martes, 25 de octubre de 2011

PABLO CARRERA

Coñecín a Pablo cando, xunto con outros, andabamos a argallar o Encontro de Cambados, e ali ibamos a trair un monte de Museos, que viñeron, encheron un grande espacio, probablemente o mais grande de calquera Encontro.

Xa sabía de él que estivera montando e movendo na Illa de Arousa dous anos antes, pero non sabía mais.

Logo veu un periodo intenso onde a FGCMF moviase o toque de acontecemento, Brest, pre-Brest, Ardentías, Ferrol .... e calquera cousa que polo medio se puxera.

A miña principal anecdota con Pablo, foi unha de esas veces (a 1ª) que me tocou falar en publico en Portugal, ala por Lanhelas, corría o ano 2.005 e tocaba anunciar o Encontro, eu levaba a lección ben aprendida, colaboran ..... consellería, consellería, .... e ainda que non tiña moito auditorio e era amigo, esquencinme de nomear o Museo (os nervios), Pablo estaba alí, e non poiden menos que pedirlle perdón, foi unha das veces que mais perdoado me sentín, de verdade creinmo, despois viñeron moitas xornadas onde o Museo sempre estivo para votar unha man, ata o punto que a experiencia, criterio e traballo do seu director foron sempre pezas fundamentais nos acontecementos mais importantes no eido do movemento asociativo da Cultura Maritima.

E porcerto este comentario non leva fotos porque creo que non teño ningunha de él, e porque si quixera poñelas tería que encher esto de fotos onde estaba a súa pegada e son moitas.