viernes, 26 de marzo de 2010

Que detaie (IV)

Xa vamos a rematar e non porque non teñamos mais camisetas, nin que non sean bonitas, senon que xa repasamos un pouco todolos estilos, entón esta e a última entrega.
Escomezamos pola sempre prestixiosa Volata a Illa de Arousa, para a ocasión recurreuse o topico, destaca o enfasis Da edición, e que a Volta pasaba dos 20 anos !!. Grazas a Lino Prieto, que nos facilitou algunha foto de camiseta do Grove, esta, fiel o seu estilo, fai referencia a Regata que se celebra, hai tamén que apreciar, o gusto por ofrecer unha camiseta, con cariño, manifestase non soio no deseño, senon na coor, laranxa, nada tipico.
Un estilo tamén que recolle o didactico e este onde a dorna navega en tres posicións diferentes, e hasta con rizos tomados.O inconfundible estilo de Felipe, manifestase en esta saída do Bao, imaxe moi recurrida para esta regata, pero non por eso deixa de ser interesante, pois cada autor, dalle o seu punto.


Agora unha que pretende ser sencilla pero expresiva, sobre unha foto, debuxase o esforzo de izar unha vela, toma protagonismo o home e a vela.
Dentro das "repetidas", como xa dixemos, a do Marisco, un ano unha coor.
A regata Lajareu, todo un clasico da tempada e clásica e esta camiseta, que por outra banda a algúns parecenos tamén fermosa.
Esta da Volta a Illa, realmente tiña un debuxo moi logrado e expresivo, matouna a execución das coores, pois aqui non podedes ver un "vivo" bermello que con todo o perdón era matador. A camiseta gana co paso do tempo.E como artistica se pode considerar esta de Fasquía, tamén amosa o seu interés por agradar e o incunfundible "sello arousan", igual que a anterior o non estar provista de mangas.
Tamén hai otros momentos nos que recibimos mais camisetas, así temos o armario, faemos un repaso por unhas cuantas, de diferentes eventos e mesmo asociacións. Os "nachos" casi sempre teñen unha camiseta lograda como en este caso. Probablemente do pintor de gamelas "Lorenzo", magnificos e expresivos lenzos, na web de Gameleiros Breadouro. A mín paréceme moi boa.Fermosisimo e traballado esta dos Galos de Bueu
E non menos fermoso esta o "Luisa", abandeirado de Combarro.Agora cando estou escribindo estas liñas comunicanme que a "Araceli" da praia de "El Palo" do Cube "La Espailla", esta a cruzar a ponte da Illa en ese peregrinar dende Malaga a Santiago de Compostela.
Aquí xa estiveron os amigos da praia de Pedregalejo, veciña da de "El Palo", co Astillero Nereo e o clube "La Barcaza", debo recoñecer que na miña retina figura sempre presente a imaxe da lancha de javega "Rosario y Ana" e do seu patrón Fernando Dols e compañeiros .... . Tamén podo decir que poiden bogar en ela o cal foi todo un pracerE para rematar, quero enseñarvos esta, de embarcación, deseño do "bicho", en ela esta toda a expresión do seu promotor e armador Paco, a "Martola" evocadora da Mar e de Marta a súa sempre inseparable.
Que decirvos, .... FIN

martes, 16 de marzo de 2010

QUE DETALLE (III)

Esta é una nova entrega das "Camisetas de Regata" pasamos por diferentes tipoloxías onde podedes observar a creatividade e a riqueza tematica.

A Volta a Illa de Arousa no ano 2002, expresouse con unha camiseta rotunda e clara, notase non?, expresaba tamén unha antes tipica saida da Volta, coas dornas "o cabo", suxeitas e preparadas para sair. Alguén dubidaba que era na Arousa?.

A Regata do Albariño, na súa segunda edición, ala polo ano 2.001, aproveitou unha expectacular foto da regata do ano anterior e ese foi o resultado, a min pareceme moi bo. Esa regata a da foto, tivo momento espectaculares. Tamén se recurre a tecnica do "envellecido" o facela en coor marrón.


