Dornablog

miércoles, 2 de octubre de 2013

PEDRAS DO MAR

Son un individuo de Ria adentro, de fondo de Ría da beira do "gran lago", onde os espumallos non chegan e o mar de fondo traenno as persóas, o mar a beira da miña ría trae vento, ouvellas, esterco e moitas outras cousas que eu non quixera, pero bueno, e o corso que colle a sociedade.
Sempre me gustaron os fieiros que fai o mar, igual "gustaron" non e a palabra mais correcta, pero si que é a autoestrada por onde o mar move una parte do seu contido de superficie. E quero sair nun fieiro, imaxinades que experiencia, vai de todo.
Despois de esta intro, tratarei de ir o caso que non e outro de que poucas veces saín pola porta Norte de Salvora e sempre que paso impresioname.
Este ano vindo do Encontro, do noso Encontro, caia a tarde o sol poñiase rumbo America e a "Fe en Deus" perdíase no mar rumbo a súa Povoa. E claro o menos que podía pasar era atoparnos coas pedra máxicas, exercitos, animais, cabaleiros inanimados, eses seres da mitoloxía arousán que descansan petrificados mirando por nos.
Eu non sei os seus nomes pero a verade e que ben podería darlle nome pois moitos de eles teñen personalidade para levalo por boca de cada un que os ve. Deixovos unas fotos para que disfrutedes como eu o fixen. Agora que o outono amenaza con levarnos o sol, co viño xa maduro.
Por certo si teñen nome decideo.
 
 
 
 
 
 
 
 
 O de non saber como vai o do pothochop
 

Rua

Si premedes enrriba podedes velas mais grandes.

Saúde

lunes, 29 de julio de 2013

XI ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA

Xa pasou outro Encontro, o XI, nin mais nin menos e a pesar de todo e de algún, coa mesma capacidade de xenerar emocións e novos adeptos.
Este de O Freixo-Outes, non foi un mais, e non é retorica, poido ser meior ou de aquel outro xeito con respecto as anteriores edicións. Pero non é un mais, porque os que levamos asitindo cada dous anos, dende hai uns cantos e vivindo -de perto en algunas ocasións- o que é cada Encontro, deixanos una serie de "reflexións".

Certamente o Encontro foi fermoso, O Freixo xuntaba unas condicións que facia de xusticia a celebración de un Encontro, agora debería decir: "Encontro con arrecendo a madeira, brea, calafate ... golpe de martelo, ris-ras de serra", pero moderareime :-).

Seguindo: O Freixo, reúne condicións, baseadas, na súa fonda cultura marítima, na material e na inmaterial, e na súa fermosura paisaxistica, onde os pantaláns non se "comeron" todo o litoral, a verdade e que son moi comodos, pero comense toda a beiramar, algún día debería ver de armonizar pantalán e patrimonio. Igual poden vivir xuntos ou perto e ninguén sairía perxudicado.

As persóas. Tamén me gustou ver que "os vellos" nunca morren e dan alma a cada xuntanza e os novos, cada vez son mais descoñecidos e decir, son mais. Será que o fenómeno, evoluciona, muda caras, pero segue a espallar o espirito.

Para mais de un e en mais de un lugar, o Encontro, e esa data a marcar cada dous anos, ainda que coste, pero a cita cos amigos non se esquence.

Os barcos, Aquí a evolución e fortísima, mudou por completo o paisaxe do Encontro. Alguén se decatou a o "Joritas" non estivo , ou que faltou a "Rabandeira", falamos de barcos de moita eslora, para nos. E ainda non arbolaron o "Avelino Manuel" e "Komaira". E faltou o Hidria..

 
Pero mollaronse o "Coruxo", "Cortegada", "Rei do Mar", "RH 1"da Abelleira o "Vieta" .... a dorna de Lajareu. O que en Carril-Vilaxoan (ou Vilaxoan-Carril) foi un aviso, no Freixo foi un feito consumado.



