miércoles, 16 de septiembre de 2009

X REGATA DO ALBARIÑO

O sabado pasado, a Regata do Albariño que se celebra en Cambados chegaba a súa 10ª edición.

Por mor dos aprazamentos fixo que se celebrara a día da Valbanera, da Nosa Sra da ... como din en San Tome, onde en outros tempos as regatas de dornas primeiro, e logo de loros eran unha tradición (xa vos direi mais cousas de estas regatas onde nomes como "Oca" "Tranchito" "Jarulo" ou "Ciscar" escribiron historia), sempre a bogar (sonavos?), ahí os mariñeiros cambadeses eran os meiores da Ría, hoxe que decir, contabame Sr. Lorenzo, en unha de esas tardes de dorna varada, de ... aquel día que iban para o mar e era festa no Grove, como levaban tempo, foron hasta alí, cadrou uns minutos antes da regata e ... esa noite non foron o mar, pero pasarono moi ben.
Hoxe as regatas son a vela e os de Cambados facemos unha regata, son outros tempos, a verdade sea dita no pobo nunca oubo moita "polbeira".

A regata cambadesa ten un trazado condicionado (algún protesta, pero é o que hai) e vese moi afectado en función do vento (si non correntadas), pois o percorrido mais longo sempre e cara o Norte, calquera outro vento provoca unha regata rapida onde os rumbos sucedense a “un largo” ou en “popa”. Este trazado que por un lado non e bon, por facil, resulta bon e polo mesmo a regata pode ser unha festa.
Así o sabado a inquedanza unha hora antes, estaba en si habería vento, ou tamén poidera ser que se pechara de bretema. Por eso cumpría facer a saída puntualmente, asegurando o ventiño mareiro que entraba o redor das tres da tarde.
Como decía douse a saida as 16,10 horas con vento frouxo do oeste (a pesares do señor xuiz), que se mantería durante toda a regata con leves caidas e repuntes que lle daban emoción o resultado. Decía Moncho Blanco “Monchito” despois dos primeiros pasos por boia, que nada estaba decidido e podían pasar moitas cousas, esto era así porque a saída, dende o peirao de Cambados rumbo a boia do Orido era unha bolina que como sempre divideu a flota en dous, os que foron cara a ponte da Illa (algun casi chega a Illa) e os que se van cara a Illa da Toxa, gañaron os que foron cara a ponte e pasou primeiro polo Orido a Cariñosa (para que despois se fale de peso a bordo), seguida da Pereka e a Xarandeira o resto dos galgos tamén en cabeza iban a corta distancia e en unha popa de novo a Cambados, mandados pola Cariñosa e a Pereka, por detrás alternabanse Jalerna, Xarandeira, Bazarra, Necora, Forza R e Fuxe, todos os galos, galiñas e pitos ata 33. Afrontábase o tramo longo, rumbo norte cara a ponte, dende Cambados hasta unha boia situada a altura da “Abelleira”. A trampa estaba en sair ben do peirao cambadés para tomar en un soio rumbo a punta de Tragove, quen non o fixo pagouno con postos, a verdade e que foron ben poucos os que tiveron problemas.
A flota navegaba nunha ringleira sen apenas espacios entre unhas e outras embarcacións o rumbo era claro e o “ventiño” axudaba a facer unha regata bonita e participativa. Os “piques” xurdiron durante todo o percorrido entre unhas e outras embarcacións, así cada grupiño disputaba unha regata particular o que lle dou un valor engadido a regata e fixo que todo o mundo o pasara ben, ou polo menos pareciao, tanto que de 33 dornas remataron 32 en tempo o 33 dixo que foi a boia da Abelleira dúas veces.
Así as cousas os da cabeza afiaron velas para non perder posto. Pola Abelleira xa estaba marcada a cabeza, disputarían o 1º posto dúas dornas a Pereka que encabezada o paso e a Cariñosa que na mesma boia da Abelleira cambiaba antes para o Orido e tomaballe a cabeza maxistralmente con un "interior", detrás Bazarra, Fuxe e Forza R que fixeran unha bonita remontada, logo, Xarandeira, Necora e A Rona de O Grove que animaba o grupo de cabeza presentado batalla.