Esta e outra recreación de unha saida da illa, baseada nunha foto tamen, pero debuxada, un recurso moi socorrido, sobre todo polos que non debuxan moito. Si vos fixades ben igual recoñecedes a alguén. Remata con unha frase, como poetica, "o caso" que define a volta a Illa.
Esta de abaixo, pode entrar en varias categorías, unha pode ser "que simpaticos son os meus fillos" e a outra "a dorna na escola". En este caso ven a ser de esta última. Algunhas asociacións desenvolven a súa laboura polos colexios, en este caso os socios tiveron a oportunidade de levar unha dorna para que os nenos a palparan, despois, como debe ser, os nenos escribiron as súas impresións. A verdade e que polo menos enteraronse de que iba a cousa.
Eu teño un especial gusto polo minimalismo, polo que esta camiseta da "nova escola Meca" a min gustame, é sencilla, non é espectacular, pero está ben, "temos dorna". E tamén inaugura a Camiseta "referencia", si ti vas o Grove a unha regata o mais posible e que a camiseta sea parecida a do ano anterior, no peito terá unha referencia a edición e a coor tamén variará, pero o deseño ou é o mesmo ou semellante. O merito está en ter todas, esta forma foi adoitada en varias regatas en algún que outro porto tamén, a verdade e que simplifica o traballo de andar a pensar, e sobre todo si non tes quen o faga, de buscar o encargado.

Esta clara a miña debilidade pola sinxeleza, a seguinte é unha "declaración de principios" son "dorneiro" i no lo niegho". Ou e que non vos quedou claro que esto é unha regata de dornas !!!!. Tamén podería ser aquelo de "orghullo dorneiro". Alghien dixo que si existía selecsión alemana de dornas.
Estamos de festa, queda claro!!, é o que parece decirnos esta simpatica elastica que se regalou na regata do Bao, que sempre é unha festa.
Como se vé, nas camisetas da ACD. Dorna a variedade de deseño é unha constante, esto ven pola cantidade de persoal que rula polo Bao e polo interés en colaborar de uns e outros. Dentro das etnograficas mais etnograficas esta esta de Lajareu, pode facerse outra mais ... ?, non !!, quedoulles moi ben, sobre fondo branco, que sempre e unha garantía e é bon para o verán, a aposta foi xa de entrada gañadora, e por certo educativa, para que agora non sepamos as partes de unha dorna, según Xocas (mañán examen). Despois de esto tamén ten sentido decir que tamén hai formas nas camisetas e que as veces teñen tendencia según xeografía. Si che dan unha camiseta de tiras (como de baloncesto) no Grove, será raro-raro, o mais probable e que si che toca unha camiseta de tiras, estes na Illa. Si é de pico pode ser moi ben en Cambados e despois o mais normal será a tipica camiseta-camisetadetodalavida.
Como podedes ver esto das camisetas ten o seu merito, para non darlle aprecio.