Estamos na nova fornada. Esto supón que debeu ser o Encontro con menos dornas o que asistín, elas, as que sempre dan alegría e dinamizan, supoñendo un xeito de facer Encontro o que debemos estar sempre agradecidos, pois con elas moveronse moitos esforzos, moitas persóas, ano tras ano.
Esto ven suponer, que o numero, como tal, que cuantifica e sirve para entonar estatisticas, di que oubo menos barcos, pero así o número aillado, non di que barcos ni o esforzó que a nivel asociativo supón manter estos barcos (coa que chove). Ahí ben o outro grande éxito, os pequenos barcos, non morreron, están nas asociación ou a nivel individual e xurde o "esforzo asociativo de gran eslora", manter estos barcos require dous factores, xente, persóas, man de obra e solvencia económica. Os "benevoles" non fallan.

En terra, igual non foi tan espectacular como outros, ahí e onde se nota mais o tema de apoios económicos, pero estivo ben, digno moi digno, onde o saber facer da FGCMF e os seus achegados, pon man e mantén o listón.

Agora a min quédame una dubida, o problema do Encontro ven pola via económica ou pola das infraestructuras?, como se lle da cabida a esta flota nuns portos "pantalanizados" e de uso regulado? (lembremos Muros). Por eso, como deben evolucionar?.

.... De que me estou esquencendo ....... 
 
 
 
 
 
 
 
 


 
Estamos ?, e mais outros mais.

viernes, 21 de diciembre de 2012


miércoles, 5 de diciembre de 2012

REFLEXION NOSTALXICA

Hai tempo que este espacio non ten actividade, ningunha, sirveme como base para ir e vir por todos aqueles que si tendes actividade, hai un titulo musical de que "non sei quen matoua a estrela de non sei que", (preciso, preciso, xa o sei). Pois eso que o do Feisbuk matou un moito os blogues. Senon fixadevos en cantos manteñen a actividade .... unha pena. Co bonito que era, esa descripción pausada de sensacións, vivencias, ocurrencias e outras esencias ... Mirando un blogue moi activo, vin unha foto que non podía ser de outro MAIS QUE MIÑA (a miña propiedade intelestual :))) ), efectivamente así era, era miña. E decir de todos os meus amigos. Teño claro que o que escribe no blogue non é meu amigo, e xa van varias fotos que me pilla e nunca cita a procedencia o cal hasta casi me da igual. Pero hoxe teño que agradecerlle que me fixo remontarme en todos esos anos vendo entradas de blogue (para ver de onde ma "roubara"), do meu, das miñas sensacións, ocurrencias ..... e todo eso, que antes TODOS NOS, NOS CONTABAMOS. das fotos curiosas das que sempre vos ofrecín ou pensando que eran fermosas e quería compartilas con vos, estoume acordando de Marta, Marta enseñame (nos) cousas fermosisimas dende o seu FB, de xeito telegramatico (existe esta palabra?).
A verdade e que non quería facer un artigo de opinión. Pero si RECORDARVOS.
 
E ver si esta mala nube nos deixa tempo nos miolos para adicarlle unhas fotos, unhas sensacións ou calquera cousa para os amigo.
Así que "non amigo rouba fotos sin decir de quen son" GRACIAS, por facerme recordar unhas historias moi bonitas de estos ultimos anos. E agora que foto vos poño??? menudo problema...
 

 
Ons, que este ano vin moito, mais que nunca, pois mirabame pescar as fins de semán e o bombo de Dorna, que sempre chama a alegría a festa. Porcerto, o día 01 de decembro foi a cea de Dorna, antes da FGCMF. e FALTOU MOITA XENTE, demasiada e non pode ser.
 
Estou pensandoque esto non o vai a ver ninguén, pero bueno os que pasedes por aquí bos seredes.
 

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Nadal 2011



martes, 25 de octubre de 2011

PABLO CARRERA

Coñecín a Pablo cando, xunto con outros, andabamos a argallar o Encontro de Cambados, e ali ibamos a trair un monte de Museos, que viñeron, encheron un grande espacio, probablemente o mais grande de calquera Encontro.

