jueves, 21 de agosto de 2008

IX DO ALBARIÑO

Despois do Bao chega o Albariño, parece que foi onte e xa van IX ala. O 9 de agosto chegaballe o turno a regata de Cambados.





En primer lugar xa que quede claro que o que escribe é un dos que cada ano cubre o expediente de organizala, polo tanto agás os datos estrictamente adicados o deporte os outros están marcados por un sesgo, que tratarei que sexa o menor, en último caso sempre será a miña visión.





Despois de esto, escomezaremos decindo que esta regata non é a priori a meior en nada, pois o principal e un bo campo de regata e Cambados está moi limitado, por eso determinalo nas augas que temos as veces resulta dificil pero é o que temos. Tampoco é a que mais xente ven, para eso están as la Escola. Cando era polas mañáns tiñamos festa pero agora que é pola tarde nin eso. Agora sí e a única que ofrece trofeos únicos e premios de mantemento e engorde, e ademais gustanos pasalo ben -como a todos.


Este ano non estaba previsto nin moito nin pouco vento, pagarase o xusto, pero si o suficiente para andar ben, por eso plantexamos unha regata longa, logo a realidade fixonos variar sobre a marcha e co permiso dos interesados acortamos o percorrido, o cal resultou un acerto, ainda que sempre nos quedará a incognita de que si a "Necora" pillaría a "Cariñosa" que o final remataron 2ª e 1ª. O interés a nivel deportivo estaba en ver cal de estas dúas dornas acadaría meior posto , pois eso podería decidir o Trofeo Galicia, no que se daba un empate técnico.



Así as 16,20, casi puntuais demos a saida, unhas 32 dornas xuntamonos, o vento estaba do Oeste así que plantexamos de saida unha bolina para ir hasta a baliza do Orido, bolina dura, onde os participantes teñen duas opcións bolinar rumbo a Illa de Arousa ou percorrer o Serrido cara a Toxa, sempre está ahí o dilema, ainda que haberá quen vaia en rumbos cortos tentando o camiño mais corto, neste pais hai de todo.


Casí todo o mundo se foi cara a Illa, a priori nun rumbo moi longo, pero tivo os seus froitos, o pasar pola baliza do Orido para coller o "largo" que os levaba a Batea de Vixiancia do Bao, perto da Ponte da Illa, os primeiros foron os que colleron esta opción, "Cariñosa" "A Rona" "Fuxe" "Necora", dous do Grobe o dous da Illa, esa iba a ser a loita, ben sabemos que un erro pagase con postos o remate. Ata a batea poidemos comprobar que o percorrido era longo -para o vento que facía- e cumpria eliminar o segundo paso por este punto. por ali pasaron 1º Cariñosa, 2º A Rona, 3º Fuxe, 4º Necora e 5º Xarandeira, ata Cambados nun largo acercaronse as posicións, Rona-Fuxe-Necora nun aire cando viraban por S. Tome, detrás da Cariñosa estaba a Necora e a decir verdade comendolle distancia, logo a Fuxe coa Rona e logo a Xarandeira, a última bolina e empopada decidirían os postos: cariñosa, Necora e Fuxe, logo Rona e Xarandeira a partir de ahí o rosario dos restantes e as pelexas particulares, suliñar duas regatas, a que fixeron a Maristela e a Zenaida, que acadaron unha excelente clasificación entre o 10 primeiros.


Por certo o 3º a Fuxe con Parada pai e fillo, teñenlle collida a medida, sempre fan un bon posto.



A última foto: adiviñade de que quedaron, si, eses que están tan contentos.

Viñeron dornas dende a Illa, o Grobe, Ribeira, Vilanova, Portonovo e como non Cambados.
Esperemos chegar a vindeira edición a "equis".
A entrega de premios foi na Cultural de Cambados ali oubo viño para uns e xamóns para menos, para todos a merendiña.
Excelente o animo de todos é bonito atoparse cada fin de semán pasandoo ben, a seguinte "Pedras Negras".
As fotos de mar son do albúm de Olga, en Picasa. As outras da organización.

lunes, 11 de agosto de 2008

DE REGATAS

Primeiro foi a do Bao e logo a do Albariño o venres 15 a de San Vicente, e a "vidilla" e logo "Calmoseira" en Cambados e Vilaxoan o mesmo tempo Xuntanzas, Bueu, Combarro ....


