martes, 19 de mayo de 2009

OUTRA DE MUROS


Como xa se van sabendo cousas de que vai pasar en Muros e toda vez que xa está confirmada a inscripción dos cartaxeneros do Club Nautico de Santa Lucía ahí van unhas imaxenes de cando o encontro de Cambados.


Apareceron catro embarcacións moi lucidas e un gran velamen, a súa contrucción e realmente coidada e a súa obra viva está adaptada a superficie velica que soportan















Esta é unha foto de hai tempo, como podemos ver o das regatas non debía ser de agora senon unha tradición con moito arraigo, como se pode apreciar polo xeito de navegar de esta barca.


















Creo que se chamaba "Gitana" ou "Luna" e ante a cantidade de vento que facía fora do peirao fixeron as delicias dos asistentes o Encontro onde todos estaban amarrados, creo que ningún emborcou ainda que pouco faltou. A emoción estaba ahí.


Por Cambados apareceron así, lucido colorido e realmente fixeronse notar, pois incluso celebraron a súa presencia con unha paella que cociñaron na taberna mariñeira.






Ahí os tendes polo Mediterraneo nunha das súas.




Esta embarcación era emblematica do clube, pois reconstruirase a partir de un tablón da quilla, o seu propietario era un membro do C.N. Santa Lucia o Sr. García Carreño. Estivo en Barcelona celebrando as Velas pola Paz e cos seu coores amarelos na tripulación chamaban a atención onde iban, ahí os coñecemos e logo viñeron a Cambados e o patrón que os mandaba non era outro que un galego de Pontedeume, Diego, dende esa, sempre veñen.



E esta e unha imaxe que se podería repetir en Muros, Jorge boga na "Lui" mentras Ana a popa o anima, diante os rapaces de S. Tome, nun loro, bogaban a todo meter. Sabedes quen gañou?

Os de sempre, pero o meior foi que ali bogou todo o que quixo e gañamos todos.












2 comentarios:

O´Fartura dijo...

Pero que barcos máis chulos.
Como se chaman?

Un saúdo mariñeiro

Fernando dijo...

Bueno ... ejem.. eles chamaranlle "Barcas do Mediterraneo" ou "Botes do Mediterraneo" e o reconstruido penso que é un LLaut. Espero que pase Joan por aquí e de razón.