jueves, 16 de abril de 2009

RECORDOS

Hai momentos que se viven de un xeito particular, que non é malo nin especialmente bon, son "circunstanciales" esto acontece cando un é como é e está onde está como lle toca estar, o cal lle da o toque de circunstacialidade pero que en todo caso sempre deixa recordos, depois de ver as dúas entradas de Mar de de Joan Sol, a verdade e que me removeron a nostalxia, que decir. por eso non poiden resitirme a poñer estas fotos que para min son moi bonitas porque me recordan as magnificas persóas que nestes anos pasados de "armadanzas", tiven a oportunidade de coñecer e a verdade e que a xente do mar, leva a salitre pegada e eso, "que salados son todos eles".

Ofrenda a Virxe do Carmen. Malaga

A miña virtude nunca foi a relixión, pero como dixo Rafael, Fernando es nuestra Señora del Carmen ..., non facía falta mais, a Rafael nunca o veredes calzado -en el rebalaje-, pero tampouco parado e non poiden coñecerlle mais que boas caras.

Con él flanqueame o meu "tocayo" Fernando, ainda hoxe, e hai que decir que mais él, nos chamamos por telefono, como fan os amigos, para saber que tal vas, non mais, porque e Nadal, porque é recordo, porque é amigo do viaxe pola nosa cultura.

Por certo menudo arquivo.

Unha das sorpresas da miña vida e que nunca esquencerei, largar unha peza do xeito, que levabamos para expoñer, con mais furados que outra cousa, e ali mesmo, na praia de Pedregalejo -Malaga, collemos unha caixa de sardiña, Larri -Pardavila- xeiteiro de profesión, nin mirou a onde iba a marea nin fumamos o pitillo, pero así a todo, pescamos, non queirades saber como viñeron os que levaban pezas novas e ademais esperaron. Toda unha festa

A toma de Pedregalejo. Moncho de espaldas.
Festa dixemos, eso nunca falta, ahí temos verdadeiros especialistas, duas anecdotas. Cando nos votaron do Moll d' Espanha, na Festa a la Mar, porque non deixabamso dormir, e cando nos votaron do Palacio de Pedralbes, por inapropiados -o lado ceaba o principe Alberto de Monaco, eso sí reir reiababamos. Sempre recordamos o bon.



A Laberca, no que ainda non é Pedragalejo "beach", xunto con unha buceta dos Asteleiros Nereo, esta xente fixo un esforzo impresionante (como outros) cando trouxeron a lancha de javega dende Pedregalejo ata Cambados e o que é mais valioso, lograr evitar que os Asteleiros Nereo foran derumbados por mor dun paseo maritimo. Que familia!, que loita!, quitamos o sombreiro.


Bucetas, Dornas, Lanchas ... Galicia, Andalucía.
Aqui roubaronnos unha bandeirola da Escola da Illa, que disgusto levaba mais de un, non pola tela, senon polas xornadas que tiña enrriba.





Algún falaba de Cadaqués, ahí estamos, unha dorna en Cadaques, fomos 11 embarcacións e practicamente non poidemos navegar, desembarcamos en Port Lligat a beira da "Gala", con unha Tramontana .....


Uxio e a señora de Fernando Dols
O que non faltou foi o bon humor e a amizade, foi o 1º Encontro de Catalunya, non tiveron sorte, o tempo non lles acompañou, nin a administarción, pero bueno eso é a semente e algún día agromará, ou o meior hai outro xeito, baleares, cataláns, andaluces, portugueses e galegos disfrutamos de nos e seguimos a coñecernos.


Esta foto pareceme moi fermosa, casi podería ser en Galicia, pero a luz delatanos, Port Lligat, o abrigo, aquí non sube a marea nin baixou o vento.
Quen as vé tan bonitas ahí pousadas, xa pasara a anguria do viaxe, que foi en 2 pisos por vez primeira, e cando sain de Cambados, onde xa fora toda unha historia a carga ( o elementos aliados a contra), Moncho o amigo Moncho, dixome (e soio nos coñeciamos de una día) tranquilo Fernando de esto ocupome eu, pero quen cara... era aquel chofer, que nin sabía de barcos, moviase todo de adiante atrás e de lado a lado ... hai algunha expresión de inmenso "acongoge" ... tranquilo Fernando de esto ocupome eu ... saimos diante para pasar por Barcelona e polo camiño, ... Moncho como vai eso? ben tranquilo, respondía.
Dios !!! por onde se chega a Cadaques, a estrada .... non era estreita era mais estreita, empinada .... empinadisima, curveada ... curveadisima. Lembrarei toda a vida a noite e sobre todo a comida de cando chegamos nos por diante a Cadaques, e recordo a comida poque non me pasaba, tampouco vos podedes imaxinar a inmensa descarga de preocupación cando Moncho me dixo: xa chegamos, todo ben. O home pasou o fin de semán na do ferreiro preparando o a volta para meiorar as suxecións, que artista que gran e xeneroso tipo o Moncho, logo veu con nos a Malaga e a Brest (era como un de nos), con el Juan o seu compañeiro. Hoxe ainda me chama para saber onde imos este ano.

