miércoles, 13 de enero de 2010

TEMPO DE INVERNO

Cada día dou unha volta polos peiraos cambadeses e casi todolos días están igual, ou eso parece, pois si non non tería sentido ir todolos días a mirar.

O que cambiou este ano foi a visita dos danmificados do tempo, ou eso me parece a min, nas vesperas do 31 de decembro, en unha mañán e nos pantaláns situados no mesmo centro de Cambados, podiamos observar uns visitantes non habituais, o primeiro en aparecer foi o palmipedo de abaixo, o paisano ainda hoxe esta a morar por alí e a fuxir das arremetidas dos tenros infantes (os nenos son así ?).Alguén sabe que tipo de pato é ? a min pareceme que alguén se cansou de telo perto e votouno o mar, na Garda Civil -sin mal rollo- dixeronme ... que igual estaba ali pola súa conta (que igual lle apetecía) , pode ser, a min non mo parecía.

Logo tamén este vilurico se aguantou por ali uns días, mais salvaxe, non aturaba as persóas perto de él , por eso a súa estadía foi breve o meior tamén porque tiña dificil movilidade e sufreu o ciclo vital, tamén estaban outras aves pequenas e feridas, xunto coas gaivotas que se protexían do temporal.

Que bonitas son
Despois tiña a vista tamén outra clase de danmificados dos cales non vou poñer fotos, chamanse embarcacións, son esas que, marea tras marea, estan ghindadas polos peiraos, lavaderos e outros espazos da ribeira, con uns cabos a modo de amarra, que non se sabe que amarran e que padecen os donos que non lle van quitar a auga, que non miran como están fondeadas e que non merecerían ter barco, pero o mercantilismo e así, quen ten cartos pode mercar un barco e o barco non pode elexir o seu dono.
Non podo evitar que me doan. Haberá algún día unha lei que protexa as embarcacións dos seus donos por malos tratos ?. Doenme especialmente as que a diario tratamos de defender, as consideradas tradicionais.

Pero seguindo polas cousas bonitas, lembro que cando era neno, os unicos paxaros que viamos eran gaivotas, logo gaivotas e mais tarde gaivotas. Non sei porque, sería o clima? serían os homes? ou serían os paxaros?.

Hoxe en cada marea baixa podo ver as espatulas que traballan en grupo a remenxer o fondo a percura do alimento. O ano pasado eran duas o tres agora poden ser unhas deceas.


Leín tamén que os corvos mariños estaban ameazados de extinción, pode ser, pero en cada marea baixa podo ver como bandas que poden ser mais de 20 no meu espazo visual pescan sumerxindose constantemente, no medio dos barcos, no centro do pobo. Espero que cada día sexa menos verdade que se poden extinguir.

Por ultimo recordar as garzas, non se deixan fotografar, a minima voan, xa dende hai anos estan asentadas no meu entorno diario, pero dende pequeniño non me deixan de sorprender, agora tamén as vexo subindo o rio Umia, polas leiras, a beira do Camiño Francés, que así se chama a corredoira que vai dende Pontearnelas ata Baión pola beira do rio, non sei porque se chama así, algo alonxado de Roncesvalles está e mesmo de Pedrafita.

E para rematar direivos (como en algunha pelicula romantica e algo "naturalista") que todalas noites, coa marea chea, cando hai temporal, unha garza pesca no lavadero do medio do peirao de Tragove, e que ben marcha un para a casa.

Creo que seguirei mirando os peiraos.

Aaaahh!!! e sin esquencer que tamén vos podesdes atopar casi a diario con unha estampa como a de abaixo, os barcos faenando na bocana do porto a vieira, pura actividade, alguén da mais?. Por certo este ano a vieira casi non ten toxina, vamos que é minima a cantidade. animadevos a mercala, pero aseguradevos que é galega (da ría de Arousa), ven envasada por algunha das empresas que en exclusiva mercan toda a producción a precio pactado.

Noro, vixía ó fondo da Ría.


O meior debería facer unha entrada para algún dos temas, pero bueno, pareceume oportuno poñelo así.

Seguimos a traballar no das camisetas, esperamos colaboración.

7 comentarios:

Nautijorge dijo...

Boas fotos Fernando.
Xa coñeces o dito: gaivotas en terra ...
Ben certo que os barcos non poden elixir os seus donos. Eu son daqueles que pensan que os barcos son seres vivos e, polo tanto, como todos os outros seres, doe cando non son atendidos correctamente.
Unha aperta.

Fernando dijo...

Ola Jorge, a min pasame o mesmo, non soporto os barcos mal atendidos, habería que pasar un examen de propietario, ademais e que afean os peiraos e son un perigo para os veciños.

Unha aperta.

Fernando dijo...

20 de xaneiro:
tanto o "pato" coma o vilurico que estaban desaparecidos voltaron despois do temporal.

Anónimo dijo...

Resumo os comentarios dos especialistas do Colectivo Ecoloxista do Salnés


O primeiro é un Ganso do Nilo (Alopochen aegyptiacus), que se se atopa libre posiblemente sexa porque escapou dun zoolóxico.

O segundo é unha Agulla colinegra (Limosa limosa). Esta agulla gusta como todalas limícolas de alimentarse en limos das miñocas terrestres. Pero en certas circunstancias tamén o fai en pradeiras ou en campos anegados, como por exemplo este ano que choveu moito, nos campos de Rouxique ou xunto á ponte da Chanca.


Tamén hai gaivotas patiamarelas, cormorán grande, dúas fotos de cullereiro (es:espátula), garza real...

Saúdos

www.cesalnes.wordpress.com

Lino dijo...

o sabado diante do ribera de Fefiñáns habia un pato deses que teñen a cabesa verde no medio das jaivotas.

Fernando dijo...

Bueno, así as cousas o ganzo deixamolo andar o seu aire? ou sería convinte que o recolleran?.
Grazas pola información pois o que vos aclarades que é unha agulla, para min sempre sería un "vilurico" os "mazaricos" teño a impresión de que son mais grandes. E xa que estamos, a que se pode deber o incremento do numero de estas aves nun entorno tan "urbano"?.
Grazas.

Lino, xa o vin , son mais normais, de feitos todolos días podes velos, ainda que non ahí.
Ademais pensa que estaba perto do habitat do "ghanso do viño" que é un animal que o atardeser para moito polo ribeira.

enredada dijo...

Sin ollos que sepan mirar...

Qué bien miras y qué bien nos lo cuentas.

Esto de volver a tener conexión con capacidad para ver algo más que el correo me ha devuelto a la cibervida.

kises y ailovius