martes, 9 de febrero de 2010

Carteis do 1º Trofeo Galicia

No ano 2.005, o mesmo tempo que se argallaba o Encontro de Cambados, tamén se poñia a andar o Trofeo Galicia de Dornas Vela. As asociacións uns anos antes decidiran abandonar a Federación Gallega de Vela, por considerar (en breves palabras, non é o tema) que non recollía o noso "espiritu" e non podía representarnos axeitadamente. Pois como decía un grupo de asociacións propulsou o Trofeo Galicia, financiado, este primeiro ano, en parte pola Fundación para o Deporte da Consellería de Cultura. As regatas que se incluiron foron: polo Grove, a dos Faros, pola Illa, o Bao e o Cantiño, por Cambados a do Albariño e por Riveira a de Palmeira ou Volta a Rua. Non era o campeonato galego, nin o pretendía, pero apreciouse un xeito de dar a coñecer un pouco mais, si colle, as regatas que facíamos. Aparece a FGCMF coordinando regatas por vez primeira.Os carteis, foron todos un pouco iguais, agás o de Cambados, ahí casi se inauguraba o da "foto cartel", o que escribe constalle do agrado que supoñían a vista e que en algúns casos produxerónse comentarios do "bonitiños" que quedaran.


O Trofeo Galicia ainda se celebrou o verán pasado variando algún dos organizadores. E entre a maioría dos regatistas de dorna que compiten por entrar os primeiros e tomado en conta como referente da tempada.

Cal vos gusta mais? si e que vos gusta algún.

5 comentarios:

Xocas dijo...

O dos Faros non está mal e o do Bao ten o seu aquel. Dificil decisión!

Nautijorge dijo...

A min quizais gústame máis o de Palmeira coa illa Rúa, pero a foto da dorna cun rizo, da regata do Cantiño, paréceme interesante.
Apertas, Fernando.

Fernando dijo...

Coincido contigo Jorge, non era un rixo debían ser 2 ou tres, pois a forza do vento era 5 ou ... foi durante o Encontro de Cambados que soplou o que non está escrito. Foron uns dos poucos días do ano e do verán no que os barcos do cerco non foron o mar en Cambados.
Por certo a foto de Rua e de Luis da Fonte e recolle o momento en que a Fungona consolida unha impresionante remontada atrapando a ese grupo e posteriormente escapando ... moito esa regata da Fungona, e que instantes antes pasabanos hasta un neno a nadar, pero ... toques máxicos e a voar.

Nautijorge dijo...

Je,je... non o sabía.
As veces isos toques máxicos semellan cousas do demo...¿que non? ;-))
¡Ben pola Fungona!

Fernando dijo...

Ten a súa explicación: estabamos estrenando a "machina" e cada día era unha proba, ese día aprendemos a "bolinar" meior, pero sí, foi unha das meiores remontadas da Fungona. Cousa a que desgraciadamente está acostumbrada. Ayyyy !!! si tuviera buen ... :)