Moncho de clariño mirando para o gaiteiro.
As músicas mesturaronse, e como non podía ser de outro xeito soou a gaita, por certo foi unha de esas pequenas saidas onde fomos xente de toda Galicia, de Chantada, de Ferrol, de Riveira, de Portonovo, de Viana, de Coruxo, de Vigo ... e como non de Cambados e da Illa da Arousa

Desembarcamos pola praia, e todos a unha, tamén de esto un recordo, as presas non son boas compañeiras, a "Lui" a fermosa gamela coruxeira de Jorge, quedou pendurada por casi nada a 5 m. de altura, o palpito do corazón ainda o recordo hoxe, non pasou nada, unha vara que sobresaia da cuberta fixo de freno e ... estamos todos ben.
Por certo en estas duas historias, estiveron con nos entre outros Joan e a súa dona Marta, dos que sempre ...... bicos. Algunhas fotos como as da eirexa son de él, outras de Belén de Caldas, outras de Loureiro (ou de Beti ou tio Mini) e algunha miña.


Unha gran aperta a todos estes compañeiros residentes de nostalxias.

lunes, 23 de marzo de 2009

AVES MIGRATORIAS

A verdade e que mirando a última entrada o blog, xa fai tempo, a cousa da que pensar, e que facia mal tempo, tiraba de moito tirar, cousas que che pasan pola cabeza nun momento (neste caso prelectoral) agora voltan e a veradade e que mirando as fotos de campaña lembro que as do profesor Touriño tiñan duas posicións nunha miraba a dereita con un xesto e noutra miraba a esquerda con outro diferente, sería indecisión? ... Tamén nunha rúa superpoñianse pelexando as do PP e as do PSOE.


Despois tamén me decatei que no post electoral as bandeirolas, que non me deixaron fotografar (retiraronnas ipso facto), tiñan o analisis feito a través dunha das rúas principais de Cambados, por unha banda as do PSOE, estaban como cando o temporal ou xa non estaban as do BNG. curisamente con un sistema de suxección semellante o do PP estaban encartadas, non miraban, o Sr. Quintana ou "Quin" estaba "encartado" e soio se acertaba a ver que eran do BNG nada mais.
Por outra banda o denominado por alguns super axente 009 o Sr. Feijoo aparecía coa sorrisa electoral, antes estaba así, igualito, pero despois parecía triunfante. Eu cheguei a pensar si algunha man do pobo afectaría o montaxe electoral e a uns fixoos desaparecer o día seguinte (vexan a dimisión) a outros provocoulle unha indisposición que os fixo doblar e rematou encartandoos, xa cabalga de novo o profesor, e por outra a Sr. Feijoo busca o equipo para escomezar o seu periodo de goberno. Como decía foi algunha man do pobo a que trocou as posturas dos carteis.




















E para non aburrir poñovos unhas fotos e comentarvos que son especies moi bonitas que adoitan estar xuntas a hora de pescar na baixamar mirade como se deixaron fotografar. Garcillas, Espatulas e Gaivotas.




E unha queixa, non hai dereito a que os "miños" esten pescando no mar en sabado, que vai un a buscar unhas fanecas e non pode votar a liña, en sabado e sin sinalizar.


Saude a todos.

lunes, 9 de febrero de 2009

DIAS DE VENTO

Hermida da Lanzada


A verdade e que co nivel fotografico que abunda es estos días de festival de vento e choiva, dicidirse a publicar algo referido e tan atrevido como sair a dar unha volta con paraugas.


Menos mal que os de meteogalicia fan os seus pronosticos en xeral e a veces con excesiva precaución, así que nos permite sair a dar unha volta e mirar.




