domingo, 28 de diciembre de 2008

UNA ACTO UN RECOÑECEMENTO

O proxecto do Mar da Memoria, tivo o luns 22 de decembro pasado en Vigo a súa presentación, do proxecto non quero falar, agás que foi unha idea excelente e unha realidade importante e que espero teña continuidade, pois si importante e o que se recolleu, estou seguro que importante é o que ainda quedou por recoller, debido a desconfianza o descoñecemento ou a o "eu que sei" tan galego.








Delfina, Lola e Xenxa hai mais de 60 anos.

Do que quería falar e d@s actores, que alí estiveron 4 representantes, pola banda das Mulleres do mar Lola, Delfina e Xenxa, dende Cambados e polo dos Homes José ou "Vilas de Priegue" como era coñecido no seu barco e que viña da Ramallosa. Estiven tentado a decir polo bando "dos homes de ferro", pero nese momento lembrei precisamente a admiración que me levaban esas mulleres que necesariamente non podían ser de ferro, pois senon os tronos e a choiva do inverno impedirían a cantidade de xornadas que botaban na ribeira "o burato" ou o birbiricho e que diariamente vía pola ribeira de Fefiñans onde se asentaba o barrio de Triana ou pola Serrido de Mar de Frades e San Tome, como decía vran e inverno e que moitos días a voz de "ahí ven o marino!!" votaban a correr para non ser sorprendidas por aquel chaval que vestido de gris, facia o servicio militar na comandancia de Cambados e o que lle encomendaban escorrentar as mulleres, eu como neno, a apañar a caldeirada de birbirichos tamén teño corrido, era a xornada diaria.
Unhas por terra carrexando cestas cansadas e incansablemente, percorrendo rueiros e aldeas, e sigo lembrando velas chegar coas cesta na cabeza, con ese equilibrio que lles proporcionaba a experiencia e o mohido, de aquela eu non era conciente do que representaba ese traballo, hoxe cando todo está regulamentado, afortunadamente, os prezos non os marca o "comprador" de turno senon a lonxa en subasta, cando poden mariscar todo o ano, equlibradamente. Hoxe eu lembrome de como era aquelo e como se facía a economia das familias humildes, labrada a esforzo.

Contentas as protagonistas posan a petición dos presentes.

Bueno pois despois de esto, cando vexo a Lola a Delfina e a Xenxa sacarse unha foto coa Sra. Conselleira, que me importa moi pouco neste momento o seu cargo pero si un moito o que supón para ese homes e mulleres que veña a Conselleira a sacar a foto con eles (porque si importa), pois enchome de alegría toda vez que supón o recoñecemento de ese traballo e a súa satisfacción.

E cando no Museo do Mar eles erán comidos a preguntas polos periodistas sentíame moi ben pois unhas os seus oitenta e tantos anos, quedarálles o recordo da xornada e diranllo os seus bisnetos e que o seu traballo existía, pois non sempre se tivo en conta. E a José, ese recoñecemento a labor dos mariñeiros que pescaron en Terranova e a él que tivo a audaz idea de mercar unha camara (co que lle debeu supoñer) e retratar os seus compañeiros no pasar da xornada.

Pois que cando un asiste a un acto ocmo este, encheselle os pulmóns, e vai mais contento para a casa.

Lola, José, Xenxa e Delfina de (Esq a Dta.).

E xa noutro orden, o veredes nas fotos, José Rodriguez "Vilas" e o pai de dous de nos da Ramallosa e decir, o amor do pai polo mar transmitido os fillos. E como nón o noso compañeiro Paco Fernández Rei, fillo de Xenxa Rei e sobriño de Lola coas dúas mozas octoxenarias. Non foi un conto de Nadal, foi unha historia de verdade, en Nadal.

