domingo, 28 de diciembre de 2008

UNA ACTO UN RECOÑECEMENTO

O proxecto do Mar da Memoria, tivo o luns 22 de decembro pasado en Vigo a súa presentación, do proxecto non quero falar, agás que foi unha idea excelente e unha realidade importante e que espero teña continuidade, pois si importante e o que se recolleu, estou seguro que importante é o que ainda quedou por recoller, debido a desconfianza o descoñecemento ou a o "eu que sei" tan galego.








Delfina, Lola e Xenxa hai mais de 60 anos.

Do que quería falar e d@s actores, que alí estiveron 4 representantes, pola banda das Mulleres do mar Lola, Delfina e Xenxa, dende Cambados e polo dos Homes José ou "Vilas de Priegue" como era coñecido no seu barco e que viña da Ramallosa. Estiven tentado a decir polo bando "dos homes de ferro", pero nese momento lembrei precisamente a admiración que me levaban esas mulleres que necesariamente non podían ser de ferro, pois senon os tronos e a choiva do inverno impedirían a cantidade de xornadas que botaban na ribeira "o burato" ou o birbiricho e que diariamente vía pola ribeira de Fefiñans onde se asentaba o barrio de Triana ou pola Serrido de Mar de Frades e San Tome, como decía vran e inverno e que moitos días a voz de "ahí ven o marino!!" votaban a correr para non ser sorprendidas por aquel chaval que vestido de gris, facia o servicio militar na comandancia de Cambados e o que lle encomendaban escorrentar as mulleres, eu como neno, a apañar a caldeirada de birbirichos tamén teño corrido, era a xornada diaria.
Unhas por terra carrexando cestas cansadas e incansablemente, percorrendo rueiros e aldeas, e sigo lembrando velas chegar coas cesta na cabeza, con ese equilibrio que lles proporcionaba a experiencia e o mohido, de aquela eu non era conciente do que representaba ese traballo, hoxe cando todo está regulamentado, afortunadamente, os prezos non os marca o "comprador" de turno senon a lonxa en subasta, cando poden mariscar todo o ano, equlibradamente. Hoxe eu lembrome de como era aquelo e como se facía a economia das familias humildes, labrada a esforzo.

Contentas as protagonistas posan a petición dos presentes.

Bueno pois despois de esto, cando vexo a Lola a Delfina e a Xenxa sacarse unha foto coa Sra. Conselleira, que me importa moi pouco neste momento o seu cargo pero si un moito o que supón para ese homes e mulleres que veña a Conselleira a sacar a foto con eles (porque si importa), pois enchome de alegría toda vez que supón o recoñecemento de ese traballo e a súa satisfacción.

E cando no Museo do Mar eles erán comidos a preguntas polos periodistas sentíame moi ben pois unhas os seus oitenta e tantos anos, quedarálles o recordo da xornada e diranllo os seus bisnetos e que o seu traballo existía, pois non sempre se tivo en conta. E a José, ese recoñecemento a labor dos mariñeiros que pescaron en Terranova e a él que tivo a audaz idea de mercar unha camara (co que lle debeu supoñer) e retratar os seus compañeiros no pasar da xornada.

Pois que cando un asiste a un acto ocmo este, encheselle os pulmóns, e vai mais contento para a casa.

Lola, José, Xenxa e Delfina de (Esq a Dta.).

E xa noutro orden, o veredes nas fotos, José Rodriguez "Vilas" e o pai de dous de nos da Ramallosa e decir, o amor do pai polo mar transmitido os fillos. E como nón o noso compañeiro Paco Fernández Rei, fillo de Xenxa Rei e sobriño de Lola coas dúas mozas octoxenarias. Non foi un conto de Nadal, foi unha historia de verdade, en Nadal.

José Rodriguez "Vilas" cos seus fillos.

lunes, 22 de diciembre de 2008

XORNADA COMPLETA

Hai días que un sae da casa con bo pé.
Fai tempo que tiña ganas de voltar a pescar, de cando en vez enganabame collendo unhas luras ou chopos, a verdade e que se pasa ben, hai que ter maña ou man .... e teñen un sabor agradable, pero o de pescar é outra cousa, a sensación da picada da incerteza do que poida picar e mais, si a zona de pesca se presta os "peixes do revés" e decir as excepcións, esas que marcan unha xornada de pesca pois entón todo escomeza a ter outro sentido.