Escomezamos pola do Bao:


Falar de esta regata e falar da mais bonita de todalas Regatas, por moitos motivos, porque é na Escola (na de todos), todo o mundo se axuda a baixar as dornas (como sempre) e a colocalas, estamos en terra falando cos amigos na previa a saída, porque é unha veterana, porque ven moita xente e sobre todo porque se sae dende terra, si nunha carreira, os mariñeiros coa vela na man corren ata a embarcación e ali a toda velocidade arman pau, temón e vela e coa mesma a buscala boia.
Realmente e emocionante e fermoso, o son do bocinazo a estampida mallante abaixo e algo digno de ver, alguns nunca seremos os primeiros en armar ... pero que nos quiten o bailado. Case sempre a regata do bao era unha regata de velocidade, un triangulo e a correr, si cadraba vento norte faise polo Sur da Ponte si cadra Sur ou "un ventiño" faise polo Norte da Ponte, diante da Escola.

Este ano non foi así a organización decideu darlle vistosidade a regata facendo dela outro espectaculo no mar, pois as dornas debían cruzar a Ponte para dirixirse a perto da praia do Sur e ali diante virar para voltar a Escola onde ainda quedaba un triangulo, o vento foi ideal, fresco sin molestar o xusto para ter que facer un pouquiño de banda, pero sin despeinarse.

Gañaron os da "Pereka" que cando aparecen e para deixarse ver, detrás de eles a "Cariñosa" que xa gañou na volta a Illa e na Fasquía, unha boa tempada a que están a facer o Checo mais Victor, logo a "Xarandeira" que tamén están ben e a "Fuxe" que sempre está ahí e por atrás un pouco a sorpresa, a verdade e que esperabamos que a "Necora" estivera un pouco mais adiante pero non foi así e isto costoulle puntos para o "Trofeo Galicia", con un rival directo a "Cariñosa".

O remate como sempre o impresionante recordo que nos deixa esta regata e as gañas no corpo para o Albariño en Cambados alí rematará o trofeo Galicia .... "Cariñosa" ou "Necora", pero non remata a tempada e aquí todalas regatas teñen valor.


E esta e a secuencia de saída dunha regata do Bao, As fotos que emprego son en moitos casos de un amigo de Oporto chamado Luis da Fonte, este é un de esos casos. E que Luis e moi bon co ollo, unha magoa que agora sexa navegante e participe nas Regatas, acabouse o fotografo, pero bueno esperemos que Monica a súa moza recolla a testemuña.
Podíades ver antes o ambiente previo, charlamos, imos chegando ata que estamos todos, porque neso as organizacións sempre teñen a deferencia de agardar un poquiño, si se pode a que chegue todo o mundo que se sabe que vai vir.

Logo a "tensión" da espera dos 10 minutos ..... 5 min .....

E ahí a vai, e a saida, todo o mundo vela en man cara a súa dorna ... un espectaculo.












Rapidamente, cada tripulante ten a claro o seu traballo e a rapidez e a clave para unha boa saída.

Rapido e ben.


Mentras uns ainda buscan a agulla do timón outros xa levan a vela o pau, os primeiros votan a andar.





Outros baten entre eles, pois as dornas están no mar, moitas sin timón e non se gardan coidado, bater unha contra outra con mais de cuarenta dornas e normal.


Esta é a saida donde dornas da Illa, O Grobe, Ribeira, Cambados, Vilanova, Cangas, Aldán, Portonovo ... e todo aquel que queira, xuntanse ano trás ano para deleite de todos.



E como decía un veterano regatista, o caso non e sair sair rapido senon sair ben, referíndose a esta regata.


Lembro que a primeira vez que fun, coa miña recién pintada (como case sempre) "Fungona" e tamén como case sempre sen afinar nada e con un mais novato que eu (que xa era decir), fixemos a primeira volta feitos uns desastres, co timón fora da agulla suxeto polo fiel, coa vela con unha volta e nin sei como non demos "cu arriba", rematou coa presencia de Uxío que se decatou dos apuros que estaba a pasar, embarcou e poidemos disfrutar dunha navegación agradable e sin sobresaltos.