Polo Orido a falta de un rumbo corto en popa pasaron alternando posicións Cariñosa e Pereka casi a un par e en ringleira o resto. Así as cousas todo estaba por decidir unha forte marcaxe entre todos e unha popa pechada hasta meta con un vento que amenazaba con quedarse en calquera momento (pero non se quedou) dende o Orido a Cambados vai moi pouco pero fixose eterno pois a tensión cortabase, ninguén se movía a bordo, calquera movemento podía facer que a embarcación se desventase o suficiente como para que outro se aproximase demasiado e así uns un pouquiño mais outros un pouquiño menos foron poñendo rumbo a meta. As entradas foron de “fotofinish” e casi sen marxen entre un grupo e outro. Primeira foi a “Pereka” que adiantou a “Cariñosa” logo a “Bazarra” que confirmaba a súa excelente tempada e logo “Xarandeira” e “Necora”, 6ª sería a “Jalerna”, 7ª “Fuxe”, 8ª “A Rona”, 9ª “Forza R” e 10ª a “Fungona” cambadesa.
Así, semparada hasta 32, de unha en unha e un duelo en cada entrada, cada acercamento a meta era unha final. Fermoso espectaculo o ofrecido en Cambados, de eses que fai afeczón. E que o bonito de estas regatas é que non rematan no día, sempre queda algo que comentar, de que como me pasaches ... aquel cambio que fixen ... mira que me fixeron. E logo entre cunca e cunca voltará a sair e deixará o sabor do salitre, do alquitrán, da dorna, dos amigos.
Creo que foi a regata onde mais rapaces e rapazas participaron, os xefes Salva e Lino, Catarina, Barbara, Sergio ..... e tamén suliñar as tripulacións integramente femeninas: Susa-Marrou, Bea-Patri ... e faltaron.

Remataba así un día da Valbanera onde se recordaban tamén as memorables regatas que no peirao cambadés se desenvolvían hai xa moitos anos.
Na "Cultural" foi a entrega de premios que como é costume na regata cambadesa, son orixinais e deseñados por ese feitizo artistico que sempre vai polas rúas do pobo.
Esta regata fixose grazas a Fran, Santí, Fernando, Maribel, Carmen, Xacobe, Blanca, Quinso, Sergio, Chapi, Suso e Juan Servando.

6 comentarios:

bea dijo...

foi todo un pracer participar na regata e en todo o demais.
parabéns a todos

bea dijo...

e a todas

Na Arousa dijo...

"sempre a bogar (sonavos?), ahí os mariñeiros cambadeses eran os meiores da Ría"

Home, por favor! Na Arousa, cando un rema mal, a destempo, cousa que ocorre normalmente cando es novo e estás aprendendo, díselle: "pareses do leste". E non é por nada, pero penso que esta expresión refírese tamén ós de Cambados. Así que menos lobos. Isto tamén ten moito que ver coa pouca pedagoxía que se emprega no mar. Ou aprendes por ti mesmo, por observación e espabilasión ou senón xa sabes... bronca que te criou.

Parabéns polo blog e por todo o traballo que estades a facer tamén neste mar que é a internet e na súa rede.

Fernando dijo...

Na Arousa, ti dirás o que queiras, pero o pasado é como é, hoxe os meiores son os do Grove e Cabo. E si non me equivoco o L'este da Arousa e Vilanova ou Vilaxoan si queres, Cambados escomeza a S-SE, mais ben sur da Arousa. Ali os remeiros creo e penso que non me equivoco (sempre falo do que me dixeron) chegaron ir bogar a famosa bandeira da Concha, agora podo equivocarme, pois ... dixeronmo. E fotos de xente a bogar en regata hai unhas cuantas (Je-Je).
Xa sin coña, ten moito sentido que se bogara ben, pois non había dornas pequenas, si gamelas que iban o rastro, lanchas é mecas grandes -que chegaran do Grove- para ir a buscar o peixe tiñan que bogar, pois sen ser fondo de ría, esta lonxe do canal ou da boca da ría, pensa en Riveira ou no Grove, a Illa non tiña dornas grandes (creo). De todolos xeitos aquí tiñamos tradición de bogar e de competir bogando, na miña casa .... .

Lino dijo...

nos na Semparada fumos bogando ata O Grove, o corpo humano é impredecible

Fernando dijo...

Lino tes razón o do corpo humano é algo distinto, si apetece ... apetece.