lunes, 28 de diciembre de 2009

Rompeuse o segredo

Xa se rompeu o segredo, despois de conversas que se tiñan totalmente ocultas o "Pescanova Dornas Team" e unha realidade, en un principio xa se confirma a fichaxe da Jalerna, da Necora e o terceiro integrante será a Pereka ou a Cariñosa, depende do grado de compromiso que esten dispostos a acadar os patróns pois a firma esixe un grado de compromiso para toda a tempada, agora o misterio estará en saber si a vela levara un "langhostino" ou unha "pescada".
Cartarola confirmabao esta mañan mentrás tomaba o café o lado da súa casa e minutos mais tarde con Jarri recoñecía as negociacións diante do propio Moncho o "Monchito", no Cabodeiro, o cal se laiaba de non ter eles estas oportunidades de aquela.
Este xa non será o único pois unha vez que se deu a coñecar esta noticia no propio bar Suso era Parada da Forza R o que recoñecía a próxima presentacíón do "Dorna - Mexillón de Galicia" (despois do Encontro da Arousa non era para menos), confirmabao Pardavila resién desembarcado do "Loxiño" quen despois de comentar o forte vento e pedir un café na da Meca, tamén rompeu o silencio e non quedou ahí, dixo que desde Fasquía podería promoverse otro equipo capitaneado pola Xarandeira que levaría as coores dun grupo editorial.


Esta vía abre a lata tantos anos pechada os grandes sponsores, despois de que se lle pecharan as portas a "Finsa". Agora sabese tamén que un importante grupo textil galego esta barallando a posibilidade de presentar o seu equipo, integramente composto por dornas da banda norte da Ría.


O longo da mañán tamén se comentou (na de Garrido tomando un café) no Grove as negociacións de Dorna Meca que xa este ano navegou coas Sña. María Black e Guai, que probablemente sexa "Dorna Meca-Festa do Marisco", e que luciría un fermoso centolo. Haberá que salvar diferencias.


Agora soio queda confirmar si será realidade o "Salnés Martín Codax" e o "Ghatos Patronato de Turismo Sanxenxo". Na vila vitivinicola non dín nada. O que está claro é que hai que mover ficha.


Ante esto non nos queda mais remedio que preguntarnos: Cara onde imos?. Esto é o que todos esperabamos? Que pasará cos que non teñan equipo? Haberá que facer equipos? Todo mundo debe ter equipo? Que pasa cando sexa a Regata da Dorna? Cal é o futuro da clase podrén?.


De todolos xeitos, parabens os beneficiados.


viernes, 18 de diciembre de 2009

Bon Nadal

Din, din, don !!!, ..... Chegou o Nadal !!!, o Fin de Ano !!! .. o Ano Novo !!!.
E nos seguimos a ser os mesmos, pero un pouco mais expertos.
Pero que ninguén se equivoque, despois de este ano (para moitos, xa, cortisimo), ...., collenos preparados, con todo a punto, si señor !! E concentrados !!!

"Muy pero que muy " CONCENTRADOS !!!

Para sair con ganas

Que xa haberá tempo para problemas .....
















E solucións, por dificil que parezca


























E poder celebrar
CON ALEGRÍA
Que seguimos sendo como somos e disfruntando das nosas paixóns.
Saúde!!, boas festas e un bon Aninovo.
Dende aquí, Fernando Piñeiro

lunes, 23 de noviembre de 2009

Hai que estar tolos

Onde diríades que é a imaxen de abaixo?. Probablemente sexa o Berbés, non o sei.

A verdade e que parece que a Serviola vai cara a Cies, pero non ... , está varada.




Estas fotos informan da última que se está a desenvolver dende a ACD. Dorna, o caso e non estar parados, a chegada da choiva o vento, a humidade do inverno non afectou os miolos do persoal, que segue a moverse. Aquí foi o "equipo de deseño e creatividade" da Escola o que se puxo a traballar, valorouse o interior e decir o "espacio expositivo" do pendello de inverno, trazouse un esquema de distribución e deseñouse o xeito, así se expresaban os responsables que na tarde do venres se afanaban en desplegar as inmensas lonas que poñían o telón de fondo, sempre facendo referencia expresa as ordenes do "equipo de deseño", que si o equipo de deseño esto, que si equipo de deseño o outro ... bueno tanto era que a este equipo de deseño xa lle debían pitar os oidos, pero a verdade e que o esforzo iba collendo forma.