Xa sabía de él que estivera montando e movendo na Illa de Arousa dous anos antes, pero non sabía mais.

Logo veu un periodo intenso onde a FGCMF moviase o toque de acontecemento, Brest, pre-Brest, Ardentías, Ferrol .... e calquera cousa que polo medio se puxera.

A miña principal anecdota con Pablo, foi unha de esas veces (a 1ª) que me tocou falar en publico en Portugal, ala por Lanhelas, corría o ano 2.005 e tocaba anunciar o Encontro, eu levaba a lección ben aprendida, colaboran ..... consellería, consellería, .... e ainda que non tiña moito auditorio e era amigo, esquencinme de nomear o Museo (os nervios), Pablo estaba alí, e non poiden menos que pedirlle perdón, foi unha das veces que mais perdoado me sentín, de verdade creinmo, despois viñeron moitas xornadas onde o Museo sempre estivo para votar unha man, ata o punto que a experiencia, criterio e traballo do seu director foron sempre pezas fundamentais nos acontecementos mais importantes no eido do movemento asociativo da Cultura Maritima.

E porcerto este comentario non leva fotos porque creo que non teño ningunha de él, e porque si quixera poñelas tería que encher esto de fotos onde estaba a súa pegada e son moitas.

jueves, 22 de septiembre de 2011

PEDRAS NEGRAS, COMBARRO E TITO SILVA








Cronicas con retraso.












Ainda que as entradas non foran moitas a actividade no mar permaneceu, non todo o que un quixera, para min, pero bueno ahí está.
Teño unhas cronicas, escritas, pendentes de publicar por mor de inserir as foros e imos ver de darlle un repaso por orden.


BARCOS CLASICOS EN PEDRAS NEGRAS. 20 Agosto de 2.011.

Xa van unha cuantas edicións e a cita parece consolidarse, e decir, armadores e asociacións toman nota da data e o Club Nautico de Pedras Negras e os Amigos da Dorna Meca contan con unha boa participación. Onde os barcos clasicos mesturanse cos tradicionais e así poden verse estampas tan fermosas como o Novo Sofía a carón de un Tofinou (Arosa III) ou de un 6M (Acacia), que non mide 6 metro,s senón algo mais. O premio en estas reunións non é o mais importante, pero desenvolvese unha regata, que este ano consisteu no que se dá en chamar unha "jincana", coller nunha boia as posicións na carta de onde están as outras boias que conforman o percorrido, está ben, engadelle emoción, o que pasa que agora que todo mundo leva GPS, pois ....



Como decía dende o espectacular "Industrial-Manuyael" hasta a "Fuxe" ou a "Laxe de Boibas", pasando polo "Miña Meniña", "Cassandra" ..... "Sara O". Todo un mundo de tipoloxias.




A mañán escomezou sen vento, ninghun vento, tan pouco, que para movernos tiñamos que encender o motor e mesmo soplar. Aboiados polo mar agardamos hasta a hora de facer algo, e así en procesión dende o peirao de Pedras Negras, fomos ata a Lanzada a coller o sobreciño da "jincana", logo do paseo unha leve brisa escomezou a mover as velas, os mais pesados pois .... mais dificimente avanzaban e ahí os mais lixeiros, como o "Acacia" (6m) ou o "Arousa III" (Tofinou) ... foronse, pois son de regata. Os demais como podíamos ibamos poñendolle cara as marcas de boia, o remate cando o que mais ou o que menos xa fixera dúas boias (de tres) o vento foise esvaecendo e o mar de fondo impedía que o pouco que había traballara en condicións, así que os motores fixeron o seu traballo e unha boa parte da flota rematou como escomezou, a motor. Tamén oubo un concurso de fotografía e premios por categorías, ... epoca, clasicos ... esto facía que o Novo Sofía competira co Industrial e os dous contra o Acacia, bueno, quen gañe e o de menos, ninguén se queixou, é somentes unha anecdota. O mais importante e a bonita xornada de navegación que tivemos, e as fermosas liñas de embarcación das que poidemos disfrutar, ainda que o vento fora escaso.