José Rodriguez "Vilas" cos seus fillos.

lunes, 22 de diciembre de 2008

XORNADA COMPLETA

Hai días que un sae da casa con bo pé.
Fai tempo que tiña ganas de voltar a pescar, de cando en vez enganabame collendo unhas luras ou chopos, a verdade e que se pasa ben, hai que ter maña ou man .... e teñen un sabor agradable, pero o de pescar é outra cousa, a sensación da picada da incerteza do que poida picar e mais, si a zona de pesca se presta os "peixes do revés" e decir as excepcións, esas que marcan unha xornada de pesca pois entón todo escomeza a ter outro sentido.

E iso foi o que aconteceu un de estes últimos fin de semán, Avelino o meu veciño tiñame convidado a sair a pescar con él, no seu barco a verdade e que ganas nunca me faltaron para acompañalo, pero nunca lle puxen o día, eso tornou o sabado pasado, cando acompañados por Lino Prieto e o Sr. Juan cara as 8,20 horas saiamos do porto de Pedras Negras rumbo a Illa, aclarar que para a xente de Bueu, Portonovo ou S. Vicente, "a Illa" non é outra mais que a de Ons, era de noite e pouco a pouco escomezaba a albear un día que resultou "de verán".



Nunca pescara por Ons, en realidade moi poucas veces saíra fora de Ría de Arousa, a miña máxima sempre foi "para que ir a buscar lonxe o que teño perto?", por esto debo recoñecer que tiña unha emoción especial na xornada, poderanme decir que me deite as 10 a mañán ou que non durma en 2 días, pero que non me digan que me levante as 7 da mañán, xa sei que para moitos e normal, pero .... outros son loiros, baixos, fracos ... a cousa escomezou con que non me sonou o telefono mobil, pero puntualmente os meus ollos abrironse as 7,00 horas, (aclarar que eu creo na telepatia ou na forza dos acontecementos ... ) o caso e que dormín perfectamente ata as 7,00 pero puntualmente a esa hora (a marcada por min para espertar) clink!! ollos abertos, ollei o Tf. e erán as 7 ¿¿ arriba!!, non era cuestión de facer esperar a naide.



Saimos cara a Illa, tranquilamente, non sei que pensaría o patrón, Avelino, a marea non era a meior, pero podíamos coller a baixada o cal tampouco era malo, a min Lino puxerame as espectativas moi altas, o sea que .... mais valía que acertara, poñome no seu pelexo cando son eu o patrón e non me gusta que cando teño un convidado a xornada non sexa boa.


Xa de día chegamos o entorno de Ons, Avelino escolleu posta e dispuxemonos a probar o 1º en subir un peixe foi Lino, logo a Sr. Juan e así pouco a pouco o cesto iba collendo fondo con pintos e martelas de 1/2 kg. mais ou ... menos. Pero ainda que os veteranos queixabanse a min a cadencia que tiñan as picadas sin ser excesiva pareciame interesante, e mais interesante a incertidume do que podí apicar, e así foi, de repente o patrón, sin poñerse nervioso deixa ver que sube un bo peixe, e si que foi bon uns 3 Kg. pesaría o exemplar de pinto de Avelino, sin despeinarse e sin botarlle o trueiro sacouno a pulso do mar, a verdade, espectacular, o Sr. Juan outro veterano, sin chegar a eses tamaños, sacaba tamén boas pezas e variado que si un sargo subia do 1/2 kg. longo que si un pinto de mais de 1 Kg. que si ... él puntuando seguido, o lado Lino Prieto, mais un servidor seguiamos rumbo subindo tamén uns peixes ou outros, o patrón que soio a final estaba contento co ritmo de pesca (xusto cando nos tiñamos que vir), amosou a sua caracteristica, que non e nin mais nin menos que a de ... temos que probar en outro sitio que non estamos pescando ben, eso define ós bos. O remate eu tamén tiven o meu premio, pero por riba de todo o premio foi compartir a xornada, un paisaxe moi fermoso con unhas condicións metoroloxicas de premio gordo.

martes, 9 de diciembre de 2008

VELA VELA?