Sorteando as pingueiras con vontade e imaxinación, pois non é doado facer tanto con tan pouco, que onde hai que elevar, hai un pau, pero non un calquera, o mastro dunha dorna. As varas de portar convirtense en complemento de traballo no elemental e básico sistema de suxección, mesmo parecen o velamen de un barco. As telas pertencen os fondos do Museo do Mar que de este xeito tamén colabora, mantendo vivos os seus elementos expositivos.



Así pouco a pouco ibase dandolle forma o espacio que logo será ocupado polas embarcacións e convertirase en unha pequena mostra de embarcacións tradicionais, seguro que queda ben. Os fondos da asociación son amplos
E probablemente teña espacio esta vella "moderna trainera" evolucionada para o deporte, que xa non ten uso por ser de madeira e non ser xa competitiva.

E a verdade vendo todo esto un ten unha cuantas sensacións, primeiro as positivas, de un xeito tan sinxelo co traballo desinteresado de unhas persoas (e do equipo de deseño) un vello pendello xurde unha exposición, onde ademais dos deseñadores tamén interveñen os "inxeñeiros de pingueiras" eses artistas que localizan e canalizan as pingueiras, para que as lonas esten a salvo, agora soio falta o remate.

As outras son o cabreo, porque a pesar de todalas loubanzas, palmadiñas e recoñecementos varios, unha asociación como a ACD Dorna (como poidera ser outra) esta a traballar no precario mais inconcebible, levan anos demandando instalacións, nin Concello, nin Deputación, nin Consellerías ou Portos, ninguén, están como estamos todos, no mais miserento esquencemento. Soio hai cartos para a súa publicidade, menos mal que polo camiño aproveitamos para tirar proveito e cada vez somos mais, e seguimos abertos a ampliar, sobre todo ampliar dimensión con imaxinación.

Mentras, nas instalacións da vella fabrica cedida, e moitas grazas ó cedente que suplementa as carencias da administración e non ten problema en deixar usar mentras non teñamos outra (¿?) e mentras él poida, mentras, como decía, vai collendo forma esta nova tolería dos de Dorna.

E é que estes deberon caer nunha pota do caldo de mexillón un día que os de Madri decían que había toxina na Ría e ... Como era ... están tolos ... quen? ... os romanos!!!.

ACLARATORIAS: As mencións expresas o "equipo de deseño" son desexo do xefe dos irreductibles, Uxio. Tamén perdón (meu) o equipo do blogue do lado, non é intención deste veciño pisarlles unha entrada, esta responde a petición feita polo anterior citado e un pouquiño de colleita propia.

lunes, 19 de octubre de 2009

Das dornas de Vilagarcía

http://elblogdearlillo.blogspot.com/2009/07/mis-memorias-nauticas-3-la-parrula-y.html

Esta e a entrada que atopei e que coincide con algo do xa exposto no blogue do lado, o home conta como se fixeron as primeiras regatas da "clase nai" en Vilagarcía

miércoles, 7 de octubre de 2009

REFLEXION DE OUTONO

Gañou Pardavila, gañou a Bazarra, gañou a Escola, gañamos todos eses, supoño que así se pode resumir unha tempada irregular, polo tempo.