XUNTANZA DE COMBARRO 26/27 e 28 de Agosto.





Como sempre un exito, a amabilidade das xentes de Reiboa e a excelente organización, fan de esta xuntanza un lugar idoneo para vernos todos as caras, os da Ría de Vigo da de Pontevedra e da Arousa, todos acudimos a Combarro tradicionalmente, esto fai que a cita de Combarro teña un excelente nivel de participación en número e calidade de tipoloxías, que nos últimos anos se especializa mais nos "grandes barcos", pois para os de afora e mais doado achegarse, sen que deixen de asistir os pequenos, así da Arousa baixaron galeóns, dornas de todo tipo: de tope, de escarba e "transoceanicas". De Vigo: dornas, botes, gamelas e galeóns e outro tanto da de Pontevedra, é decir unha excelente e variada participación. Adornada con gaitas e paderetas, e músicos que chegan dende a mesma Bretaña. A gaita Bretona poñía son a saida e a arribada, todo un luxo que estos amigos bretóns nos deparan, igual que os algareiros da ACD. Dorna e estos daslle un garabullo ou un "ai que me dis" e xa a teñen montada, aparecen gorxas, panderetas gaitas e ... e a facer música, sen palabras, ou como dirián eles "paaala pala pala palabras amorooosas ...." que van os catro ventos.
Regatas de remo e vela, onde se impuxo un patrón de Cuntis, P. Campos, patroneando o galeón de Sanxenxo, así engade a "Regata da Pamplina" o seu palmarés, xa pode ir presumindo.
Na de remos a embarcación de Portonovo "Habana" impuxo a súa lei de tecnica e musculo, magóa para os mecos da "Faisca" que tiveron avería no ultimo arreón e mesmo case son superados pola "Bicoca" (porque se chama así esta dorna? ehhh!!!).



E por suposto escenario e actuacións en vivo para todolos gustos.







MEMORIAL TITO SILVA, Cambados.



E unha das últimas dos barcos grandes e o Memorial Tito Silva, xa temos falado do personaxe, así que falaremos da excelente tarde de navegación que nos deparou esta convocatoria, 10 de setembro de 2011, día da Valvanera, ou o que é o mesmo a Festa de Sto. Tomé onde Cambados respira mar (peixe, alquitrán ....) por todolos costados. Alguén dixo alghún día que Colon lle puxo St. Tomé o S.T. de America, porque este coñecía o noso S.T. e ambolos dous se semellan moito na súa posición e forma diante do mar. Dixo un historiador.



Pola mañán temiamos por ela pois o forte vento e climatoloxía irregular facían que tiveramos os nosos medos, o WGurú non predecía nada bon, pero ... pouco a pouco foi descubrindo e o vento quedarse nun forza 3,5 ou 4 que daba un navegar para os barcos asistentes moi agradable, pois movianse con soltura.



Esta cita de seguir así, convertirase en obrigada para os barcos grandes da Arousa, a eles vai enfocada ainda que a convocatoria e aberta, pero sempre se espera a presenza dos barcos do Grove, Illa, Vilanova ... e o propio Cambados, onde a "Jorita" e a "Airexa" pasan a ser anfitrionas pois Tito foi "alma mater" e fonte de inspiración de elas. Tamén se esparaba o "Cortegada" pero non poido ser, outro ano, e outro ano poderemos ver esa poderosa flota de galeóns que esta a xurdir.

Como decía tarde soleada con un vento de forza "4" +/- que fixo que todos disfrutaramos, acudiron os que poideron e como non é unha regata (bueno as veces ....) o ir e vir dende a baliza do "Orido" hasta o peirao vello de Cambados deixaba un fermoso espectaculo de lucimento. O remate na nave de exposicións da Fabrica de Peña un pincho e cada un para o seu porto. Excelente xornada de convivencia que deixa un ano mais bon sabor de boca e anima a voltar.