Cando se vive no fondo Leste da Ría de Arousa, atravesala coa mirada e moi doado ala o fondo sempre está o Con de Nor e a Illa de Salvora, despois de chover e con un bo día de sol e tamén polas noites podese ver "Riveira" e digo "Riveira", porque non soio é esa vila, senon todo o conxunto de pequenas vilas, parroquias e casas. Sempre me chamou a atención ver en algún libro de marcas como se facía referencia as "Casas dos Protestantes" como un grupiño de casas brancas agrupadas na beiramar, a verdade que nunca o poiden comprobar, pero esa é a costa W-NW da Ría para un que casí está no Leste.
Outro xeito de miralo e poñer medios e acercarse ata esas manchas luminosas e brancas, cousa que para uns é de coitio, pero para outros coma eu, non, casí é excepcional. Lembro sempre cando merquei a miñ aprimeira dorna, que todolos domingos percorríamos (con pracer) Aguiño, Castiñeiras, Riveira, Palmeira ... buscando que aparecera a que nos gustara, como apareceu. E casí como non podía ser de outro xeito ... en Aguiño, a porta da ría.
Así con estas vistas onde a coor o mar e o mar fan o paisaxe fermoso, miramos para "O Industrial".
Oo primeiro que atopamos o entrar polo Asteleiro foron as pezas preparadas para a súa restauración.
Como casi todos os galeón adicouse o transporte de carga xeral na Ría de Arousa, e a compra de sardiña, tampouco deixou de acarrexar barro, e pasou unha tempada por Arcade, logo voltou a Arousa, e rematou os seus días como areeiro e draga polos portos adiante.
Tamén me dixo Luis que no ano 1952 fora embestido por unha baca de Marín, percance do que saeu adiante.
Entramos cando o guindastre lle estaba a poñer o pau de popa, que rapidez, foi visto e non visto. Cando nos despistamos os operarios do Asteleiro, xa remataran a faena. Poidemos apreciar que a obra morta estaba practicamente toda renovada, incluso comentabamos se non se lle dera mais alto?, non o podemos acreditar.
Os traballadores do asteleiro remataban de poñer o pao no seu sitio. E o barco xa parecía querer sair o mar, a verdade e que lucia moi fermoso.
Será un mais a unirse a esa flota cada vez mais importante dos barcos grandes.


De barcos non fomos mal tampouco, unha dorna unha buceta e a catraia, compoñian a representación do noso patrimonio así como unha exposición e diversas maquetas que nos acompañaron, e aparellos varios.
Na mallante conviviron lanchas, dornas ... galegos e andaluces. A beirada do Asteleiro amenazado e o impoñente eucaliptal, de referencia en Malaga.
No mar a singulariedade das velas mezclabase coa silueta das lanchas e o seu bogar, un fermoso espectaculo no mar de Alborán.
Tivemos tempos para ofrendas, inauguracións e homenaxes o I Encontro Marengo foi todo un exito e a convivencia ateigada de fermosos detaies de amistade.
Algúns aproveitamos as actividades para ter a nosa experiencia como xeiteiros, con unha das antiguas pezas que levabamos para a exposición, saimos o patrón Pardavila cos seus tripulantes, Belen de Caldas e un servidor.
Nada mais recoller uns metros de aparello, o patrón dixo, "enchemos a caixa" e así foi, nunca na miña vida pescara unha sardiña, nunca na miña vida largara unha peza do xeito, nunca disfrutara de aquel xeito, impresionante.
Que decir do que pescaron os que levaron unha peza nova (mercada en Cambados), largaron como manda a marea e esperaron o xusto. A expresión " a capachos " non era unha metafora.
Logo antes do alba a "Santa Cristina" largou o "arte", autorizada excepcionalmente para a ocasión e antes das primeiras luces do día o recolleuse o "copo" poidemos atoparnos coa riqueza e variedade piscicola do mar malagueño. Nunca comera xureliños ou parrochas o amancer e recién pescado, todo un luxo para abrir o día. Fritido co arte que soio ali teñen.
Na foto de abaixo podedes observar a todala tripulación uniformada de branco, agás un que levaba o brazo marrón. Unha fermosa experiencia sentarse nunha javega (a "Virgen del Carmen") e poder bogar, hasta regateamos, a nosa competidora a "Santa Cristina".
Que decir, como en moitas ocasións a Escola sempre é un punto importante nos desplazamentos que os colectivos da FGCMF realizan, aqui non foi menos, a súa bandeira, quedou alí, na noite de Pedregalejo. Algún ainda se acorda hoxe.
Representamos a FGCMF. en esta viaxe, membros da ACD Dorna da Illa de Arousa, Barcos do Norte de Viana do Castelo e CM. Salnés de Cambados.