Para min estivo marcada pola imposibilidade de ... sempre tiven algo que me impideu, polo que debo decir que as regatas en moitos casos fixenas de oidas, pois de ese xeito tamén se difruta. Si non podes estar, que polo menos cho conten e como me dixo Lino Prieto, non viñeches en todo ano e a unha que vez que ves, non ven o vento. Así rematou a tempada regateira, coa Encalmada do Marisco, ali debullando fios de vento e tratando de doblar pola Cabreira, sería moi fermoso o percorrido de poder celebrarse pero as fortes correntadas, e mais en mareas vivas, mandan no contorno da Toxa, moita correntada para facer rumbo sen vento, pero bueno a foto quedou polo menos para facer historia, primeira vez que se xuntan 3x dornas en esta regata.
Como quedou na retina a impresionante tarde da 25 Volta a Illa que se tivo que suspender, nunca antes se tiveran xuntado tantas dornas, a ocasión mereciao. Foi un pracer ver caras que aparecen nas fotos e ainda son coma nenos.
Hoxe, cando remataron as regatas penso na evolución en estos 10 anos a verdade e que é impresionante. Lembro que cando unha regata (hai 10 anos) xuntaba 25 dornas era un exito de participación, chegar a 30 era ... Este ano xuntamonos mais de 50 e penso que poderíamos xuntarnos mais ainda, pois en estes anos acomodamonos e ven menos xente da outra banda da Ría e mesmo parece que da traballo ir ala. Certo é que por outra banda estamos cheos de compromisos e a evolución do movemento "cultura maritima" esixe moito esforzo, que soio esta o alcance de uns poucos: solteiros ou colectivos similares, sen fillos e tolos pola fé, despois sempre imprescindible tempo libre. Para os demais, que somos moitos tornase dificil seguir o ritmo, non por falta de gañas.
Pois eso, si teño que quedarme cos feitos mais importantes, non me podo esquencer do Encontro de Muros e da 25 Volta a Illa.

O Encontro amosou a súa madurez, todo saeu ben, tamén oubo lagoas ou cousas que se poideron facer meior, ou que simplemente non se fixeron, e verdade, pero, que pedirlle a uns "matados" individuos que deixan o seu tempo en votar adiante un evento de esa magnitude?. Eu sinceiramente soio podo agradecerlle o seu esforzo e si podo os seguintes votarlle unha man, onde poida.
Creo que cada un ve o Encontro según como lle foi (como na feira). A min pareceronme un Encontro de encontros, que é a súa principal virtude polo menos a que mais me gusta, por eso agardamos tanto tempo e logo pasan tan rapido.
(Inciso sobre a súa temporalidade: alguén dí que si deben ou non deben ser cada dous anos?. Eu penso que sí, cada dous anos e itinerantes. Cicais profesionalizar un pouquiño, non moito a súa organización.)

Como decía o Encontro marcouse polo entusiasmo de uns e de outros, de uns que votaron barcos, fixeron festas e recolleron amigos de outros que se deixaban impresionar polo que lles caia enrriba e se integraban no evento, pasando a ser pezas imprescindibles.

Tamén deixou claro este Encontro que un bo asociacionismo do entorno, é clave para o seu desenvolvemento.
Do Encontro xa se falou moito. Da Volta a Illa, que decir, por moitos anos!!
E dende aquí o terceiro feito que marcou (para alghúns) esta tempada foi algo que espero non sexa temporal. Paso a explicarme, semprei admirei o traballo dos calados, dos que non anuncian os seus feitos, pero que estes son tan rotundos que dificil é non velos. Pero nunca esta demais que, sin presumir, caladamente, pero con voz, dende o recuncho dos que sempre están cando fai falta unha man, se diga algo.
Cando hai 8 ou 9 anos naceu a Escola de Navegación Tradicional, que se inspiraba dende a FGCMF e se lle poñía domicilio na Illa, penso que nin os mais optimistas pensarían que eses anos mais tarde tanta xente pasaría por ela e deixaría ali os seus meiores desexos. Ninguén pensaría que esa pandilla de "carcas" aguantaría como están a aguantar e sendo pezas de dificil sustitución nun engranaxe que funciona (con fedectos). Eles non fan grandes xuntanzas, nin se molestan en sair na prensa moito, a verdade e que xa non lles fai falta, pois a cotío estan a buscalos (naceron grandes estrelas do cinema), eles soio fan escola e regatas e están con ese poderío que lles da a masa estusiasta, en todolos sitios. Bueno pois a eses que tanto fan e pouco din, faltaballes un xeito de navegar, que non levaban ben, era o da navegación libre, da libre expresión, do libre acceso, que para eles, sempre será unha parvada para oficinistas, pero bueno, ainda que pensen eso e non teñan un ordenador na "casota" os meus parabens son para o grupo do blogue da ACD. Dorna no seu apartado Dornas a Vela e que a min me gusta ter por "os veciños do lado", casi conseguides que limpie as virutas do "reisiño" e si así non foi, polo menos cheiroas cada vez que toca limpeza.