A que vela diriades que se parece?.

Asombroso parecido o teñen as dúas velas dos ultratecnoloxicos VOR 70, a esa famosa vela única de relinga. esta imaxen non é a meior mirade cando os vexades pola TV.
Resulta que a cangrexa pode ser unha evolución da latina, agora resulta que a super vela VOR 70 , ... e unha evolución da de relinga. A que se parece?

Xa vos teño dito que as dornas bolinan moi ben.

jueves, 27 de noviembre de 2008

MOLICEIROS

A primeira vez que estiven en Aveiro, soio vira os "Moliceiros" das canles, das fotos, un motoriño paseabanos pola canle humeda, mentrás, viamos que bonito era Aveiro, a verdade e que me impresionou.
Xa me impresionara o barco, en Cambados, cando durante o Encontro, unha visión apareceu, pois foi así, na tarde do domingo un fermoso moliceiro baixou polas rampas de Sto. Tome e cun motoriño que non se via, navegou un cacho polo Encontro, eu que facía a seguridade do mar, non tiven moito tempo para velo, pero sí para quedarme coa súa estampa, impresionaba, xa vira fotos, pero a realidade é a realidade. Tal como veu marchou sin ruido.
Así as cousas cando tiven a oportunidade de embarcar en Aveiro, para seguir a regata dos moliceiros, non vos podo explicar a sensacións que tiña dentro, .... os moliceiros, pero non os das canles, os de verdade.
Por eso os ollos miraban primeiro pola Torreira, onde caían as primeiras fotos, que por suposto non están aquí, logo a realidade no fondo da ría, onde o noso barco non tiña calado, alí viñan ..... erán eles nunha potente empopada ... pouco a pouco escomezamos a velos. (agora música de pelicula por favor).
(Recomendase, clicar nas fotos si queredes detaie, ainda que non todas abren)

O lonxe aparecían as velas, mesturadas coas ouvellas que o mar facía.
Pouco a pouco ibamos contando cantos podían ser Logo xa adiviñadas as fasquías recrebamosnos na súa vista, mentras escoitabamos as estratexias, e de quen sería probablemente o gañador, cousa que xa me resultaba coñecidaTamén poidemos comprobar, que erán humanos e os paus de madeira.
Pero sobre todo, que fasquía, que "chulería", como andaban.


Así na foto de alguén, roubada en internete, os vira eu. Mais non é moliceiro.


E logo de esa experiencia, chegou o momento de recrearse de coñecer as tripulacións, por respecto nunca lle saco fotos as xentes, terei que perder o respecto, porque así poderíades velos aquí.


E agora o que vos quería decir:

Esto é un atrevimento, espero que alguén me perdoe, pero que tamén vexa que non hai mala fé senón admiración. Espero que si pasa por aquí Joao, nos dé unha correcta formación.
Dito esto direivos que, sempre me impresionaron os moliceiros, esas embarcacións, hoxe obxecto turistico na ría de Aveiro e moi pouco usadas no seu fin natural.
Ainda que bueno si facemos traslacións, carrexar “esterco” (na miña terra) e carrexar turistas, ambas son actividades economicas.
Detaie das proas dos gañadores.

Como os galeóns, motores da economía, adicados o transporte e maioritariamente a recollida do "moliço".
Cando os vin falaronme que pola Murtosa, Estarreja ou Torreira ... ainda podería ver algún pero o seu futuro e incerto, xa non hai molices nin carpinteiros, unha vez mais queda a súa existencia nas mans de asociacións ou particulares.
O moliceiro abate o seu pau e pasea polas canles.