Pola miña banda non podo evitar recordar a nenez en estos días de vento, o as caras, as miradas de preocupación o abeiro das esquinas que protexían do enemigo vento. E logo o baixar a marea, revisar cabos, rizóns, quitar auga os que quedaban en seco, coa marea arriba observar o cabeceo ola tras ola, refacho tras refacho, e a cada pouco a pequenas gamelas, loros, botes ou racus, embarcaban un salseiro mais de auga a espera. O "loro" da casa chamabase "Ciscar" como o destructor que saeu no medio do temporal a salvar o os naufragos do Bismark e onde meu pai pasou o servicio militar.


Hoxe afortunadamente a espera limitase en cando saimos o mar? ou ... simplemente ver. Afortunadamente non hay barcos na baixamar, nin loitando cara o vento, hoxe estamos na era do pantalán, dos abrigos. Por eso me chamou a atención ver a esa gameliña de duas popas, que nantronte estaba casi afundida, cabecear os leves envites do vento cortado polo espigón, pero que poa súa mala situación, ainda lle chegaban.





Nos peiraos a calma, somente o vento que libraba o pretil do muelle axitaba as bandeirolas de señalización dos aparellos recordandolle a súa función. O simple ruido chamaba a atención, elas hoxe deberían estar marcando a situación dos "miños" espallados polo mar adiante. Na sua misión de pescar ou sobre pescar o mar.






De seguido pola beiramar, a competición politica, que cartelillo ou sistema de publicitación electoral aguantara ais?. A amigo Touriño non lle quedaba moito, hasta pensei, si sería unha premonición?





Pero a verdade e que logo decateime que as velas que anunciaban a Nuñez Feijoo non andaban meior, incluso diriamos que o sistema elexido era un tanto rixido e remataba saltando polo aire, tampouco iba ben. Ainda non poiden observar como iba a politica de comunicación do BNG. pero foi divertido ver como o vento levaba o aparato electoral, lástima.


Bueno esta foi a miña cronica do vento anunciado, a embarcación hoxe non sufría, o vento que soplaba era propicio para a súa tranquilidade, e a miña.



Xa non hai miradas polas esquinas. Menos mal.




jueves, 15 de enero de 2009

2009 ANO CABANILLAS



Como puxen por ahí o lado, Cabanillas finou no ano 1.959, polo que neste 2.009 teremos a ocasión de recordar o 50 aniversario do seu pasamento.


Como cambadés pareceme moi ben que se recorde esta figura tan importante na literatura de Galicia. Tamén me parece moi ben que para a ocasión se creara unha Comisión Organizadora e esperemos que teña exito, sin que ninguén poña a voz mais que para o feliz desenvolvemento do acontecemento, por eso tamén me complace ver que son os tres grupos politicos que compoñen a lista de concelleiros en Cambados o PP, PSOE e BNG, aconsellados por homes ben coñecedores da vida e obra de Don Ramón: Luis Rei -quen meior que él o coñece?- e Francisco Fernandez Rei "Paco" que decir ... , os que compoñen esa Comisión. Tamén se anima as asociacións e o pueblo de Cambados a participar, a verdade e que pinta ben.



O primeiro acto foi a representación da obra teatral "A ofrenda das fadas no portal de Belén" escrita no ano 1.958 e interpretada hoxe polos alumnos do IES. Ramón Cabanillas, e antes por rapazas de Cambados no nadal do pobo, na sala a Xuventude Catolica o mesmo remozado teatro de hoxe se fixo.

Nenos e Nenas do IES. R. Cabanillas, na representación.

Neste acto tiveron cabida outras intervencións: a da Concelleira de Cultura de Cambados Anabel Carro, que fixo a presentación e exposición do que supón o evento e tamén a de Francisco Fernandez Rei que glosou a figura do poeta. A das primeiras Fadas, que recibiron a súa homenaxe recordando a quela intervención e mesmo dunha representación do conservatorio da vila que puxo o punto musical.
Nese acto anunciouse que como un acto mais do "Ano Cabanillas" a Real Academia das Letras de Galicia reunirase, unha vez mais, en Cambados para homenaxear deste xeito a figura do noutrora tamén academico.



Especial interés tuivo a intervención de Fernandez Rei, que fixo un repaso pola figura de Cabanillas, dou conta da súa obra, dos avatares da súa vida e tamén puxo de manifesto a sociedade e o tempo no que lle tocou vivir, tan variado e convulso. falounos dos seus sonos, das súas teimas e sobre todo da visión que Cabanillas transmite de Galicia na súa obra, que nin siquiera o periodo da posguerra logra borrar e que él habilmente expresa en obras como a que alí se representaba onde as fadas, falan no escenario en palabras de Luis Rei da súa expresión literaria de Galicia.


