martes, 2 de febrero de 2010

CURIOSIDADES MARIÑAS

Decir que a nosa Ría e bonita, salta a vista, entar en comparacións non ten sentido. Pero o que a maior parte de nos non sabemos e o bonita que é por debaixo do mar, non hai que ir moi lonxe, soio ter a oportunidade de facelo, e eso foi o que nos aconteceu un de estos días pasados, mergullarnos e aproveitar para disfrutar.
Aquí algunhas das fotos que tiramos. O que mais me sorprendeu son as anemonas, mesmo parecen as do famoso Nemo, non?

Fixandonos ben, poidemos observar entre as pedras unha zamburiña, non unha volandeira, era unha zamburiña, ou como oín estos días chamarlle, unha "española" como din os vellos zamburiñeiros cambadeses. Alguén sabe porque?, eu non, pero teño unha idea de por onde pode ir, agradecese si alguén o sabe que o diga.
Mais variedade de anemonas, todas elas moi perto.


E camaróns, collín moitos na miña adolescencia, pero nunca os vira, así pousados, mirando a camara no medio das ramas dos bochos.
Os tipos posaban como modelos en diferentes posturas.
E logo algo de espectaculo, o anfitrión da visita decideu darlle de comer as anemonas, menú: uns anacos de lura, pero ollo, alí estaba alguén mais con fame, os camaróns rapido se votaron a quitarlle a comida (que rapidez!!) uns e outros pelexaban por levar o bocado.


E diante do fruallo outro que se quere anotar, aparece un "cacaracá" que non quere perder a ocasión, a anemona, facía valer os seus poderes intimidatorios e levouse a tallada, o camarón tamén tipo parte.

E para remate unha das maravillas de cotío. O noso anfitrión, o responsable do mergullo, Xesús Piñeiro Bellas, o meu sobriño, ensinounos unha pequena sorpresa, os chopiños recién nados, do día anterior, como unha uña do meñique de un neno. Tiñan un día de vida, outros estaban a punto de sair do ovo, tivo que apartalos dentro do acuario para poñelos en este artiluxio de fabricación galega onde os protexía dos depredadores e das correntes que xenera a osixenación do sistema.

Podedes ver os pequenos o carón dunha "uva" do racimo, que está inflamada a punto de eclosionar e traer outro chopiño a colonia. Os pequenos movianse sempre de cara a luz da lanterna, ninguén llo aprendeu, o instinto fai que se movan dende o 1º día en busca da luz, e como vedes mesmo parecen adultos, mudan a coor e non poidemos comprobar si tiñan "borro" ou tinta como queirades chamarlle. Aqui vedes a escala real comparando coas cunchiñas, moi pequenos.
Advertencia:
Todas estas fotos fotos tomadas diante do acuario de Xesús, todos os animais participantes, foron recollidos por él, en estado penoso ou moribundo. No caso dos "racimos" do chopo, estaban a deriva fora do soporte que normalmente os protexe, e normal que os mariñeiros sembren o mar de ramallos de pino, para que as xibas, poñan ali os seus ovos.
Dentro de un par de meses todos estos actores voltarán a liberdade, pois remata o curso e o acuario pesa moito para transportalo. O coidado pola vida dos mesmos do responsable e TOTAL, non permitindo ningún abuso e mesmo controlando a presencia de outros peixes que poidan impoñer conductas abusivas sobre o resto, o control da armonia natural e maximo.
Grazas Xesús.


5 comentarios:

Nautijorge dijo...

Chulísimas as fotos, Fernando.
As actinias e os chopiños saen espectaculares.
Pra min "la española es una aceituna como ninguna..." ;-)
Pero podería vir como contraposición de que á volandeira chámanlle a zamburiña francesa?
Ou porque a súa cuncha, similar á da vieira marca o camiño de Santiago?
Apertas.

Anónimo dijo...

Xa ves, o de Hawai ... os paraisos que ten alguen no piso de estudiante, a verdade e que me impresionou, e pareceume fermosisimo, por eso lle tirei as fotos o dos chopiños e simplemente espectacular, estou pensando en facer un video ou algo así, antes que os vote o mar.
O da española eu penso que é polo que dis. Unha e a invasora francesa e a outra a "española".

Apertas Jorge.

lino dijo...

Se queredes coñecer algo máis do que temos debaixo do mar nas nosas rías recoméndovos este libro que editamos en Todogrove Edicións
http://www.todogrove.com/index.php?option=com_content&task=view&id=2374&Itemid=1
e que podedes atopar nas librerías galegas.
Fernando: permiso para a (publicidade?)

Anónimo dijo...

Lino, xa estiven eu a punto de decilo, pero o remate pòr redacción, quedoume fora.

Bueno, a que son fermosas?

Fernando

enredada dijo...

¡¡¡¡Qué bonitas!!!! cuando era pequeña me pasaba los dos meses de verano en una calita solitaria que se llama San pedro, en Veigue, (ahora está apestada de gente) Me fdascinaba todo lo que se veía en ella cuando bajaba la marea. Un día metí la cámara de fotos envuelta en una bolsa de plástico para hacer fotos como estas tuyas :-) y ...sigo viva de milagro. Imagina a mis padres cuando me vieron llegar con la sagrada cámara empapada...
A las anémonas no les sabíamos el nombre y les llamábamos borcias y melasenciendes.

Besos anemónicos.