lunes, 8 de marzo de 2010

Que detalle (II) O xermolo

Pode que me equivoque, ou non, pero penso que por estos carteis pasa unha boa parte da FGCM e despois F.. Ahí entramos moitos dos que agora estamos, fixadevos que no primeiro cartel o nome do Encontro aparece en 2º termo. Eran tempos duros.
Pero ahí escomezou de novo a canción e entonaríamos aquelo de "unha lancha de Mariiiinnnnn coa proa de carbaaallo, catro rapaces ........" si catro rapaces, e mais uns que xa estaban tensaron a relinga da FGCM e puxeron a lancha a andar, e bolinando chegamos a ata hoxe.
A primeira camiseta, como casi todolas os do Encontro segue a vena "etnográfica", no caso de Rianxo, non collereron pensou eu, o etnografico local senon que foron a historia da pesca e como bos rianxeiros foron o xeito. Como vedes, xa o Encontro duraba 4 días. Para os que ali chegamos por vez primeira, foi impresionante, como choveu !!, como ventou !!, canto traballo quedou mollado, pero tivo os seus froitos. Sempre lembraei que de ali saimos co billete para Douarnenez 2000. Algunhs xa sabían o que era sair a la France os mais iban facelo por vez primeira. Escomezou a primeira expedición multitudinaria da FGCM. Logo veu Combarro, Combarro os amigos Paco e Cao e mais ... foi a primeira proba de fogo para a nova FGCM. os vellos mais os novos traballando arreo. De esta internacionalizamonos, os xa de cotio amigos do sur (con Joao o frente), veu a expedición San Eflan, a dos monxes navegantes nos seu barcos de coiro, e coñecemos aquí a uns vascos que tamén viñan a bogar (que vicio), apareceu por Galicia "Albaola", dende esa os vascos xa nunca deixaron de estar con nos, alguén imaxina un Encontro sin eles?. Estaba botando a andar o "moderno Encontro", como traballaron !!! (tamén oubo tensións). Que ben o pasamos.

A camiseta, que non sei como se acadaba -ero a min chegou algún día-, foi unha representación de Combarro a mesma que levou a revista do Encontro, que voltaba a ser editada. Lembrovos que foi o orixen da Ardentía. A calificación "etnográfica local."


Que longos, canto tardaron en pasar ese dous anos de Combarro a Illa, a verdade e que non había moitos que estiveran dispostos a facer o Encontro e tivo que ser a Escola, Dorna (era o seu presidente Pablo Iglesias), a Illa que os acollera e como pasa na Arousa, acolleunos todo o pobo, foi o Encontro do mexillón :), senon preguntade, sigueu a ser unha gran festa e o Museo do Mar escomeza a ter un papel fundamental (xa non o deixaría) na organización. En estos o gran protagonista foi Portugal. Estiveron marcados polo recordo do Prestige. Foi o que mais barcos tivo nunca hasta hoxe.
A camiseta, que non se regalaba, tamén era da categoría etnografica local. Non organizaba nadie, nin FGCM F nin Dorna, cousas que pasan, protagonismo total o Encontro. Fixose en varios formatos, o que mais resultou foi este con fondo verde ou granate tamén as tiñamos de tiras. Foi onde nos enteramos que o merchandising non funcionaba.


Logo veu Cambados, a madurez, Encontro desexado e disputado, Bouzas e Cambados estiveron a ver quen o levaba, foi Cambados, eu penso que con xustiza que o levou, igual tería que ir para Vigo, pero a verdade e que Cambados merecíao moito dende o meu punto de vista, Mascato e Clube Mariño Salnés eran pasado (unha) e presente (os dous) da FGCMF, sí, o anterior fora na Arousa, pero Cambados relamou os galóns que otorgaba o traballo de moitos anos. Vigo ademais tivera un medio encontro co da San Eflan.

Par min foron os meiores de todos, por moitas cousas, o Museo volcouse como ata agora, miles de metros de espazo expositivo, o Mediterraneo asisteu todo de norte a Sur, Albaola voltou (na Illa estivera Itxas Begia) .... concertos (tamén os oubera nos anteriores), xornadas (tamén oubera nas anteriores), Manolo Rivas tocou o Apupo. Soio fallou unha cousa o vento, o gran vento do norte, non deixou navegar, non oubo arribada, intentouse o izado das velas, pero non saeu ben de todo (eramos así).
A camiseta como no podía ser de outro xeito etnográfica local reproducía un oleo de Leiro (emigrado a America, creo) de Cambados antes de 1.900, recollia beiramar e tipoloxías. Fixeronse miles, que ainda hoxe non se remataron de repartir.
Non oubo tantos barcos como na Illa, o vento fixo moito, pero probablemente acolleu a maior representación de tipoloxías diferentes. Cataláns (trouxeron a camara) e Andaluces xunto cos Cartexeneros voltarían despois cada ano a estar con nos.