O remate as fadas orixinarias ou en algún caso os seus descendentes, recibiron un agasallo para conmemorar a estrea da obra e recordar o que significaba en aqueles días.




Esperemos que esta celebración do "Ano Cabanillas" sea todo un exito e unha vez mais se contribua a difusión da súa importante figura.
Fotos: B. Leiro

domingo, 28 de diciembre de 2008

UNA ACTO UN RECOÑECEMENTO

O proxecto do Mar da Memoria, tivo o luns 22 de decembro pasado en Vigo a súa presentación, do proxecto non quero falar, agás que foi unha idea excelente e unha realidade importante e que espero teña continuidade, pois si importante e o que se recolleu, estou seguro que importante é o que ainda quedou por recoller, debido a desconfianza o descoñecemento ou a o "eu que sei" tan galego.








Delfina, Lola e Xenxa hai mais de 60 anos.

Do que quería falar e d@s actores, que alí estiveron 4 representantes, pola banda das Mulleres do mar Lola, Delfina e Xenxa, dende Cambados e polo dos Homes José ou "Vilas de Priegue" como era coñecido no seu barco e que viña da Ramallosa. Estiven tentado a decir polo bando "dos homes de ferro", pero nese momento lembrei precisamente a admiración que me levaban esas mulleres que necesariamente non podían ser de ferro, pois senon os tronos e a choiva do inverno impedirían a cantidade de xornadas que botaban na ribeira "o burato" ou o birbiricho e que diariamente vía pola ribeira de Fefiñans onde se asentaba o barrio de Triana ou pola Serrido de Mar de Frades e San Tome, como decía vran e inverno e que moitos días a voz de "ahí ven o marino!!" votaban a correr para non ser sorprendidas por aquel chaval que vestido de gris, facia o servicio militar na comandancia de Cambados e o que lle encomendaban escorrentar as mulleres, eu como neno, a apañar a caldeirada de birbirichos tamén teño corrido, era a xornada diaria.
Unhas por terra carrexando cestas cansadas e incansablemente, percorrendo rueiros e aldeas, e sigo lembrando velas chegar coas cesta na cabeza, con ese equilibrio que lles proporcionaba a experiencia e o mohido, de aquela eu non era conciente do que representaba ese traballo, hoxe cando todo está regulamentado, afortunadamente, os prezos non os marca o "comprador" de turno senon a lonxa en subasta, cando poden mariscar todo o ano, equlibradamente. Hoxe eu lembrome de como era aquelo e como se facía a economia das familias humildes, labrada a esforzo.

Contentas as protagonistas posan a petición dos presentes.

Bueno pois despois de esto, cando vexo a Lola a Delfina e a Xenxa sacarse unha foto coa Sra. Conselleira, que me importa moi pouco neste momento o seu cargo pero si un moito o que supón para ese homes e mulleres que veña a Conselleira a sacar a foto con eles (porque si importa), pois enchome de alegría toda vez que supón o recoñecemento de ese traballo e a súa satisfacción.

E cando no Museo do Mar eles erán comidos a preguntas polos periodistas sentíame moi ben pois unhas os seus oitenta e tantos anos, quedarálles o recordo da xornada e diranllo os seus bisnetos e que o seu traballo existía, pois non sempre se tivo en conta. E a José, ese recoñecemento a labor dos mariñeiros que pescaron en Terranova e a él que tivo a audaz idea de mercar unha camara (co que lle debeu supoñer) e retratar os seus compañeiros no pasar da xornada.

Pois que cando un asiste a un acto ocmo este, encheselle os pulmóns, e vai mais contento para a casa.

Lola, José, Xenxa e Delfina de (Esq a Dta.).

E xa noutro orden, o veredes nas fotos, José Rodriguez "Vilas" e o pai de dous de nos da Ramallosa e decir, o amor do pai polo mar transmitido os fillos. E como nón o noso compañeiro Paco Fernández Rei, fillo de Xenxa Rei e sobriño de Lola coas dúas mozas octoxenarias. Non foi un conto de Nadal, foi unha historia de verdade, en Nadal.

