

As regatas sempre poñen nerviosos a mais de un, eu debo recoñecer que casi non son quen de comer (a que resulta increible ?!), pois sí, está claro que si fora a mais regatas a miña liña de flotación o meior era outra. Bueno como decía, hai xente que se pon nerviosa e cando estás esperando unha saida, no mar non se nota, pero en terra, ten mais manifestacións, mais si cabe, porque tes que levar os aparellos á carreira na man, e claro, como é o meior xeito?.

De saída, en esa popa que enganou a moitos, xa practicamente se decideu a regata, a saída da Pereka ou a Xarandeira foron moi rapidas, pronto Dorado e Chica nos ensinaron a todos a popa e soio a Xarandeira con Santi e Pimón e Cariñosa lle seguían o ritmo (eso viamos os de atrás). A trás mais pegados o pasar pola primeira boia: Josefa, Mimela, Caracola, Fuxe, Maristela, .... Uns caerían outros subirían clarexando a liña de embarcacións que remontaban esta boia do Leste para ir cara o Norte rumbo ( + - ) Cabodeiro, antes do poligono de bateas, esas convidadas mudas que tanto falan nunha regata. En ese rumbo a popa transformabase nun largo, non moi aberto que facía que as embarcacións colleran velocidade e facíase "a toda pastilla" logo rumbo o Sur, cara a Escola, a situación das boias provocaba unha bolina que decidía, quen meior bolinara ou tomara o cambio na boia do Cabodeiro gañaba postos. Así as dornas arriscando chegaban ata as pedras e miraban as correas ronzando o temón, non se sabe que ninguén fixera canteira (agás a Semparada que nun lance de mala sorte tivo unha saida de pau e ... estaban por decilo finamente, "amolados", sempre e unha magoa que se dañen as dornas). Como decía -a bolina "ceñir" din por ahí adiante- ese rumbo onde a maxia dos patróns e as cualidades das embarcacións tanto decide. Parabens a "A Rona" Meca, vinlle facer un bordo impresionante, bolinou como ninguén e de unha tirada colocouse entre os primeiros, para logo manterse. Como en todalas regatas os duelos particulares mantiñanse e poñían a emoción o longo do pelotón dorneiro.
Mencionar tamén a Zenaida que supo manterse e confirmar ese momento que está a vivir e a manten o "to ten". E a Favorita que saeu ben e aguantou moi ben. E os compañeiros da dorna sen nome de Vilanova, que hasta o final andiveron mnoi ben.
A primeira volta sucedeulle a segunda o percorrido doado e así todos disfrutamos de unha excelente tarde de regata.
Entraron por este orde: Pereka, Xarandeira, Josefa, Cariñosa, A Rona, Caracola, Zenaida, Favorita, Fuxe, Bazarra ..... hasta 34.
Os trofeos outra vez moi bonitos, feitos por xente da casa, autenticos artistas, non oubo camisetas, eso si armonia e "bo rollo" un monte, si este fora vento, ali non paraba ninguén.
Por certo alghuen dixo "txamatelarri" e outro dixo que??!!
Fotos: Luis Da Fonte.
Veras Cortegada, por Norte, Sur .... acompañada.
Veras velas e velas !!
Barcos e barcos !!
Como non!! o espabilado que xa presentaba a candidatura un dos "de sempre", a Pereka colleu a cabeza, o vento pola popa levaba a todolas dornas rumbo a boia de desmarque que perto da parte central da Ponte suporía o rumbo a regata.
Cuarenta e duas embarcacións, poideron ser mais, como en outras edicións, pero estivo moi ben.
A navegación en este tramo foi tranquila, placida e todos saudandose (ou non) miraban o primeiro obxectivo.