martes, 16 de marzo de 2010

QUE DETALLE (III)

Esta é una nova entrega das "Camisetas de Regata" pasamos por diferentes tipoloxías onde podedes observar a creatividade e a riqueza tematica.

A Volta a Illa de Arousa no ano 2002, expresouse con unha camiseta rotunda e clara, notase non?, expresaba tamén unha antes tipica saida da Volta, coas dornas "o cabo", suxeitas e preparadas para sair. Alguén dubidaba que era na Arousa?.

A Regata do Albariño, na súa segunda edición, ala polo ano 2.001, aproveitou unha expectacular foto da regata do ano anterior e ese foi o resultado, a min pareceme moi bo. Esa regata a da foto, tivo momento espectaculares. Tamén se recurre a tecnica do "envellecido" o facela en coor marrón.


Esta e outra recreación de unha saida da illa, baseada nunha foto tamen, pero debuxada, un recurso moi socorrido, sobre todo polos que non debuxan moito. Si vos fixades ben igual recoñecedes a alguén. Remata con unha frase, como poetica, "o caso" que define a volta a Illa.
Esta de abaixo, pode entrar en varias categorías, unha pode ser "que simpaticos son os meus fillos" e a outra "a dorna na escola". En este caso ven a ser de esta última. Algunhas asociacións desenvolven a súa laboura polos colexios, en este caso os socios tiveron a oportunidade de levar unha dorna para que os nenos a palparan, despois, como debe ser, os nenos escribiron as súas impresións. A verdade e que polo menos enteraronse de que iba a cousa.
Eu teño un especial gusto polo minimalismo, polo que esta camiseta da "nova escola Meca" a min gustame, é sencilla, non é espectacular, pero está ben, "temos dorna". E tamén inaugura a Camiseta "referencia", si ti vas o Grove a unha regata o mais posible e que a camiseta sea parecida a do ano anterior, no peito terá unha referencia a edición e a coor tamén variará, pero o deseño ou é o mesmo ou semellante. O merito está en ter todas, esta forma foi adoitada en varias regatas en algún que outro porto tamén, a verdade e que simplifica o traballo de andar a pensar, e sobre todo si non tes quen o faga, de buscar o encargado.

Esta clara a miña debilidade pola sinxeleza, a seguinte é unha "declaración de principios" son "dorneiro" i no lo niegho". Ou e que non vos quedou claro que esto é unha regata de dornas !!!!. Tamén podería ser aquelo de "orghullo dorneiro". Alghien dixo que si existía selecsión alemana de dornas.
Estamos de festa, queda claro!!, é o que parece decirnos esta simpatica elastica que se regalou na regata do Bao, que sempre é unha festa.
Como se vé, nas camisetas da ACD. Dorna a variedade de deseño é unha constante, esto ven pola cantidade de persoal que rula polo Bao e polo interés en colaborar de uns e outros. Dentro das etnograficas mais etnograficas esta esta de Lajareu, pode facerse outra mais ... ?, non !!, quedoulles moi ben, sobre fondo branco, que sempre e unha garantía e é bon para o verán, a aposta foi xa de entrada gañadora, e por certo educativa, para que agora non sepamos as partes de unha dorna, según Xocas (mañán examen). Despois de esto tamén ten sentido decir que tamén hai formas nas camisetas e que as veces teñen tendencia según xeografía. Si che dan unha camiseta de tiras (como de baloncesto) no Grove, será raro-raro, o mais probable e que si che toca unha camiseta de tiras, estes na Illa. Si é de pico pode ser moi ben en Cambados e despois o mais normal será a tipica camiseta-camisetadetodalavida.
Como podedes ver esto das camisetas ten o seu merito, para non darlle aprecio.

5 comentarios:

enredada dijo...

Qué chulas!!!! huelen a espuma y brea (no se si a algo más :-)

Bicos, meu.

Nautijorge dijo...

Traballáchesche o estudo das camisetas. Os vindeiros en facer unha deberían consultarche...; -)

Fernando dijo...

María, a mi tambien me huelen a tardes fantasticas y a vicio, vicio de mar, de barco, de gente, pero sí, huelen, por eso las guardo.

Jorge, a verdade e que o das camisetas gustame, sempre que organizo unha regata, procuro que sea un detaie pensado, non o chou, en eso vaime o aprecio os participantes, que é moito.
Ultimamente, parece que o persoal di, que xa ten moitas. Por eso pareceme oportuno adicarlle este espacio, e é que son historia.
A que hai algunhas moi bonitas?

Nautijorge dijo...

A mín tamén góstame especialmente a minimalista e mais a de Xocas.

joão marinheiro dijo...

São viagens ao mundo dos barcos...
abraço companheiro