O moliço son algas, que antes se recollían para fertilizar, agora temos os quimicos. Supoño que tamén faenarían con algun aparello. Nas costas abertas do Atlantico o moliceiro rompe a ola coa súa proa para sair a dar o lance co arte da Xabega.
De todolos xeitos o que me impresionou cando os vin foi a simbiose do home e o barco, onde nacen os molices?. .... na proa do moliceiro.
As facianas o seu gusto polo detaie o amor pola embarcación, pais, nais e fillos, familias o redor do barco, xeneracións.
O ramos de froles, na proa ...... , non sei foi lago moi bonito, algún día voltarei, pero non por Aveiro, senon polo fonda da ría, polos pobos dos moliceiros.
As súas pinturas, supoño que noutro tempo terían similares connotacións, sempre antes e agora: relixion, familia, país, ... disque na epoca do Salazar funcionaba a censura para estas pinturas, non me estraña, é un xeito de expresión do pobo. Pensemos que pasaba aquí en tempos de Franco.
Alí tamén coñecian a esa/e individuo/a, chamado crise.
Estas popas fan referencia o traballo diario.

O santo, a relixión
Os oficios ....
As praias, o sol ...... Aveiro, tamén e famoso pola súa barra e as casiñas de baño, fervedoiro de turistas.
Os orixenes, vellos tempos para o recordo.
Tiven o privilexio de seguir unha regata de moliceiros por mar, realmente toda unha experiencia.

lunes, 24 de noviembre de 2008

E ACONTECEU

O lóxico era pensar que algún dos dous podía emborcar, probablemente a dorna tiña moitos puntos, pois era a tipica de mala fortuna, pero moi probablemente a manobra de estabilización diante a pouca forza de vento lle salvou da molladura. Dúas veces estiven a punto de emborcar unha de elas era con calma absoluta e outra por inexperiencia.


Uff, desta salvamonos polos pelos
cambia rapido que esta a mala.


No caso do Moliceiro a verdade e que estaban dentro do mar, que como sairon?, pois porque os barcos son para andar polo mar e os mariñeiros, neste caso expertos da Torreira ou da Murtosa, sabían co que xogaban, mirade al balderas que evitan a entrada de agua, e que iban totalmente sumerxidas ou eso parecía, penso tamén que a propia fasquía da embarcación, con esa potente proa lanzada axudou a que non fora a maiores, agora tiveron que achicar auga !!.




Ahí os van cara a meta, un pequeno susto, o refacho era algo durillo, pero calculado decía o patrón.


viernes, 21 de noviembre de 2008

LOXICAMENTE ....

Bueno, estaba a ver fotos e reparei na foto do "moliceiro", realmente era fantastica a estampa, de repente o pasar unha barra, todos de bolina pero claro tamén hai refachos, que pasou??? saberemolo a volta do din de semán.



Aveiro, regata de Moliceiros, entrada en Aveiro

Pero claro non menos apurado é o momento que está pasando a dorna, as dúas situacións son realmente dificiles, como podedes ver cando iban a trasluchar a vela veulle mala, como reaccionaron os dous homes? .... salvarían a situación ? ....



Foto: Luis da Fonte
"Os apuros das reghatas"


Xa vedes que o portunismo das dúas fotos foi optimo. Pero falta ver o desenlace.

miércoles, 19 de noviembre de 2008

Un día nas regatas

Sempre oubo regatas de dornas, as mais coñecidas eran as de vela, pero non menos atractivas, si non mais, erán as de remo, dende hai uns anos deixaronse de facer cando se voltaba a elas, haberá que recoller a costumbre.
E haberá que poñer algunha regla porque non vale ter embarcacións de apoio e ahí veremos o espectaculo de quen sabe bogar ben..

Saída da regata en Cambados no ano 2.002.
II Xuntanza do C.M. Salnés.
Gañaron como quen dí "de tacón" Pardavila e Inasio.

martes, 18 de noviembre de 2008

Triste Aniversario

Oxe debemos recordar, xa se fala por moitos sitios e supoño que o tempo fai como o mar, vai lavando, pero, ainda que se nos diga que xa está limpo, que todo está normal, nin está tan limpo nin todo pode estar normal.
Pareceme oportuno que sigamos a lembrar aqueles días de desgracia, de incompetencia e de impotencia. Recordar que soio estabamos informados (con fiabilidade) polo que o Hidrografico portugues decía, e por esto agradecerlle esa importante laboura.


