Hermida da Lanzada
A verdade e que co nivel fotografico que abunda es estos días de festival de vento e choiva, dicidirse a publicar algo referido e tan atrevido como sair a dar unha volta con paraugas.
Menos mal que os de meteogalicia fan os seus pronosticos en xeral e a veces con excesiva precaución, así que nos permite sair a dar unha volta e mirar.
Pola miña banda non podo evitar recordar a nenez en estos días de vento, o as caras, as miradas de preocupación o abeiro das esquinas que protexían do enemigo vento. E logo o baixar a marea, revisar cabos, rizóns, quitar auga os que quedaban en seco, coa marea arriba observar o cabeceo ola tras ola, refacho tras refacho, e a cada pouco a pequenas gamelas, loros, botes ou racus, embarcaban un salseiro mais de auga a espera. O "loro" da casa chamabase "Ciscar" como o destructor que saeu no medio do temporal a salvar o os naufragos do Bismark e onde meu pai pasou o servicio militar.
Hoxe afortunadamente a espera limitase en cando saimos o mar? ou ... simplemente ver. Afortunadamente non hay barcos na baixamar, nin loitando cara o vento, hoxe estamos na era do pantalán, dos abrigos. Por eso me chamou a atención ver a esa gameliña de duas popas, que nantronte estaba casi afundida, cabecear os leves envites do vento cortado polo espigón, pero que poa súa mala situación, ainda lle chegaban.
Nos peiraos a calma, somente o vento que libraba o pretil do muelle axitaba as bandeirolas de señalización dos aparellos recordandolle a súa función. O simple ruido chamaba a atención, elas hoxe deberían estar marcando a situación dos "miños" espallados polo mar adiante. Na sua misión de pescar ou sobre pescar o mar.
De seguido pola beiramar, a competición politica, que cartelillo ou sistema de publicitación electoral aguantara ais?. A amigo Touriño non lle quedaba moito, hasta pensei, si sería unha premonición?
Pero a verdade e que logo decateime que as velas que anunciaban a Nuñez Feijoo non andaban meior, incluso diriamos que o sistema elexido era un tanto rixido e remataba saltando polo aire, tampouco iba ben. Ainda non poiden observar como iba a politica de comunicación do BNG. pero foi divertido ver como o vento levaba o aparato electoral, lástima.
Bueno esta foi a miña cronica do vento anunciado, a embarcación hoxe non sufría, o vento que soplaba era propicio para a súa tranquilidade, e a miña.
Xa non hai miradas polas esquinas. Menos mal.