Agora xa é noite.

jueves, 1 de octubre de 2009

Regata de dornas

Atopei esto por Internete. a ver si vos gusta:

Carabeus e Barbas de Ghato.


Cada día que vexo unha dorna no Grove vexo "carabeus", estaba votandolle un ollo o libro de Olegario Sotelo "Xentes do mar do Grove" e agás as da regata todalas demais levan os carabeus, día pasados comentaba con un historico o dos carabeus e o seu orixe meco, decir que estaba tamén un de "Portodeltrinqule" que tampouco sabía o que eran, o sea que ... muy mecos.

E este historico de barbas e pipa decíame que servían para amarrar a "barbas de jato", cousa que agora pouco se ve, por mor dos pantaláns e esas cousas. Outro decía que era eso das barbas de jato, pois esplicavamoslle que era amarrar un barco con dous rizóns pola proa, alguns poñianlle outro pola popa moi frouxo, que lle permitira ir os dous ventos, pero non irse de popa. En Triana, famoso barrio cambadés poñiamos as barbas do jato unha o sur e outra a "travesía" Oeste-suroeste que era onde facían dano os ventos, o rizón de popa iba frouxo moi frouxo o Nornordés, así o día que non tiñamos vento evitaba que o barco lle dera volta -coa forza da marea- os rizóns, ainda que sempre había quen pasaba de todo. Este xeito de fondear era moi propio das praias, onde non tiñamos peiraos, un cabo axudaba a outro e ...



Cando baixaba o mar (no inverno) e chovera, os mais curiosos tamén iban o barco a achicar auga, así o barco defendíase meior. Por certo si vos fixades na foto superior, tamén se adoitaba poñer unhas pedras enrriba da caña do rizón para que non viñera a garra e o barco fora contra outro. Tamén era importante fondear ben, respectandose, pois con tanto cabo e rizón sería doado que un acabara enrriba da uña do rizón de outro e adiós taboa. Por certo en estas baixadas sempre lembrarei a "andisía", que non sabía que se chamaba así, hasta que mo dixo Paco, son as ondas que deixa o mar na area, facer debuxos e cortalas coma proa o mar.

O que iba, despois de ver as fotos do libro de Sotelo (hai carabeus por todolos lados), non necesariamente estaban para ir a barba de jato, senon para difersificar o esforzo entre os dous, pasando este os corredores e liberando a proa, digo eu non?.

Dias pasados faciamos unha varada -acto do Ano Cabanillas- as dornas da ACD. Dorna maioritariamente e do CM. Salnés, onde estas dornas estaban hai moitos anos, ainda que son mecas, ningunha leva carabeus, porque están en Cambados.

Agora os arbores xa son outros, os fillos dos que facían a Alameda de San Tome. Juan, da Zenaida conversa con Suso que veu de Triana para San Tomé, logo tamén se acercou o Sr. Oliveira e o Sr. Cacabelos e o Sr. Costa que prometeu falarme das regatas, apura mentras poido, dixome con toda a coña. Tamén Cuca contaba as vistas dende a súa xanela ... Elvira decianos onde andabamos e as de Guimatur que nos votaban de menos, "que lle decimos os turistas, se non hai dornas?", comentaba. Esto de poñelas dornas a varar en San Tome e como poñer un palangre nun mar folgado de peixes famelicos.

Por certo para quen queira ver o espectaculo das dornas e Cabanillas (din que o mais bonito de todo o que se fixo, e foron moitos) está colgado en Yotube como "Homenaxe a Cabanillas" logo "Rimas o vento" ou dende o blogue dos do lado (ACD. Dorna), fermosisimas fotos.




viernes, 18 de septiembre de 2009

OUTRA DE ALBARIÑO


A saída, que tensión, ainda enrriba o xuiz que ademais era arbitro trabucase e ten a todo o mundo 5 min. en tensa espera, oubo alguén que pideu danos pisicoloxicos, e que foi moi duro. Ti a onde vas eu para norte, eu non vou a ver o da Toxa
Guiadiños como nunha procesión, formales e boas persóas.
En outro tempo esta "estampa" era tamén real pero a volta do rastro. Os vellos recordana e si digo a verdade a min emocioname cando alguén me dí que chora o vela ... meu pai tinña unha ...
Así era o marcaxe, "a dorna", uns enrriba de outros. O remontar de Tragove, rumbo a Abelleira así se miraban dende a boia.
Tamén oubo tempo para facer historia, Paradas, todos: abo, tio, neto, sobriño.

