lunes, 23 de marzo de 2009

AVES MIGRATORIAS

A verdade e que mirando a última entrada o blog, xa fai tempo, a cousa da que pensar, e que facia mal tempo, tiraba de moito tirar, cousas que che pasan pola cabeza nun momento (neste caso prelectoral) agora voltan e a veradade e que mirando as fotos de campaña lembro que as do profesor Touriño tiñan duas posicións nunha miraba a dereita con un xesto e noutra miraba a esquerda con outro diferente, sería indecisión? ... Tamén nunha rúa superpoñianse pelexando as do PP e as do PSOE.


Despois tamén me decatei que no post electoral as bandeirolas, que non me deixaron fotografar (retiraronnas ipso facto), tiñan o analisis feito a través dunha das rúas principais de Cambados, por unha banda as do PSOE, estaban como cando o temporal ou xa non estaban as do BNG. curisamente con un sistema de suxección semellante o do PP estaban encartadas, non miraban, o Sr. Quintana ou "Quin" estaba "encartado" e soio se acertaba a ver que eran do BNG nada mais.
Por outra banda o denominado por alguns super axente 009 o Sr. Feijoo aparecía coa sorrisa electoral, antes estaba así, igualito, pero despois parecía triunfante. Eu cheguei a pensar si algunha man do pobo afectaría o montaxe electoral e a uns fixoos desaparecer o día seguinte (vexan a dimisión) a outros provocoulle unha indisposición que os fixo doblar e rematou encartandoos, xa cabalga de novo o profesor, e por outra a Sr. Feijoo busca o equipo para escomezar o seu periodo de goberno. Como decía foi algunha man do pobo a que trocou as posturas dos carteis.




















E para non aburrir poñovos unhas fotos e comentarvos que son especies moi bonitas que adoitan estar xuntas a hora de pescar na baixamar mirade como se deixaron fotografar. Garcillas, Espatulas e Gaivotas.




E unha queixa, non hai dereito a que os "miños" esten pescando no mar en sabado, que vai un a buscar unhas fanecas e non pode votar a liña, en sabado e sin sinalizar.


Saude a todos.