Si, Cambados amosou a "madurez" e calidade do Encontro, tocaba hora de subir o norte. FERROL, xa iba sendo hora, quixeran ou non quixeran, despois de cantar e cantar por todolos encontros, os de Ferrol non tiñan disculpa, os "nachos" asumiron o reto e o resultado foi o Encontro dos encontros, viñeron ata de Port Mahó e das Açores, que fermosos o Delio e a Estea, que traballiños para vir, viñeron os que xa coñecíamos e outros, seguiamos a confirmar que o Encontro era un gran Encontro. A familia do Club do Mar, respostou coas meiores voces.

A camiseta, podese considerar etnográfica?. En ela a FGCMF muda o seu tradicional distintivo circular polo rectangular que lucimos agora (aprendimos a que nos viran) e o motivo e a vela latina característica do norte, polo que pensando ben, será unha "etnográfica" na súa variante "embarcacións", ata de agora foran de caráteristica "a nosa ribeira". Tamén suliñar a gran participación que tiveron os nosos compañeiros do rio, Barcas do Minho, fixose notar moi positivamente. Apareceu unha nova raza, "os bloguers", que dito así soa a personaxe de pelicula de Spilberg e que pasarían a ser uns elementos importantes en esto da Cultura Maritima.

Con esta xa chegamos a Muros -esto saéume unha pequena historia do Encontro- a camiseta colle un cambio radical. Muros, a Muros sobralle etnografía por todalas pedras, a camiseta non debía de ser repetitiva, tiña que ser diferente si Maribel Longueira puxo a idea do cartel, Fernando Rei, puxo a base da camiseta, baseado nunhas manchas -ben feitas- de pastel, saeu esta colorida camiseta, para min faltoulle algo de elaboración na colocación da letras, pero ... non tiñamos tempo para mais, non ?. Foi o Encontro "do pobo", da vila, das parroquías, da sociedade muradana que fixo de Muros un encontro de amigos. Os bloguers, amosan o poder da comunicación. Chegan a xuntarse unha morea de eles. Os vascos seguen a medrar. Votamos de menos os andaluces.

Esta camiseta e "dedeseño".


Todo o que aquí hoxe escribin e a miña opinión, haberá quen non este de acordo e outros que farían matices, cando escomecei a escribir non pretendía facer unha cronica dos Encontros, pero as camisetas traen recordos e foi inevitable, recordar, supoño que facendo exercicio esto medraría en texto, porque o tema sobre o que se apoian as camisetas da para libros, pero repito, esto iba de camisetas, deseño e carga emocional. E como as emocións, xurdeu, non foi premeditado.

martes, 2 de marzo de 2010

Que detalle !! (1)

Hai persoas que cando van a unha regata ou xuntanza o remate din aquelo de "outra camiseta mais, ... teño tantas !!", a todo hai quen gañe, a min gustanme, eu soio levo dende o ano 2.000 nas regatas e en esta historia de un xeito activo, por eso me imaxino que calquera dos veteranos teñen un patrimonio textil impresionante, si quixeron coidalo, algúns temos esas manías.
O que non poiden evitar é que non atope algunha camiseta que si teño como da regata de Rabandeira en Vilanova, que rematou xa hai uns anos. Ou que me falten outras que sobre todo por causa de traballo non poiden asistir, como é o caso das regatas que se celebran en Xuño ou Xullo, sei que teño, non todas, de Fasquía, e que non teño do Sepelo, pois son en Xuño e non sempre podo asistir. O mesmo coas dos Faros e Area Seba, no Grove, as da Dorna en Riveira que se celebran en Xullo. E outras que por causas varias me perdín.
Quen vexa que non aparece algunha e a ten, que a fotografíe e a envíe, o final forman parte do patrimonio de todos. Como as do Encontro, teño dende Rianxo, pero, antes facíanse camisetas?, faltanme Ribeira, Coruxo e O Grove.