Xa chegaron os primeiros, xuntiños
A segunda remesa, para fotofinish
Pelijata e Julicheira, por pelos.

Montañesa, Betty Boop, cal chega antes?

A Carmen pasalle polos "morros" a Semparada, Lino e Garrido decidiron facer a volta a bogar.

A Chati, con Bea e Patri chega coa Siña Maria-Blue, que se lles adiantou por pouco, pero claro a alta tecnoloxía empregada polas Siña María -Black e Blue- o longo da tempada (din de eles que fixeron o "estaxe" pretempada en Meloxo Beach), xustificou a Chatí.



miércoles, 16 de septiembre de 2009

X REGATA DO ALBARIÑO

O sabado pasado, a Regata do Albariño que se celebra en Cambados chegaba a súa 10ª edición.

Por mor dos aprazamentos fixo que se celebrara a día da Valbanera, da Nosa Sra da ... como din en San Tome, onde en outros tempos as regatas de dornas primeiro, e logo de loros eran unha tradición (xa vos direi mais cousas de estas regatas onde nomes como "Oca" "Tranchito" "Jarulo" ou "Ciscar" escribiron historia), sempre a bogar (sonavos?), ahí os mariñeiros cambadeses eran os meiores da Ría, hoxe que decir, contabame Sr. Lorenzo, en unha de esas tardes de dorna varada, de ... aquel día que iban para o mar e era festa no Grove, como levaban tempo, foron hasta alí, cadrou uns minutos antes da regata e ... esa noite non foron o mar, pero pasarono moi ben.
Hoxe as regatas son a vela e os de Cambados facemos unha regata, son outros tempos, a verdade sea dita no pobo nunca oubo moita "polbeira".

A regata cambadesa ten un trazado condicionado (algún protesta, pero é o que hai) e vese moi afectado en función do vento (si non correntadas), pois o percorrido mais longo sempre e cara o Norte, calquera outro vento provoca unha regata rapida onde os rumbos sucedense a “un largo” ou en “popa”. Este trazado que por un lado non e bon, por facil, resulta bon e polo mesmo a regata pode ser unha festa.
Así o sabado a inquedanza unha hora antes, estaba en si habería vento, ou tamén poidera ser que se pechara de bretema. Por eso cumpría facer a saída puntualmente, asegurando o ventiño mareiro que entraba o redor das tres da tarde.
Como decía douse a saida as 16,10 horas con vento frouxo do oeste (a pesares do señor xuiz), que se mantería durante toda a regata con leves caidas e repuntes que lle daban emoción o resultado. Decía Moncho Blanco “Monchito” despois dos primeiros pasos por boia, que nada estaba decidido e podían pasar moitas cousas, esto era así porque a saída, dende o peirao de Cambados rumbo a boia do Orido era unha bolina que como sempre divideu a flota en dous, os que foron cara a ponte da Illa (algun casi chega a Illa) e os que se van cara a Illa da Toxa, gañaron os que foron cara a ponte e pasou primeiro polo Orido a Cariñosa (para que despois se fale de peso a bordo), seguida da Pereka e a Xarandeira o resto dos galgos tamén en cabeza iban a corta distancia e en unha popa de novo a Cambados, mandados pola Cariñosa e a Pereka, por detrás alternabanse Jalerna, Xarandeira, Bazarra, Necora, Forza R e Fuxe, todos os galos, galiñas e pitos ata 33. Afrontábase o tramo longo, rumbo norte cara a ponte, dende Cambados hasta unha boia situada a altura da “Abelleira”. A trampa estaba en sair ben do peirao cambadés para tomar en un soio rumbo a punta de Tragove, quen non o fixo pagouno con postos, a verdade e que foron ben poucos os que tiveron problemas.
A flota navegaba nunha ringleira sen apenas espacios entre unhas e outras embarcacións o rumbo era claro e o “ventiño” axudaba a facer unha regata bonita e participativa. Os “piques” xurdiron durante todo o percorrido entre unhas e outras embarcacións, así cada grupiño disputaba unha regata particular o que lle dou un valor engadido a regata e fixo que todo o mundo o pasara ben, ou polo menos pareciao, tanto que de 33 dornas remataron 32 en tempo o 33 dixo que foi a boia da Abelleira dúas veces.
Así as cousas os da cabeza afiaron velas para non perder posto. Pola Abelleira xa estaba marcada a cabeza, disputarían o 1º posto dúas dornas a Pereka que encabezada o paso e a Cariñosa que na mesma boia da Abelleira cambiaba antes para o Orido e tomaballe a cabeza maxistralmente con un "interior", detrás Bazarra, Fuxe e Forza R que fixeran unha bonita remontada, logo, Xarandeira, Necora e A Rona de O Grove que animaba o grupo de cabeza presentado batalla.