E iso foi o que aconteceu un de estes últimos fin de semán, Avelino o meu veciño tiñame convidado a sair a pescar con él, no seu barco a verdade e que ganas nunca me faltaron para acompañalo, pero nunca lle puxen o día, eso tornou o sabado pasado, cando acompañados por Lino Prieto e o Sr. Juan cara as 8,20 horas saiamos do porto de Pedras Negras rumbo a Illa, aclarar que para a xente de Bueu, Portonovo ou S. Vicente, "a Illa" non é outra mais que a de Ons, era de noite e pouco a pouco escomezaba a albear un día que resultou "de verán".



Nunca pescara por Ons, en realidade moi poucas veces saíra fora de Ría de Arousa, a miña máxima sempre foi "para que ir a buscar lonxe o que teño perto?", por esto debo recoñecer que tiña unha emoción especial na xornada, poderanme decir que me deite as 10 a mañán ou que non durma en 2 días, pero que non me digan que me levante as 7 da mañán, xa sei que para moitos e normal, pero .... outros son loiros, baixos, fracos ... a cousa escomezou con que non me sonou o telefono mobil, pero puntualmente os meus ollos abrironse as 7,00 horas, (aclarar que eu creo na telepatia ou na forza dos acontecementos ... ) o caso e que dormín perfectamente ata as 7,00 pero puntualmente a esa hora (a marcada por min para espertar) clink!! ollos abertos, ollei o Tf. e erán as 7 ¿¿ arriba!!, non era cuestión de facer esperar a naide.



Saimos cara a Illa, tranquilamente, non sei que pensaría o patrón, Avelino, a marea non era a meior, pero podíamos coller a baixada o cal tampouco era malo, a min Lino puxerame as espectativas moi altas, o sea que .... mais valía que acertara, poñome no seu pelexo cando son eu o patrón e non me gusta que cando teño un convidado a xornada non sexa boa.


Xa de día chegamos o entorno de Ons, Avelino escolleu posta e dispuxemonos a probar o 1º en subir un peixe foi Lino, logo a Sr. Juan e así pouco a pouco o cesto iba collendo fondo con pintos e martelas de 1/2 kg. mais ou ... menos. Pero ainda que os veteranos queixabanse a min a cadencia que tiñan as picadas sin ser excesiva pareciame interesante, e mais interesante a incertidume do que podí apicar, e así foi, de repente o patrón, sin poñerse nervioso deixa ver que sube un bo peixe, e si que foi bon uns 3 Kg. pesaría o exemplar de pinto de Avelino, sin despeinarse e sin botarlle o trueiro sacouno a pulso do mar, a verdade, espectacular, o Sr. Juan outro veterano, sin chegar a eses tamaños, sacaba tamén boas pezas e variado que si un sargo subia do 1/2 kg. longo que si un pinto de mais de 1 Kg. que si ... él puntuando seguido, o lado Lino Prieto, mais un servidor seguiamos rumbo subindo tamén uns peixes ou outros, o patrón que soio a final estaba contento co ritmo de pesca (xusto cando nos tiñamos que vir), amosou a sua caracteristica, que non e nin mais nin menos que a de ... temos que probar en outro sitio que non estamos pescando ben, eso define ós bos. O remate eu tamén tiven o meu premio, pero por riba de todo o premio foi compartir a xornada, un paisaxe moi fermoso con unhas condicións metoroloxicas de premio gordo.

martes, 9 de diciembre de 2008

VELA VELA?

A que vela diriades que se parece?.

Asombroso parecido o teñen as dúas velas dos ultratecnoloxicos VOR 70, a esa famosa vela única de relinga. esta imaxen non é a meior mirade cando os vexades pola TV.
Resulta que a cangrexa pode ser unha evolución da latina, agora resulta que a super vela VOR 70 , ... e unha evolución da de relinga. A que se parece?

Xa vos teño dito que as dornas bolinan moi ben.