Xa pasou outro Encontro, o XI, nin mais nin menos e a pesar de todo e de algún, coa mesma capacidade de xenerar emocións e novos adeptos.
Este de O Freixo-Outes, non foi un mais, e non é retorica, poido ser meior ou de aquel outro xeito con respecto as anteriores edicións. Pero non é un mais, porque os que levamos asitindo cada dous anos, dende hai uns cantos e vivindo -de perto en algunas ocasións- o que é cada Encontro, deixanos una serie de "reflexións".
Certamente o Encontro foi fermoso, O Freixo xuntaba unas condicións que facia de xusticia a celebración de un Encontro, agora debería decir: "Encontro con arrecendo a madeira, brea, calafate ... golpe de martelo, ris-ras de serra", pero moderareime :-).
Seguindo: O Freixo, reúne condicións, baseadas, na súa fonda cultura marítima, na material e na inmaterial, e na súa fermosura paisaxistica, onde os pantaláns non se "comeron" todo o litoral, a verdade e que son moi comodos, pero comense toda a beiramar, algún día debería ver de armonizar pantalán e patrimonio. Igual poden vivir xuntos ou perto e ninguén sairía perxudicado.
As persóas. Tamén me gustou ver que "os vellos" nunca morren e dan alma a cada xuntanza e os novos, cada vez son mais descoñecidos e decir, son mais. Será que o fenómeno, evoluciona, muda caras, pero segue a espallar o espirito.
Para mais de un e en mais de un lugar, o Encontro, e esa data a marcar cada dous anos, ainda que coste, pero a cita cos amigos non se esquence.
Os barcos, Aquí a evolución e fortísima, mudou por completo o paisaxe do Encontro. Alguén se decatou a o "Joritas" non estivo , ou que faltou a "Rabandeira", falamos de barcos de moita eslora, para nos. E ainda non arbolaron o "Avelino Manuel" e "Komaira". E faltou o Hidria..
Pero mollaronse o "Coruxo", "Cortegada", "Rei do Mar", "RH 1"da Abelleira o "Vieta" .... a dorna de Lajareu. O que en Carril-Vilaxoan (ou Vilaxoan-Carril) foi un aviso, no Freixo foi un feito consumado.
Estamos na nova fornada. Esto supón que debeu ser o Encontro con menos dornas o que asistín, elas, as que sempre dan alegría e dinamizan, supoñendo un xeito de facer Encontro o que debemos estar sempre agradecidos, pois con elas moveronse moitos esforzos, moitas persóas, ano tras ano.
Esto ven suponer, que o numero, como tal, que cuantifica e sirve para entonar estatisticas, di que oubo menos barcos, pero así o número aillado, non di que barcos ni o esforzó que a nivel asociativo supón manter estos barcos (coa que chove). Ahí ben o outro grande éxito, os pequenos barcos, non morreron, están nas asociación ou a nivel individual e xurde o "esforzo asociativo de gran eslora", manter estos barcos require dous factores, xente, persóas, man de obra e solvencia económica. Os "benevoles" non fallan.
En terra, igual non foi tan espectacular como outros, ahí e onde se nota mais o tema de apoios económicos, pero estivo ben, digno moi digno, onde o saber facer da FGCMF e os seus achegados, pon man e mantén o listón.
Agora a min quédame una dubida, o problema do Encontro ven pola via económica ou pola das infraestructuras?, como se lle da cabida a esta flota nuns portos "pantalanizados" e de uso regulado? (lembremos Muros). Por eso, como deben evolucionar?.
.... De que me estou esquencendo .......
Estamos ?, e mais outros mais.
Una copa de más.
Hace 5 meses
1 comentario:
Boa reflexión! cada vez vai ser mais complicado conseguir espazo para a flota nun porto.
Houbo menos dornas, e menos botes, pero como ti dis moita da xente estaba tripulando barcos grandes.
Eu salientaría do Encontro o papel do voluntariado, e sobre todo creo que foi o Encontro onde máis voluntarios "de terra" se viron navegar. Supoño que aparte da boa relación entre os tripulantes, "voluntarios de mar", e os "voluntarios de terra" tamén a eslora dos barcos poido influir para que se vise tanta xente de laranxa nos barcos
Publicar un comentario