Polo Orido a falta de un rumbo corto en popa pasaron alternando posicións Cariñosa e Pereka casi a un par e en ringleira o resto. Así as cousas todo estaba por decidir unha forte marcaxe entre todos e unha popa pechada hasta meta con un vento que amenazaba con quedarse en calquera momento (pero non se quedou) dende o Orido a Cambados vai moi pouco pero fixose eterno pois a tensión cortabase, ninguén se movía a bordo, calquera movemento podía facer que a embarcación se desventase o suficiente como para que outro se aproximase demasiado e así uns un pouquiño mais outros un pouquiño menos foron poñendo rumbo a meta. As entradas foron de “fotofinish” e casi sen marxen entre un grupo e outro. Primeira foi a “Pereka” que adiantou a “Cariñosa” logo a “Bazarra” que confirmaba a súa excelente tempada e logo “Xarandeira” e “Necora”, 6ª sería a “Jalerna”, 7ª “Fuxe”, 8ª “A Rona”, 9ª “Forza R” e 10ª a “Fungona” cambadesa.
Así, semparada hasta 32, de unha en unha e un duelo en cada entrada, cada acercamento a meta era unha final. Fermoso espectaculo o ofrecido en Cambados, de eses que fai afeczón. E que o bonito de estas regatas é que non rematan no día, sempre queda algo que comentar, de que como me pasaches ... aquel cambio que fixen ... mira que me fixeron. E logo entre cunca e cunca voltará a sair e deixará o sabor do salitre, do alquitrán, da dorna, dos amigos.
Creo que foi a regata onde mais rapaces e rapazas participaron, os xefes Salva e Lino, Catarina, Barbara, Sergio ..... e tamén suliñar as tripulacións integramente femeninas: Susa-Marrou, Bea-Patri ... e faltaron.

Remataba así un día da Valbanera onde se recordaban tamén as memorables regatas que no peirao cambadés se desenvolvían hai xa moitos anos.
Na "Cultural" foi a entrega de premios que como é costume na regata cambadesa, son orixinais e deseñados por ese feitizo artistico que sempre vai polas rúas do pobo.
Esta regata fixose grazas a Fran, Santí, Fernando, Maribel, Carmen, Xacobe, Blanca, Quinso, Sergio, Chapi, Suso e Juan Servando.

martes, 15 de septiembre de 2009

PREMIOS

NON SEI NIN ONDE NIN COMO A XENTE DA OS PREMIOS ESES OS BLOGUES, PERO TAMÉN ME DA IGUAL.
DENDE AQUÍ QUERO FACER HOMENAXE A LABOURA QUE SE ESTÁ A FACER DENDE O BLOGUE DA ACD DORNA, QUE NOS PON O DÍA DE TODO O QUE PASA POR ALI E TAMÉN POR ALA E ACULLA.
GRAN TRABALLO. PARABENS.

lunes, 14 de septiembre de 2009

OS CARABEUS

Lino Prieto contribue a aumentar o coñecemento sobre os "carabeus" ou "escarabeus" e pasaunos esta foto de unha dorna no Grove, tamén me comentou que nas dornas de tilla corrida este mecanismo de amarre era mais usado, pois non se pode levar o cabo o banco.

jueves, 10 de septiembre de 2009

ESCARABEUS

Non sei cantos de vos coñeciades este nome, "escarabeus". A min sorprendeume, nunca o oíra e grazas a Daniel Otero temos constancia de él.