José Rodriguez "Vilas" cos seus fillos.

lunes, 22 de diciembre de 2008

XORNADA COMPLETA

Hai días que un sae da casa con bo pé.
Fai tempo que tiña ganas de voltar a pescar, de cando en vez enganabame collendo unhas luras ou chopos, a verdade e que se pasa ben, hai que ter maña ou man .... e teñen un sabor agradable, pero o de pescar é outra cousa, a sensación da picada da incerteza do que poida picar e mais, si a zona de pesca se presta os "peixes do revés" e decir as excepcións, esas que marcan unha xornada de pesca pois entón todo escomeza a ter outro sentido.

E iso foi o que aconteceu un de estes últimos fin de semán, Avelino o meu veciño tiñame convidado a sair a pescar con él, no seu barco a verdade e que ganas nunca me faltaron para acompañalo, pero nunca lle puxen o día, eso tornou o sabado pasado, cando acompañados por Lino Prieto e o Sr. Juan cara as 8,20 horas saiamos do porto de Pedras Negras rumbo a Illa, aclarar que para a xente de Bueu, Portonovo ou S. Vicente, "a Illa" non é outra mais que a de Ons, era de noite e pouco a pouco escomezaba a albear un día que resultou "de verán".



Nunca pescara por Ons, en realidade moi poucas veces saíra fora de Ría de Arousa, a miña máxima sempre foi "para que ir a buscar lonxe o que teño perto?", por esto debo recoñecer que tiña unha emoción especial na xornada, poderanme decir que me deite as 10 a mañán ou que non durma en 2 días, pero que non me digan que me levante as 7 da mañán, xa sei que para moitos e normal, pero .... outros son loiros, baixos, fracos ... a cousa escomezou con que non me sonou o telefono mobil, pero puntualmente os meus ollos abrironse as 7,00 horas, (aclarar que eu creo na telepatia ou na forza dos acontecementos ... ) o caso e que dormín perfectamente ata as 7,00 pero puntualmente a esa hora (a marcada por min para espertar) clink!! ollos abertos, ollei o Tf. e erán as 7 ¿¿ arriba!!, non era cuestión de facer esperar a naide.



Saimos cara a Illa, tranquilamente, non sei que pensaría o patrón, Avelino, a marea non era a meior, pero podíamos coller a baixada o cal tampouco era malo, a min Lino puxerame as espectativas moi altas, o sea que .... mais valía que acertara, poñome no seu pelexo cando son eu o patrón e non me gusta que cando teño un convidado a xornada non sexa boa.


Xa de día chegamos o entorno de Ons, Avelino escolleu posta e dispuxemonos a probar o 1º en subir un peixe foi Lino, logo a Sr. Juan e así pouco a pouco o cesto iba collendo fondo con pintos e martelas de 1/2 kg. mais ou ... menos. Pero ainda que os veteranos queixabanse a min a cadencia que tiñan as picadas sin ser excesiva pareciame interesante, e mais interesante a incertidume do que podí apicar, e así foi, de repente o patrón, sin poñerse nervioso deixa ver que sube un bo peixe, e si que foi bon uns 3 Kg. pesaría o exemplar de pinto de Avelino, sin despeinarse e sin botarlle o trueiro sacouno a pulso do mar, a verdade, espectacular, o Sr. Juan outro veterano, sin chegar a eses tamaños, sacaba tamén boas pezas e variado que si un sargo subia do 1/2 kg. longo que si un pinto de mais de 1 Kg. que si ... él puntuando seguido, o lado Lino Prieto, mais un servidor seguiamos rumbo subindo tamén uns peixes ou outros, o patrón que soio a final estaba contento co ritmo de pesca (xusto cando nos tiñamos que vir), amosou a sua caracteristica, que non e nin mais nin menos que a de ... temos que probar en outro sitio que non estamos pescando ben, eso define ós bos. O remate eu tamén tiven o meu premio, pero por riba de todo o premio foi compartir a xornada, un paisaxe moi fermoso con unhas condicións metoroloxicas de premio gordo.

martes, 9 de diciembre de 2008

VELA VELA?

A que vela diriades que se parece?.

Asombroso parecido o teñen as dúas velas dos ultratecnoloxicos VOR 70, a esa famosa vela única de relinga. esta imaxen non é a meior mirade cando os vexades pola TV.
Resulta que a cangrexa pode ser unha evolución da latina, agora resulta que a super vela VOR 70 , ... e unha evolución da de relinga. A que se parece?

Xa vos teño dito que as dornas bolinan moi ben.