Xacobe, aprendía polas súas man o verán pasado en Ons, como era o chapapote.

E eso a escasos metros do peirao.






Mariñeiros, mariscadoras, bateiros, albaneis, panadeiros, ..... A Illa, A Grove ... foron os que na Ría de Arousa pararon a marea.

A alta tecnoloxía desenvolvida aqueles días polas persóas xogou un papel importante. Non había outra.

Barreiras anti contaminación das mariscadoras




Os bateeiros, petroleiros de ría, carrexaron e carrexaron todo o que as mans dos homes e mulleres sacaban do mar.




Non debemos olvidar para que non se olviden.

viernes, 7 de noviembre de 2008

O que me regalou Luis

Non me podo resistir LUIS DA FONTE, portugues de Oporto e amigo das tardes de verán e dos días do inverno, e de afiado de cornos polas terras de Meis tivo a xenerosidade de pasarme estas fotos de Brest.











Teixadura foi un punto e aparte, nomear a un ou outro sería un pecado pero o certo e que na miña cabeza quedará sempre o día en que con eles fomos ata Irlanda ou o abordaxe polo village noruegues.

Do inolvidable concerto non falamos pois sería dificil describir a sensación.



A famosa levada e traida "marea viva" celeste, de comportamento impecable e sano disfrutar.







A nosa Sra. Conselleira e Le Maire de Brest, fanlle os honores a Jaivota, os vellos pasabanlle o relevo os novos, todos xuntos a darlle vida a dorna.


Que pasaría pola cabeciña do pai dos nenos, que tamén estaba ali. Atrás quedaban o estudia!!, que sinon non vas a Brest. Salva ou Sergio? e Lino,











Os cataláns estiveron a nosa veira e o xamón "pernil", co viño albariño baixaba perfecto




Xangadas do Brasil, agora, disque están a fomentar os barcos de fibra para que os mariñeiros poidan sair mais lonxe.






Que lles estaría a decir o croata, e todos atentos, esto de ser educado ten os seus sufrimientos.













Ahí os iban, facendo espetaculo, pero si tiñan un pouco de vento creo que non eran tan capaces.









Aqui un que saeu a dar unha volta, e verdade e que o día estaba chulo. Como quen non quere a cousa, "iba yo a buscar el pan".

O outro día estaba as luras ou os chopos (meior), e pola miña banda estaba un vello mariñeiro na súa dorna, falamos como fan as persóas no mar e comenteille que tiña unha dorna de 9 cuartas, respostoume dicindo que era moi grande para unn home, él iba nunha de 8, penso, manexable, comoda e que pallera me dou, tan pronto como o tiven fora da vista, mentras estivo diante miña non levantou un ....


Non é unha dorna, é norueguesa, a feitura, na tecnica e similar, tingladillo, tiveron a cara dura de copiala dos galegos











Vietnan e a propulsión barata, dalle, agora!!! ahí vamos. ... como lle van poñer o "fueraborda", eso sí os remos non lle estorbaban a bordo.











Acouga!!! que nos pasamos, amodera un pouco .... que lle batemos o dos tres mastros ....










Con este sistema, o de andar as fanecas era mais facil, e non vexas para levar 4 liñas con poteras.
Que pensaría o noso vello que estba na de 8 cuartas.





Quen foi o deseñador?, si fora por aquí non sei que diriamos pero ali, eran eles, corretamente uniformados, no bogar aquí non andaban finos, como se lles enteren de esta foto, ala! todo o día a racticar estilo, pero o patron esta chulo non si?.












Os madagascareños, estaban ali pero eu tampouco lle vin a flota, eso sí!! o da trompeta era un artista.




E así escomezou, e así remata, ide en paz.

Luis, esta foto non ten perdón.


E oubo algún que ligou ....