Sorteando as pingueiras con vontade e imaxinación, pois non é doado facer tanto con tan pouco, que onde hai que elevar, hai un pau, pero non un calquera, o mastro dunha dorna. As varas de portar convirtense en complemento de traballo no elemental e básico sistema de suxección, mesmo parecen o velamen de un barco. As telas pertencen os fondos do Museo do Mar que de este xeito tamén colabora, mantendo vivos os seus elementos expositivos.
E a verdade vendo todo esto un ten unha cuantas sensacións, primeiro as positivas, de un xeito tan sinxelo co traballo desinteresado de unhas persoas (e do equipo de deseño) un vello pendello xurde unha exposición, onde ademais dos deseñadores tamén interveñen os "inxeñeiros de pingueiras" eses artistas que localizan e canalizan as pingueiras, para que as lonas esten a salvo, agora soio falta o remate.
As outras son o cabreo, porque a pesar de todalas loubanzas, palmadiñas e recoñecementos varios, unha asociación como a ACD Dorna (como poidera ser outra) esta a traballar no precario mais inconcebible, levan anos demandando instalacións, nin Concello, nin Deputación, nin Consellerías ou Portos, ninguén, están como estamos todos, no mais miserento esquencemento. Soio hai cartos para a súa publicidade, menos mal que polo camiño aproveitamos para tirar proveito e cada vez somos mais, e seguimos abertos a ampliar, sobre todo ampliar dimensión con imaxinación.
Mentras, nas instalacións da vella fabrica cedida, e moitas grazas ó cedente que suplementa as carencias da administración e non ten problema en deixar usar mentras non teñamos outra (¿?) e mentras él poida, mentras, como decía, vai collendo forma esta nova tolería dos de Dorna.
E é que estes deberon caer nunha pota do caldo de mexillón un día que os de Madri decían que había toxina na Ría e ... Como era ... están tolos ... quen? ... os romanos!!!.
ACLARATORIAS: As mencións expresas o "equipo de deseño" son desexo do xefe dos irreductibles, Uxio. Tamén perdón (meu) o equipo do blogue do lado, non é intención deste veciño pisarlles unha entrada, esta responde a petición feita polo anterior citado e un pouquiño de colleita propia.
5 comentarios:
cómo todo! o que ven da asosiasión sempre é bo. E bo tamén é o "equipo de deseño", aínda que moitos pensen que os de dorna somentes poden orjanisar seráns "endemoniadamente fermosos" (con sorteo dun lote de productos "lamar" de ricos incluído); gústame isto das comiñas por iso vou rematar con elas: "expodorna 2009"...proximamente en vilaxoán
Bravissima equipa de desenho! Hai que ver, deixas ceive uns dias a esta xentiña e mira a que montan con catro paus e unhas lonas... xa me vai tocando ir por Vilaxoán, polo que vexo!
apertas picheleiras!
Si Andrea sí, estes son terribles como o Magiver, con catro paus, duas telas e equipo de deseño non esquezas.
Boa iniciativa e boa idea a das lonas. Antes mortos que inactivos ;-) Parabéns aos implicados e apertas para ti.
Gosto do uso muito actual dado às lonas, vão enriquecer o espaço e fazer companhia aos barcos.
Abraço Fernando
Publicar un comentario