A verdade e que sempre tiven claro que para amarra a dorna o meior non era deixarlle toda a forza sobre a peza da proa. Daniel amosanos os escarabeus que non é nin mais nin menos que un elemento para amarrar e axudarlle a peza da proa a soportar o esforzo.





Bueno, mais claro non podía ser, e a súa utilidade, mais que demostrada, van clavados entre as pezas.

Saúde.

jueves, 3 de septiembre de 2009

PERIGOSO PESCADOR AFECZOADO

Coidado non vos riades do pescador afeczoado, el un INDIVIDUO PERIGOSO e desestabilizador dos ecosistemas dos mares e sobre todo cando pesca a duas mans, como fan algunhs xubilados, moitas veces pode ser un estremado esforzo pesqueiro para os mares e oceanos.
Coidado cando os vexas nos peiraos !!!. Vixía o que pescan!!, poden estar votando a perder as cotas para regular o esforzo pesqueiro, establecidas polos gobernos dos paises pesqueiros. Non vaia a ser que nos quedemos sen peixe.
Non é risa, estos depravados esquimadores, están a ser vixiados: non poden pescar "Scomber Scombrus" nin unha peza, pois os TAC,S ou cotas de pesca, xa están pasadas para este ano 2.009.
Sí !!, os que na primaveira pescan a "rincha", "cabala" ou "verdel" nas augas do Cantabrico esgotaron o cupo de pesca, ninguén pode pescar mais xarda ese ano. Pero o curioso do caso e que esta prohibición afecta os PESCADORES AFECZOADOS, para non creer.
Polo contrario, consoladevos podedes pescar "Scomber Japonicus" ou "cabalón", que tamén e moi abundante nas nosas costas.
Non vos riades moito, pero pensade que antes podiamos coller "miñocas", toda a miña infancia está marcada pola collida de miñocas, asi como de .... , quieto parado!!!!: agora temos o "plan do Poliqueto", que non é un persoaxe da a "Rúa del Percebe" ou de calquera historia de Ibañez, nin amigo de Martinez Soria ou do "Landismo" o tal "Poliqueto" foi declarada unha especie de "interes comercial". Pobre miñoca .... en que te convertiron (estan a esquilmalas), primeiro foron as praias e os birbirichos (comprensible, con algunha reserva), agora as miñocas. Cobrarannos por que os nenos xoguen na area da praia?
Non sigo.
Respecto moitisimo o mar e os seus profesionais, creo que o mar debe ser controlado e regulado para unha explotación racional dos seus recursos, e está moi ben que quen o traballa se aproveite de él, pero .....

miércoles, 2 de septiembre de 2009

DORNA DORNA 6

Voltamos os apuntes, aquí tendes varias formas de mirar unha dorna e en cada unha de elas parece unha embarcación distinta. Tamén van nomes, hoxe de taboas e algunha peza.










miércoles, 26 de agosto de 2009

REGATISIMA DO BAO "A REGATA"

O longo dos días previos a meiga do vento pronosticaba unha forza 4 para a hora de regata, a verdade e que non poido ser mais diferente, a hora da saida unha "placida" calmería facía que o sol dorara sen piedade as cabezas de todos é decir, en argot, unha "solleira" de primeira. O sea que, pronostico a tomar vento !!!.




A regata saeu no medio de esa desesperante situación, Dorado que tras ser o primeiro en armar, con diferencia, e que se veu afectado porque o temón non lle entraba, incluso "Chica" tivo que tirarse o mar, decía que non tiña importancia pois ninguén podía "irse".

Así as cousas oubo duas opcións na saida, os que foron cara a Vilanova, para virar no medio e os que foron cara a Riasón e tratar de pillar a boia que estaba o Norte da Escola, antes das bateas.



