendes, ainda falta, pero menos, o seu aspecto é impresionante, senon comparade coa foto, do vello e activo Industrial.
Será un mais a unirse a esa flota cada vez mais importante dos barcos grandes.

8 comentarios:

joão marinheiro dijo...

Dá gosto ver uma recuperação. Será mais um a largar pano pela ria e a servir de cenário para milhares de fotos tiradas pelas margens...
Dons ventos o acompanhem nas travessias que por certo serão muitas.
Abraço desde Viana

Sesé Otero. Armadora vapor Hidria Segundo dijo...

Precioso...., si señor. Jacobo senrirá un pouco de envidia porque quería que o comprasemos, pero co Hidria polo de agora temos bastante. Temos que dar a ver todo este patrimonio e facer que se manteña a si mesmo. Dadelle a nosa enhoraboa os armadores.
Sesé.

Fernando dijo...

Fomos con un pouco de presa ibamos por outra historia e pasamos por ali, a verdade e que ten un aspecto moi bon e pouco lle debe faltar, agora que xa se sabe eso depende do "pouco" que sexa.

Hugo dijo...

A verdade é que ten moi boa pinta.
Noraboa á iniciativa privada!

Xaquín dijo...

Preciosas fotos, e estupenda a pinta que ten. Gracias Fernando por traérnolas

pitin dijo...

O barco é precioso pero non entendo por qué non o arbolan coma o galeón que era e montanlle os mastros con machos e masteleros e aparellado coma unha goleta

Nautijorge dijo...

Fixen un comentario a esta entrada a pasada semana, será que o fixen mal.
A cousa e que quen poidera navegar nunha maravilla así. Precioso.
Espero que sigan medrando iniciativas de recuperación así.

Fernando dijo...

Si Jorge, afortunadamente temos unha flota que medra e según as contas de esta mañán de 2-4 pasaremos a uns 16 en breve, contando coas tipoloxías parellas do norte. A regata de galeóns será un feito dentro de moi pouco. E para estar moi orgullosos da nosa xente, e do espallamento do noso traballo.