jueves, 10 de septiembre de 2009

ESCARABEUS

Non sei cantos de vos coñeciades este nome, "escarabeus". A min sorprendeume, nunca o oíra e grazas a Daniel Otero temos constancia de él.





A verdade e que sempre tiven claro que para amarra a dorna o meior non era deixarlle toda a forza sobre a peza da proa. Daniel amosanos os escarabeus que non é nin mais nin menos que un elemento para amarrar e axudarlle a peza da proa a soportar o esforzo.





Bueno, mais claro non podía ser, e a súa utilidade, mais que demostrada, van clavados entre as pezas.

Saúde.

3 comentarios:

anton"nontesninidea" dijo...

O dos escarabeus hai xa muito tempo que está publicado. Nada novo.

Ora que un excelente informante do Grove como Parada comentaba que el sentira dicir máis ben "carabeus" que está máis próximo á forma galega antiga.
Habería que ver cál é a forma dominante entre os galegofalantes do Grove. Pero iso xa é cousa da linguística

anton"nontesninidea" dijo...

O dos escarabeus hai xa tempo que está publicado. Nada novo.
Ora que segundo Parada me dixo unha vez cando lle preguntaba por estes cabos el negaba que esa era a forma senón máis ben a de " carabeus" que está máis próxima á forma galega máis antiga. Os dous termos foron recollidos no Grove e habería que ver cál é a forma dominante entre os galegofalantes... Pero iso xa é cousa de linguística.

Fernando dijo...

Perfecto Antón, grazas pola túa colaboración, eu falei con xente que non os coñecía. Si hai mais aportacións pois ben vidas, aprendemos todos. E de paso contribuimos a ampliar o obxecto da miña "osadía" que non é nin mais nin menos que os que non sabemos, aprendamos. E esto é un apuntamento que eu tiña pola casa.
Tiña moito interés en saber os nomes de Bueu-Ons e os de Barbanza, así que ... o saber colectivo cho agradecerá.