Por momentos no medio de esa calmería uns iban o outros viñan tratando de buscar o refacho que inflara a vela, nun principio calquera apostaría polos que foron buscar o vento cara a Vilanova, pero foron os que optaron por unha acción intermedia saida cara Vilanova e doblando rapido a Riasón os que pasaron primeiro: Bazarra, Jalerna, Caracola, Xarandeira e Necora en moi pouco espacio, ata esta boia unha bolina, da boia o paso de embarcacións pola Ponte unha popa, que matizaría distancias, logo o paso pola ponte e un rumbo a un largo que supuxo o paso pola batea de vixiancia que Xarandeira adiantara a Caracola e presionaba a Jalerna e Bazarra, así no rumbo de volta cara a ponte a Jalerna marcaba unha diferencia clara, perseguida, por Xarandeira, Bazarra, Maristela, Pereka, Cariñosa.


Pero en esto chegou o convidado que ninguen esperaba, eran o redor das 17,00 h., mareas vivas moi vivas de un coeficiente de 3,9 m. unha sinon a mais alta marea do ano e no Bao, baixo a Ponte a marea ten unha forza impresionante motivada polas columnas e a necesidade de pasar por entre elas.

A Jalerna viña de primeira, detrás .... e ahí escomezou a historia de novo, entre boias, columnas, dornas que aindan pasaban, e forte correntada a jalerna non da pasado, a Bazarra intentao como pode, cruzan primeiro a ponte cara o Bao a Xarandeira e a Maristela. E cousas do destino, a Maristela cruza segunda, mentras a Jalerna manobraba e voltaba a manobrar, mais entre a correntada e as dornas que ainda pasaban vese abocada a zafarse do pilar axudandose das mans o que lle supuxo unha virada de sanción e quedar outra vez sen pasar a ponte, rematabase a regata polos primeiros postos para esta dorna, Claudio en terra lamentabase amargamente.


Zafados da Ponte os primeiros eran Jalerna, Xarandeira, Bazarra e Cariñosa detrás outro grupo, Forza R, Perka .... e despois o resto, que de un xeito mais ou menos divertido loitaba por facer os rumbos en contra da temida correntada. Por estas o vento xa tiña aumentado, e sin ser forte, permitía unha navegación clara e rapida, ainda que de cando en vez algún que outro refacho daba sorpresas. Poderíamos decir que a regata entrou nunha situación de impas ata a volta seguinte, como decía o vento era o mesmo para todos non tiñamos ningún rumbo dificil e simplemente as dornas acercabanse ou alonxabanse sen repercusión de importancia. Si todo así ata o tramo final.




Quedaba a temida segunda volta e decir voltar a pasar pola Ponte coa correntada en contra. Nos adiantamos na navegación e imos o paso da batea de vixiancia, praia Sur do Bao. Parecía que casi todo estaba vendido. Xarandeira-Jalerna-Cariñosa disputaríanse os tres primeiros postos, esa era a emoción, detrás: Pereka, Bazarra, Forza R, Necora, Larpeira e un rosario ata a última.




A aproximación a Ponte era tensa, Xarandeira, Jalerna e Cariñosa, por este orden, trataban de imaxinar o cambio para non padecer contra as columnas, ninguén dos tres tiña ollo para outra cousa.




A Xarandeira fai a primeira aproximación cando de repente pegada a Ponte, tapada polo sol de fondo aparece unha dorna nunha forte bolina, dereita, decida e con forza, quen é?, detrás veñen outras dúas, coa mesma decisión.

Cruzan a Ponte, 1º Bazarra, 2º Forza R, 3º consigue ser a Xarandeira, 4ª a outra "intrusa" a Pereka e 5ª a Jalerna. Xa ninguén a moveu, da Ponte a Praia do Bao unha tensa espera hasta celebrar a posición. Fantastica bolina de Bazarra, Forza R e Pereka que mais arrimadas a Ponte aproveitaron un refacho que sorprendeu os "escapados", que lles permiteu arrimarse para facer o cambio con velocidade e non verse enrredados pola correntada. Magnifica a regata da Jalerna, onde Ricardo e Cartarola, estiveron sempre diante, non menos a Xarandeira, e de quitar o sombreiro a reacción final dos gañadores que souperon leer a regata e aproveitandose da marcaxe que levanban os destacados, coláronse para gañar.

Quen daba mais?