Coñecín a Moncho unha tarde onde os elementos aliaranse para que todo saira mal. Cargabamos para ir a Cadaques, no verán do 2.006, era a primeira xuntanza que facían os da Federación Catalana e despois do desembarco que eles fixeran para Cambados 2.005, era o menos que podíamos facer. Once pequenas embarcacións, por vez primeira viaxaban en duas alturas. Primeiro averíase a grua da Confraría, os veciños do varadero prestannos a súa, logo con un forte vento a carga non e doada, o vento dificulta moito, un servidor, responsable da valiosa carga, precisa rematar esa tarde, pois o día seguinte ten que partir para Barcelona ... As oito un dos choferes de Gefco, dinos que eles remataron a súa xornada laboral. Non pode ser!!!, espera que falo co jefe dixome un de eles ... e falou o xefe recoñeceulle o seu dereito o descanso, paraban. Pero non, Moncho e Juan non pararon -mais adiante dixeronme: que como iban a parar co interés e entusiamo que nos lle poñíamos ... E cargaron hasta a noite e pola mañan seguinte tamén. E cando partin os barcos abaneaban enrriba dos andamios que metía medo. Moncho miroume e dixome, vaite Fernando tranquilo, que esto e cousa miña. Foi a primeira vez que votei sen comer e casi sen dormir por mor dos barcos, hasta que Moncho e Juan os deixearon en Cadaques o lado da casa de Dalí. Todo ben Fernando foron as súas palabras.
Pasou todo o fin de semán traballando co ferreiro de Cadaques nos andamios de transporte, reforzandoos, para que a volta fora mais segura. Hoxe están tal como él os deixou. Él somentes era o chofer de Gefco, perdón, de Barreira, natural do Carballiño, afeczoado os cars, onde me contaba comía os bocatas co pai de Fernando Alonso e este era un neno que alí enrredaba.
Logo cando tocou ir Encontro Marengo, tivemolo moi claro Moncho ou Juan, demandamos, soio veu Moncho e ali meteu o seu trailer cargado cos nosos barcos ata a mesma praia, de onde saeu coa súa pericia profesional. Como un mais como un de nos.
No 2.007 tiñamos que ir a Brest, 25 embarcacións, 10 trailers ... e como non Moncho e Juan e os amigos que eles "reclutaron", esto non é doado nunha empresa como Gefco que subcontrata con Barreira, non é doado pero acadamolo. Outra vez amosaron o seu cariño e a súa xenerosidade, cargaron e descargaron como si foran membros da FGCMF. outra vez a nosa gratitude, foron convidados a vir a cea da Escola, da FGCMF. E polo Nadal, sempre o seu recordo. Moncho "Jarama" como decía no seu vehículo.
Grazas Moncho pola túa forma de ser, polo teu interés e esforzo xeneroso.
Boa viaxe.
4 comentarios:
A xente que fai as cousas con agarimo e entusiasmo sempre deixa bo recordo...
E non sabes como se agradece atopar persóas como este home. Como vas de viaxes??, non paras. Unha aperta
Boa viaxe, sen duda
Japr
Publicar un comentario