Hoxe imos a entrarlle, e quero ensinarvos para escomezar, as miñas favoritas. Non quero decir que sean as meiores de estos dez anos, son as miñas favoritas, polos motivos que explicarei.
A 1ª corresponde a unha Volta a Illa de Arousa, no ano 2.000, foi a miña primeira regata e ademais coa miña 1ª dorna, que calma, menos mal que Isidro me acompañaba e pasamolo moi ben. Logo tamén clasificarei as camisetas, por exemplo esta sería no meu "catalogo" da categoría "festiva afeczoado sin mais".

Logo inevitablemente ben esta, sobre unha pintura de Xaquín E. Lopez Cuiñas, moi fermosa, fixemos o cartel da 1ª Regata do Albariño, foi a primeira experiencia como organizador, creo que na mente de todos esta esta Xuntanza-Regata como unha das mais divertidas de todolos tempos. Choveu ..... ventou, de aquí sempre lle terei un agradecemento especial a todos os participantes e en especial a xente de Lajareu, pois co día que facía, atreboado e vento da travesía (W) inestable, apareceron polo fonda da ría para participar. E marcharon con igual mal tempo.

Para esta crearemos a categoría de "artisticas".
E a terceira das miñas mais queridas e esta da Regata do Bao, e a miña regata preferida e tamén me parece probablemente a camiseta mais bonita que se teña deseñado.

E deseño do noso Felipe Vazquez Abal. Sinxela e descriptiva, moi equilibrada onde o negro resalta sobre o blanco con armonia, con un lixeiro toque de forza que lle aporta o anagrama da Escola e onde o remate deixa o sabor do mensaxe: Regata do Bao. Por aquela Felipe regateaba coa "Chispa" que logo lla roubarían, o seu compañeiro era Victor. Hoxe navega na Mª Dolores con Ricardo.
Agora tamén diferenciar outras "tendencias" ou estilos.
A esta chamaremoslle a "textil", está baseada e un producto de meior calidade textil do normal, regalase coa meior das maiores intencións, e con todo cariño e transcendecia de unha regata como é a Volta a Illa. A inscripción faise sobre un polo "pique" 100% algodon, a regata pasa a un segundo termo e aparece como testemuña, incluso vai nas costas, saimos todos "ghuapisimos" co polo.
O de abaixo e "criminal", creo que soio lle falta o de "podo saudar?". Que mais se pode poñer?, e que alguén non sabe que se trata de dornas?. Un pouquiño menos cargado e tería saido ben, penso.
Fixose para a Regata do Albariño, o responsable foi un tal Fernando Piñeiro Oubiña. Para poñelo en unha categoría faríamos a de "podo saúdar?"Os "etnograficos" e un recurso que sempre queda ben, moi socorrido, coller unha foto mais ou menos antigua e utilizala como argumento do cartel. Foi moi utilizado para as camisetas do Encontro. Nunca te mollas, non serás espectacular, pero non desentonas.
Rematamos hoxe con esta de Lajareu, está na categoría de "vale para todo", porque regálalo na regata e logo podes ulilizalo para vender camisetas, como uniforme da asociación, etc. é atemporal, non informa do ano nin da regata, apto para calquera estación en este caso ademais luce -o cal lles resulta facil, porque é bonito- o distintivo da asociación.
Como vedes en esta primeira entrada da serie, fixemos un rapido repaso pola xeneralidade, na seguinte entraremos en mais detalles. Non teño todalas camisetas das regatas faltanme como dixen, algunhas do Grove, algunha de Fasquía, as de Portonovo, si lle quitades unha foto e a enviades o meu correo podemos ir ampliando a colección e incluso facer " A marabillosa historia das camisetas de Regata".
Valorarase especialmente a aportación de fotos de camisetas canto mais antiguas meior, ainda que estén roidas dos ratos.
Alguén dubida que me gusta o deseño?.